• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 1 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O rendemento físico dos futbolistas da Liga diminúe un 2% por cada ano que cumpren

    Un estudo realizado por investigadores da Uvigo analizou o comportamento de 154 xogadores durante oito tempadas
    Redacción por Redacción
    15 de Sep, 2022
    en Fútbol
    0
    O rendemento físico dos futbolistas da Liga diminúe un 2% por cada ano que cumpren

    Os xogadores do Celta celebran un gol en Balaídos. / Foto: RC Celta

    Por cada ano que cumpren, a distancia que os xogadores da Primeira División do fútbol español masculino percorren sobre o campo a máis de 21 quilómetros por hora diminúe un 1,8%.Esta é unha das principais conclusións do estudo que os investigadores da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Ezequiel Rey, Miguel Lorenzo e Carlos Lago realizaron do rendemento tanto físico como técnico-táctico de 154 xogadores da liga española ao longo de oito tempadas e que constitúe a primeira investigación de carácter lonxitudinal sobre os efectos da idade no fútbol de elite, no que se compara o comportamento dun mesmo xogador en diferentes tempadas.

    Grazas ao convenio de colaboración que a Universidade de Vigo asinou o pasado ano coa Liga de Fútbol Profesional, os investigadores puideron analizar os datos capturados durante oito anos polo sistema de ‘tracking’ de La Liga, o que lles permitiu constatar tamén que o número de accións que os xogadores realizan durante un partido “a alta intensidade”, a unha velocidade superior aos 21 quilómetros por hora, diminúe un 1,42% cada ano que pasa. Pola contra, á vez que empeora o seu rendemento físico segundo van cumprindo anos, melloran as súas prestacións técnico-tácticas, xa que a porcentaxe de pases que realizan con éxito aumenta un 0,25% cada tempada.

    Os resultados desta investigación recóllense nun artigo publicado no Journal of Science and Medicine in Sport, unha das principais revistas científicas da área das ciencias do deporte, como explica Rey, que os docentes do campus pontevedrés asinan xunto con Roberto López e Ricardo Lesta, da área de investigación de La Liga. “Este artigo ten algo moi novidoso, que non se fixera ata agora”, salienta o catedrático Carlos Lago, xa que a evolución do rendemento físico e técnico dos futbolistas fora estudada previamente comparando xogadores de diferentes franxas de idade. Mais neste caso, engade, trátase “dunha comparación do mesmo xogador consigo mesmo ao longo da súa carreira”. De feito, como engade Rey, fóra de disciplinas nas que se compite de xeito individual, “non había ningún estudo lonxitudinal que avaliase o rendemento, xa non digo só no fútbol, senón tampouco noutros deportes colectivos como o balonmán, o baloncesto ou o rugby”.

    Partindo dos datos de La Liga, o estudo abrangueu un total de 14.092 “observacións individuais” dun total de 154 xogadores que competiron na primeira división española entre as tempadas 2012-2013 e 2019-2020. Os principais resultados desta análise amosan como a distancia total percorrida “a alta intensidade” descendía un 1,8% de media cada ano, mentres que o número de accións realizadas a esa velocidade superior aos 21 quilómetros por hora facíao un 1,42%.

    Neste punto, Rey pon o acento en que se ben durante boa parte do partido os futbolistas “corren a baixa intensidade, camiñan ou mesmo están parados”, as súas “actuacións determinantes”, tanto en ataque como en defensa, son precisamente as que implican “esforzos de alta intensidade”. De aí a relevancia, subliña o investigador do grupo Remoss, deste descenso progresivo do seu rendemento físico, xa que “en dez tempadas, estaríamos falando de que un xogador perde preto dun 20% dunha capacidade decisiva”.

    No lado contrario a este descenso, que se acentúa a partir dos 30 anos para ser xa moi elevado “a partir dos 35”, atópase a mellora na porcentaxe de acerto nos pases realizados, que amosa “que cantos máis anos ten un xogador, máis domina e entende o xogo”, como salienta Lago. “O que se detecta é que ano a ano hai un empeoramento significativo do rendemento físico e esa melloría técnica podería ser un dos factores que explique que haxa futbolistas con traxectorias moi longas, que conseguen seguir xogando a idades moi avanzadas”, engade Miguel Lorenzo. Nesta mesma liña, Lago pon o acento en como na actualidade os deportistas “son capaces de permanecer durante máis anos ao máis alto nivel”, o que vén motivado ao seu xuízo por factores como “as achegas da ciencia aos métodos de adestramento e sistemas de recuperación” ou a “maior profesionalización” no mundo do deporte.

    Miguel Lorenzo, Ezequiel Rey e Carlos Lago

    De feito, como lembra Rey, un factor “importante á hora de analizar os resultados deste estudo” é ter en conta que os futbolistas analizados son “xogadores do máximo nivel”, capaces de permanecer varias tempadas nunha das principais ligas do mundo, o que fai presupor que ese descenso no rendemento físico podería ser “aínda máis drástico” naqueles que pasan a competir nunha competición inferior.

    Centrais e centrocampistas resisten mellor

    Aínda que se dá en todas posicións, o estudo permitiu tamén constatar que este efecto da idade no rendemento físico é maior nos laterais, extremos e dianteiros que anos defensas centrais e centrocampistas. Concretamente, a distancia percorrida a alta intensidade descende cada tempada un 1,99% nos laterais, un 1,96% nos extremos e un 2,32% en dianteiros, mentres que só diminúe un 0,89% no caso dos centrocampistas e un 1,37% no dos centrais.

    Pola contra, estas dúas posicións presentan os mellores datos na mellora da eficacia no pase, que aumenta, respectivamente, un 0,43% e un 0,34% cada ano. Nas restantes posicións dáse tamén unha mellora, aínda que en porcentaxes inferiores, do 0,1% no caso dos laterais e do 0,2% no de extremos e dianteiros.

    “Os achados permiten entender en que postos pode ser interesante manter futbolistas veteranos e en cales sería mellor firmar xogadores novos. Dá pistas moi interesantes da valoración de mercado dos xogadores”, destaca Carlos Lago, que incide en como, no caso daqueles xogadores que “constrúen o xogo”, como centrocampistas ou mediocentros, “a idade non é un impedimento, xa que interesan xogadores que dominen o xogo”. Pola contra, engade o catedrático, “nos postos que teñen maior demanda física, laterais e interiores, é máis difícil descubrir xogadores de máis de 30 anos que sigan mantendo un rendemento moi alto”.

    Un estudo en colaboración con La Liga

    Este artigo constitúe un dos primeiros estudos realizados polos investigadores da UVigo cos datos obtidos pola Liga a través do sistema Mediacoach, ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre a UVigo e a Liga de Fútbol Profesional. “Somos unha das poucas universidades que ten un convenio coa liga para isto”, sinala Lago, que incide na importancia deste convenio tanto en termos de investigación, como de transferencia do coñecemento, xa que “outra parte que estamos explorando é a elaboración de informes para os clubs con estes datos”.

    43

    Tags: La LigaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025
    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología
    Local

    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología

    11 de Jun, 2025
    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo
    Local

    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo

    10 de Jun, 2025
    La campana (oceanográfica) de la ciudad cumple 12 años conectando el mundo con el mar
    Local

    La campana (oceanográfica) de la ciudad cumple 12 años conectando el mundo con el mar

    07 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Curioso rincón de la Rúa Príncipe de Vigo
    Más Vigo

    Curioso rincón de la Rúa Príncipe de Vigo

    Este entorno de la Rúa Príncipe, en la ciudad de Vigo, ha sufrido cambios en el contenido de sus locales,...

    por Julio Alonso
    01 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR