• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 26 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O BNG oponse a aumentar o canon que percibe a concesionaria do Álvaro Cunqueiro e pide o seu rescate

    A fronte nacionalista rexistra no Parlamento galego iniciativas reclamando que se realice unha auditoría da xestión realizada
    Redacción por Redacción
    30 de Ago, 2022
    en Local
    0
    El Álvaro Cunqueiro recibirá el lunes las primeras dosis del antiviral contra la Covid-19

    O Bloque Nacionalista Galego vén de expresar o seu rexeitamento a un posible incremento dos canons concesionais que percibe a UTE propietaria do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo. A fronte nacionalista reclama, por contra, que se realice unha auditoría da xestión realizada pola concesionaria privada e reitera o chamado a rescatar o HAC para o converter nun hospital cento por cento público.

    Así o manifestou esta mañá a deputada e portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, advertindo que “unha das maiores preocupacións das galegas e galegos é o desmantelamento da sanidade pública” resultado das políticas de recorte e privatización aplicadas pola Xunta do Partido Popular que insisten en poñer os “beneficios económicos de empresas privadas por riba da saúde das persoas”.

    Prado lembrou que os canons económicos que percibe a sociedade concesionaria, en concepto do pago pola construción do hospital e pola xestión dos servizos non sanitarios, nin deixou de aumentar nos últimos anos, pasando de 56,33 millóns no inicio aos 65,39 millóns de euros consignados nos orzamentos da Xunta para o presente exercicio 2022.

    Neste sentido, a deputada rexeitou a pretensión da concesionaria de solicitar un novo incremento en función do IPC, o que suporía un aumento de preto de 10 millóns de euros. “É claro que este modelo é un pésimo negocio para o público e moi bo para as grandes empresas multinacionais”.

    Prado criticou a negativa reiterada do PP a rescatar o HAC de mans privadas, malia ter múltiples oportunidades. A última coa venda de accións a unha multinacional francesa.“Hoxe os donos do hospital Álvaro Cunqueiro son multinacionais con sede en Francia, China, Luxemburgo ou Irlanda, que só buscan o seu lucro privado a costa da saúde como demostra o recente reparto de sete millóns de euros en dividendos”, lamentou.

    Diante desta situación o BNG vén de rexistrar varias iniciativas no Parlamento galego baixo o criterio de que “os cartos públicos que teñen que ir destinados á sanidade pública non poden continuar a parar aos petos das empresas multinacionais”.

    Nas mesmas instan expresamente a “non proceder a ningún aumento dos canons que vaian destinados a mellorar a conta de resultados da concesionaria, senón, que de producirse, ten que haber garantía de que signifiquen mellora das condicións laborais do persoal e da calidade do servizo”.

    Os nacionalistas reclaman tamén que se realicen todas as actuacións precisas para rescatar o Hospital Álvaro Cunqueiro das mans das multinacionais para que se converta no hospital público que sempre debeu ser e que a área sanitaria de Vigo precisa.  Ademais, demandan a práctica dunha auditoría da xestión realizada pola Sociedade Concesionaria  e dos servizos que xestiona.

    Igrexas interpela a Fernández-Tapias

    Pola súa banda, o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lembrou que “desde o primeiro momento o Bloque denunciamos que a privatización do Hospital Álvaro Cunqueiro era un castigo á área sanitaria de Vigo, e un verdadeiro calote, unha estafa colosal, que multiplicaba por cinco o custo de construción e que ía supoñer unha factura millonaria cada ano”.

    “O único público que hai no HAC, para alén do letreiro propagandístico, é o diñeiro, as decenas de millóns de euros de diñeiro público que a Xunta do Partido Popular inxecta nas empresas da sociedade concesionaria”, denunciou Igrexas, advertindo de que un novo incremento dos canons podería elevar até preto dos 75 millóns de euros o desembolso anual que ten que facer o Sergas para poder facer uso das instalacións do hospital.

    O portavoz municipal nacionalista interpelou directamente á delegada territorial da Xunta en Vigo, e presidenta local do Partido Popular, Marta Fernández-Tapias. “Canto tempo máis vai seguir castigando o PP ás viguesas e vigueses? Canto tempo máis as políticas de recortes e privatizacións van seguir xogando coa saúde das persoas? Canto tempo máis imos ter que soportar o calote deste hospital privatizado?”, inquiriu.

    43

    Tags: BNGBNG de VigoHospital Álvaro Cunqueiro

    RelacionadosArtículos

    Vigo aprueba, con solo los votos del PSOE, el presupuesto para 2026, que asciende a 350 millones
    Local

    Vigo aprueba, con solo los votos del PSOE, el presupuesto para 2026, que asciende a 350 millones

    23 de Dic, 2025
    Local

    Demandan al Gobierno de Caballero que no suba el precio del bus urbano, el más caro de Galicia

    22 de Dic, 2025
    Las luces de Navidad, víctimas de la alerta amarilla
    Local

    «No podemos permitir que las luces de Navidad supongan un riesgo para las personas»

    19 de Dic, 2025
    Alertan de una nueva tala de árboles «singulares» en Navia, esta vez de un ejemplar centenario
    Local

    Alertan de una nueva tala de árboles «singulares» en Navia, esta vez de un ejemplar centenario

    18 de Dic, 2025
    Renfe y Comboios de Portugal ofrecen 12.600 plazas a 5,25 euros para viajar entre Vigo y Oporto
    Local

    El Tren Celta vuelve a la normalidad: «Un servicio raquítico con un tren obsoleto»

    17 de Dic, 2025
    Vigo pagará con fondos públicos las reformas del patrimonio de la Iglesia Católica
    Local

    Vigo transfirió 640.000 euros a la Iglesia en 2025

    16 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    por Redacción
    19 de Dic, 2025
    0

    Barcelona desbanca a Vigo y recoge el premio al que aspiraba de Capital Europea de la Navidad

    por María Alonso
    19 de Dic, 2025
    0

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    por Redacción
    20 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La artesanía de Hermanos Hernández
    Más Vigo

    La artesanía de Hermanos Hernández

    La imagen muestra un cuadro pintado por Eloy Hernández, continuador de la saga de los Hermanos Hernández, maestros orfebres de...

    por Julio Alonso
    23 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR