• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 8 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación encherá o ‘Canteira Fest’, en Vilaboa, de actividades e actuacións de memoria histórica

    O festival, que terá lugar a mediados de setembro, contará coa participación das Tanxugueiras, Grande Amore ou Xurxo Souto
    Redacción por Redacción
    19 de Jul, 2022
    en Espectáculos
    0
    A Deputación encherá o ‘Canteira Fest’, en Vilaboa, de actividades e actuacións de memoria histórica

    Presentación do Espazo Memoria da Deputación no Canteira Fest. / Foto: Rafa Estévez.

    A Deputación de Pontevedra ten como obxectivo que a xente nova se implique na memoria histórica e continúa a apostar por novas iniciativas, novos formatos e novos escenarios. Desta volta, vén de poñer en marcha unha nova proposta: habilitar un ‘espazo memoria’ no festival Canteira Fest, que se celebrará en Vilaboa a mediados de setembro para realizar actividades divulgativas relacionadas coa memoria a través de concertos, contadas de contos, performances e publicacións.

    O lema da iniciativa será ‘A memoria ten canteira’, segundo explicou a deputada de Memoria Histórica María Ortega, por un motivo duplo: a súa relación co nome do festival e a súa ubicación, a Canteira de Paredes, “pero tamén pola confianza na xente moza, a nosa canteira, para seguir mantendo viva a memoria das persoas que sufriron tanto durante a represión franquista”.

    A nacionalista insistiu en que para ela, dende que asumiu o cargo de deputada responsábel do departamento, achegar a memoria histórica á xente máis nova “é unha teima”. Lembrou que ese foi o obxectivo, por exemplo, das xornadas ‘A desmemoria nas aulas’ celebradas en abril para dar ao profesorado ferramentas coas que poder abordar na clase esta materia, practicamente ausente do currículo escolar.

    “É certo que cada vez acoden ás nosas xornadas máis mozos e mozas, incluído alumnado dos institutos onde levamos a cabo algunhas das actividades. Pero aínda é pequena a porcentaxe e por iso consideramos necesario sacar a memoria do ámbito académico e presentala dun xeito máis atractivo: con outros formatos e tamén noutros espazos distintos das aulas: Como a montaña con Mahoma, intentaremos achegarnos nós aos lugares que frecuenta á mocidade, como o Canteira Fest”, subliñou.

    Pola súa banda, dende a organización do festival, Carlos Acuña, subliñou que é un orgullo que a Deputación se fixase no Canteira para levar adiante a súa iniciativa.  Subliñou que a temática deste ano do festival pretendía ser as mulleres invisibilizadas, algo que se cumpre co programa de memoria “porque a memoria histórica ten moito de muller e de muller invisibilizada, porque foron invisibles por riba do que acontecía cos homes. Elas na época franquista sufriron tripla invisibilización”, dixo.

    Acuña explicou que o ‘Espazo Memoria’ do Canteira Fest vai ter unha grande superficie no festival, xusto na entrada, para recibir a todo o público. “O programa de memoria ten que ter unha presenza especial dentro do noso festival e será transversal e se verá reflexado en todo o que se faga”, insistiu.

    Durante o 16 e o 17 de setembro, ademais das e dos progratonistas do ‘espazo memoria’ pasarán polo festival artistas de todo o país e tamén algún do País Vasco: Tanxugueiras, HihgPaw, Huntza, Punkiereteiras, Jinetes del Trópico, Flow do toxo, Grande Amore, Bravatukas, ou SleeplySpiece, entre outros grupos. Completarase a programación con postos de artesanía, zona gastronómica e coloquios.  “Que a xente se prepare para o que alí van vivir”, subliñou Carlos Acuña, animando a mercar as entradas e achegarse á Canteira de Paredes.

    Programa do ‘espazo memoria’

    Na tarde do venres 16 de setembro o departamento de Memoria da Deputación estreará  no Canteira Fest unha nova contada de Polo Correo do Vento, desta volta centrada nas Misións Pedagóxicas que durante a República levaron libros, teatro e cultura polas distintas aldeas de Galicia. A continuación terá lugar unha nova edición do taller de Xurxo Souto sobre a música represaliada polo franquismo.

    Xa o sábado 17 de setembro iniciarase a programación cunha sesión vermú, a cargo de Nasla, ás 13.00 horas. Pola tarde haberá un taller de regueifa sobre memoria histórica a cargo do Rabelo ás 16.30 e ás 18.30 haberá unha nova contada das misións pedagóxicas a cargo de Polo Correo do Vento no espazo de crianzas, onde haberá tamén algunha que outra sorpresa.

    Tamén haberá sorpresas na performance que porán en marcha ‘Os Quinquilláns’ coa colaboración da Escola de Música de Vilaboa e intérpretes da aula de teatro de Pontevedra que terá lugar no escenario principal xusto despois da actuación das Tanxugueiras. “Só podemos adiantar que estamos seguras de que será emotiva e impactante”, destacou María Ortega.

    Ademais, durante todo o festival ‘Cestola na Cachola’ pintará un mural sobre a temática nunha das paredes do edificio da canteira, que se unirá aos realizados os anos anteriores, e permanecerá en futuras edicións. Tamén haberá lonas explicativas sobre mulleres simbólicas para a memoria histórica da provincia repartidas por todo o espazo do festival e editarase unha publicación especial que se entregará ás persoas asistentes

    43

    Tags: Canteira FestDeputación de PontevedraVilaboa

    RelacionadosArtículos

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros
    Actualidad

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros

    07 de Nov, 2025
    El nuevo mirador a la ría, listo y deslumbrante
    Comarcas

    Tardan dos días en vandalizar el nuevo mirador a la ría

    07 de Nov, 2025
    El nuevo mirador a la ría, listo y deslumbrante
    Comarcas

    El nuevo mirador a la ría, listo y deslumbrante

    03 de Nov, 2025
    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida
    Local

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida

    02 de Nov, 2025
    Novo parque para Riomaior: pistas, parque infantil, pump track, calistenia, sendas e rúas de atletismo
    Morrazo

    Novo parque para Riomaior: pistas, parque infantil, pump track, calistenia, sendas e rúas de atletismo

    02 de Nov, 2025
    Local

    Caballero exige «ya» más millones a Xunta y Diputación para el estadio de Balaídos

    30 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia

    La Navidad 2025 de Vigo ya tiene fecha de encendido (en documento oficial y con opción de cambio)

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A la espera de alguna erupción
    Más Vigo

    A la espera de alguna erupción

    Esta fotografía muestra los conocidos volcanes ubicados al final de la Avenida de Castelao, en la ciudad de Vigo. Se...

    por Julio Alonso
    07 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR