• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 5 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación e a Uvigo renovarán o seu protocolo de colaboración despois de 7 anos unindo forzas

    O acordo pivotará ao redor de tres eixes fundamentais: captación de fondos europeos, avanzar cara a igualdade real e reforzar a colaboración público-privada
    Redacción por Redacción
    12 de Jul, 2022
    en Local
    0
    A Deputación e a Uvigo renovarán o seu protocolo de colaboración despois de 7 anos unindo forzas

    Unha imaxe da reunión. / Foto: Deputación de Pontevedra

    O equipo directivo da Universidade de Vigo, tras a recente revalidación do proxecto do reitor Manuel Reigosa, estivo este martes na Deputación de Pontevedra para agradecer á presidenta, Carmela Silva, “a axuda e o traballo conxunto destes anos” e para presentar “máis cousas para a etapa que comezamos”.

    Reigosa, que chegou acompañado das vicerreitoras Natalia Caparrini (Estudantado e Empregabilidade), Belén Rubio (Investigación, Transferencia e Información) e da nova vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón, nun equipo con maioría de mulleres, amosouse moi satisfeito dunha colaboración, que concretouse en acertos tan destacados como a Cátedra de Feminismos 4.0 “contra os redutos dixitais do machismo”. Na xuntanza participou tamén o deputado Carlos Font.

    Silva valorou os froitos do pioneiro protocolo de colaboración asinado en decembro de 2015 entre a Deputación e a Uvigo e deu instrucións para iniciar os contactos para a preparación dun novo pacto que faga posible seguir “unindo forzas entre unha administración que ten un modelo moi claro para transformar a provincia e unha universidade comprometida, que achega coñecemento”. O novo protocolo pivotará ao redor de tres eixes fundamentais: explorar a captación de máis fondos europeos, continuar avanzando cara a igualdade real na sociedade e reforzar a colaboración público-privada, para que as transformacións sociais cheguen non só ás administracións, senón tamén ás empresas. Obxectivos ambiciosos que serán monitorizados por grupos de traballo específicos.

    A presidenta subliñou o carácter pioneiro daquel acordo institucional de 2015, pois contemplaba o impulso do Campus Crea S2i (dedicado á innovación social e sustentable) en Pontevedra e o Vigo Tecnolóxico, a través de plans estratéxicos e proxectos singulares. Apostaba, ademais, moito antes da aparición dos actuais fondos europeos Next Generation, por explorar vías para “captar recursos internacionais, especialmente da Unión Europea, que permitan desenvolver proxectos de interese para a provincia”. E incluía xa a materialización de programas a prol do emprego e o emprendemento xuvenil.

    Carmela Silva e Manuel Reigosa botaron a vista atrás e coincidiron no impacto singular acadado por un programa como a Cátedra de Feminismos 4.0, “exemplo de orixinalidade e de novidosa alerta sobre os novos machismos, aloxados no mundo dixital e nas redes sociais”. A presidenta mesmo apostou por divulgar os fitos deste programa tanto en Galicia como no resto de España “porque copiar o bo é intelixente”. Aplaudiu, neste senso, a “aposta moi visible pola igualdade” da Uvigo e definiuna como unha institución galega, internacional e igualitaria. Expresou o seu cariño pola figura do reitor Reigosa “e a súa maneira de estar” e a admiración pola dirección que tomou “esta Universidade, cun discurso humano, nada tecnócrata”.

    Efectos perdurables

    A presidenta da Deputación abordou polo miúdo a estratexia que debe guiar a solicitude de fondos europeos. Así insistiu na necesidade de que cheguen á provincia en liña co modelo de desenvolvemento que apoia a Deputación e de que non se repitan “erros do pasado, pedindo por pedir, como cando se gastaron 30 millóns nunhas Pousadas no Salnés que esta provincia non necesitaba”. “Temos claro que queremos impulsar o coñecemento e a innovación, a transformación baseada no medio ambiente, a mobilidade amable e segura, a sustentabilidade turística ao redor de hábitos saudables e dos espazos naturais, a atracción de eventos culturais e deportivos e, dende logo, a igualdade”. Destacou, ademais, a necesidade de aproveitar os fondos UE para pechar a “brecha dixital” acabando con “cousas tan intolerables como que haxa xente “non tan maior” que non poida pedir unha cita telemática ou un certificado”.

    Na súa análise, Carmela Silva,  reclamou sumar esforzos para que os fondos europeos materialicen equipamentos e infraestruturas que capilaricen o territorio e contribúan á loita contra o despoboamento. Finalmente, apostou por aproveitar esta oportunidade para singularizar ao sector primario da nosa provincia. “As solicitudes que presentamos dende a Deputación van por aí, porque queremos que os cartos de Europa deixen efectos perdurables, que cambien  as cousas e que vaian máis alá do día en que se xustifica o gasto”.

    Manuel Reigosa recalcou que “o mundo mudou nos últimos 10 anos e queda moito por facer”. Aplaudiu a colaboración público-privada como “unha fórmula de éxito”, polo que ofreceu o apoio da Universidade diante de calquera iniciativa da Deputación para reforzala. Nesta liña presentouse como “cidadán europeo orgulloso de que Europa apunte na dirección correcta con iniciativas en materia de dixitalización, igualdade e medio ambiente”. “É imprescindible aproveitar este vento de cola”, apuntou.

    O reitor asegurou que a visita institucional á Deputación, ao comezo deste seu segundo mandato, era “obrigada” tratándose dunha institución provincial que prestou moita axuda á Universidade. “Agora queremos expresar os nosos anhelos e presentar cousas novas que pretendemos empurrar”, concluíu.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El vehículo autónomo de la UVigo y el CTAG se expande a la ciberseguridad
    local

    A UVigo celebra o Día da Ciencia en Galego co lanzamento do concurso de monólogos Gargallada Científica

    05 de Nov, 2025
    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida
    Local

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida

    02 de Nov, 2025
    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”
    Local

    Caballero anuncia un plan de 2,5 millones para rescatar viviendas en Vigo

    31 de Oct, 2025
    Local

    Caballero exige «ya» más millones a Xunta y Diputación para el estadio de Balaídos

    30 de Oct, 2025
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    La Deputación de Pontevedra presenta un presupuesto récord para 2026
    Actualidad

    La Deputación de Pontevedra presenta un presupuesto récord para 2026

    28 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El balcón de los sueños
    Más Vigo

    El balcón de los sueños

    El mirador del Paseo de Alfonso XII, en la ciudad de Vigo, sigue siendo un punto de reunión tanto para...

    por Julio Alonso
    05 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo
    Libros

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo

    El espacio cultural Évame Oroza se convertirá este miércoles en el epicentro de la poesía y la reflexión sobre la...

    por Redacción
    04 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR