• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 26 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Sinsal Outono celebrará a súa nova edición no Marco con El Hijo, Luís Fernandes, Otro e Dullmea

    O ciclo de concertos, que puxo as entradas á venda, terá lugar os días 16 e 17 de setembro
    Redacción por Redacción
    05 de Sep, 2022
    en Música
    0
    Sinsal Outono celebrará a súa nova edición no Marco con El Hijo, Luís Fernandes, Otro e Dullmea

    Un concerto da pasada edición. / Foto: SinSal

    Vigo ten unha cita coa música e artes visuais de vangarda os días 16 e 17 de setembro. Regresa Sinsal Outono, o ciclo de concertos intrinsecamente vinculados á experimentación sonora, á vangarda e á creación contemporánea nas súas múltiples expresións.

    Sinsal Outono, proxecto cultural que impulsa a promotora local Sinsalaudio, busca visualizar propostas singulares e únicas, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais na programación dirixida ao público xeral. Neste 2022 desenvolverase nun dos espazos de referencia do universo da investigación, creación, innovación e produción contemporánea no ámbito local, comarcal e galego, e que acompañou o desenvolvemento e proxección da propia Sinsalaudio ao longo destas dúas últimas décadas: o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco).

    Sinsal Outono 2022 ofrecerá dúas noites ateigadas de experimentación e de visualización de propostas musicais contemporáneas con bandas e artistas chegadas de distintos puntos Madrid, Valencia e Portugal, grazas tamén á colaboración do Instituto Camoes. Dullmea, El Hijo, Luís Fernandes e Otro conformarán o cartel desta nova edición do ciclo. As entradas están á venda desde este luns na plataforma Enterticket e desde a páxina web do evento. O prezo da entrada anticipada é de 10 euros, e os menores de 9 anos accederán de balde.

    ARTISTAS SINSAL OUTONO 2022

    El Hijo | 16 DE SETEMBRO

    Proxecto musical do compositor e produtor Abel Hernández (Migala, Emak Bakia). Desde o ano 2005 publica os seus primeiros traballos, producidos por Raül Refree, nos que se aproxima á canción de autor, con sonoridades acústicas e poesía de ton surreal. Nos primeiros anos da seguinte década achégase inicialmente cara ao rock, mais vira o seu rumbo para investigar sobre as posibilidades da composición e produción propias da electrónica contemporánea, que dan pé ao seu son actual. Ben sexa a través do uso do ‘autotune’ ou de recursos sonoros imposibles, El Hijo desafía os límites da produción dixital no panorama estatal.

    Luís Fernandes | 16 DE SETEMBRO

    A actividade artística de Luís Fernandes está marcada pola multiplicidade de enfoques e formatos, divididos en proxectos colectivos, colaboracións puntuais e traballos individuais; pola actividade compositiva e expositiva; e polo establecemento de relacións con diferentes disciplinas. Fundador da banda peixe:aviao e membro do colectivo La La La Ressonance, ten colaborado con artistas como Lloyd Cole, Rodrigo Leao ou Black Bombain. No seu novo disco, ‘A guide to gettin lost’, explora as posibilidades da electrónica como punto de partida para múltiples composicións.

    Otro | 17 DE SETEMBRO

    Músico e produtor afincado en Valencia e autor dun dos discos máis brillantes de 2021: Portuaria. O seu proxecto musical abrangue un importante abano de estilos e sons, na procura do diálogo entre a experimentación e a convención, converténdoo nunha das figuras a ter en conta na escena emerxente da música electrónica. As súas incursións no rap e no pop, así como o deseño de son comercial, abren espazos para xerar unha tensión espontaneamente desenfreada que se converten no sinal de identidade de Otro.

    Dullmea | 17 DE SETEMBRO

    Desde Portugal chega unha artista especializada en explorar as múltiples posibilidades que se abren para a voz a través da música electrónica. Graduada como violinista pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo, Sofía Fernandes conta con tres discos publicados desde 2016 cos que ten xirado por países como Holanda, Alemaña, Dinamarca ou Reino Unido. Nos seus directos propón unha suxestiva inmersión no seu universo sonoro, minimalista e experimental, nos que improvisa sobre temas compostos por ela mesma. No Sinsal Outono presenta ‘Orduak’, o seu último traballo.

    43

    Tags: conciertosSinsal Outono

    RelacionadosArtículos

    Conciertos, charlas, cine y conferencias en apoyo a Gaza
    Local

    Conciertos, charlas, cine y conferencias en apoyo a Gaza

    21 de Oct, 2025
    Vigo pone a la venta la próxima semana 5.000 entradas para Jason Derulo
    Local

    Vigo arranca la selección para los conciertos de Castrelos y Caballero abre la puerta a «otras localizaciones»

    16 de Oct, 2025
    Comienza la cuenta atrás para el Galicia Fest, «el festival que Vigo pedía y precisaba»
    Música

    Comienza la cuenta atrás para el Galicia Fest, «el festival que Vigo pedía y precisaba»

    27 de Ago, 2025
    Ya hay fecha para comprar las entradas del último concierto de este verano en Castrelos
    Local

    Ya hay fecha para comprar las entradas del último concierto de este verano en Castrelos

    04 de Ago, 2025
    Galicia Fest completa su cartel: Dani Fernández vuelve a Vigo
    Música

    Galicia Fest completa su cartel: Dani Fernández vuelve a Vigo

    04 de Ago, 2025
    Un Trueno reventó Vigo: el rapero argentino lo ‘peta’ en Castrelos
    Música

    Un Trueno reventó Vigo: el rapero argentino lo ‘peta’ en Castrelos

    19 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El primer ‘glamping resort’ de Vigo pisa el acelerador y ya fija un objetivo para su apertura

    El primer ‘glamping resort’ de Vigo pisa el acelerador y ya fija un objetivo para su apertura

    por María Alonso
    24 de Nov, 2025
    0

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    por Redacción
    22 de Nov, 2025
    0

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    por Redacción
    20 de Nov, 2025
    0

    Así avanzan las obras de la grada de Gol desde el interior de Balaídos

    Así avanzan las obras de la grada de Gol desde el interior de Balaídos

    por Redacción
    23 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El éxito de la Navidad de Vigo
    Más Vigo

    El éxito de la Navidad de Vigo

    La Navidad de Vigo sigue siendo un éxito indiscutible, aunque controvertido en la propia ciudad olívica, donde hay defensores y...

    por Julio Alonso
    25 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo
    Libros

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo

    El pasado viernes 21 tuvo lugar en Vigo la presentación de Necrocromo, el último libro de Carlos Segovia, escritor, pianista...

    por Gabriel Romero de Ávila
    23 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Alameda - Plaza de Compostela - 3
    Opinión

    Alameda de Vigo, ¿BIC?

    Por Ramón Boga El menguante patrimonio histórico de Vigo es el testigo de la contribución de nuestros ancestros a la...

    por Cartas al Director
    20 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR