• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 31 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Multiusos da Xunqueira reivindica a eliminación da violencia machista cun mural de Elisa Capdevila

    A obra está enmarcada o programa Violencia Zero e transmite á veciñanza a situación de autoaillamento na que se sumen as mulleres que padecen esta lacra
    Redacción por Redacción
    22 de Jun, 2022
    en Redondela
    0
    O Multiusos da Xunqueira reivindica a eliminación da violencia machista cun mural de Elisa Capdevila

    Representantes da Deputación de Pontevedra e do Concello de Redondela, xunto á obra. / Foto: Deputación

    A fachada lateral do Multiusos da Xunqueira de Redondela convértese desde hoxe nun lugar de reivindicación a prol da eliminación da violencia machista mediante un excepcional mural realizado pola artista Elisa Capdevila ao que se achegaron esta tarde a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañadas das deputadas Olga García e Noemí Outeda, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa.

    Ao abeiro do programa da Deputación Violencia Zero, a obra transmite o autoillamento no que as mulleres se sumen cando sofren violencia machista a través da figura dunha muller que, sumida nos seus pensamentos, non é capaz de descansar por mor dos sentimentos que afloran no seu interior ao atoparse nesta situación.

    Carmela Silva expresou a “rabia e impotencia” que sente con cada novo caso de violencia machista. “Este ano xa son 21 as mulleres asasinadas por esta lacra, as últimas dúas onte mesmo en Madrid. Mulleres que en moitas ocasións, como reflicte este mural, ocultan na súa soidade os danos que padecen”. Tamén gabou a obra de Elisa Capdevila, “que transmite sentimentos moi potentes”, a quen agradeceu o seu traballo. “Este mural, sinalou a presidenta provincial, recordará ás persoas que se acheguen ao Multiusos da Xunqueira e a importancia de tender as nosas mans ás vítimas de violencia machista para axudalas a saír do illamento que sofren. Xuntas e xuntos debemos construír unha sociedade mellor”.

    As palabras de Carmela Silva foron secundadas por Digna Rivas, quen deu “mil gracias” á Deputación por levar o programa Violencia Zero ao espazo público de Redondela. Neste senso, a alcaldesa deu valor “a todo o que transmite este mural, que fará reflexionar ás persoas sobre un tema tan transcendental como é a violencia machista. Por este motivo -continuou- consideramos importante que o mural estivese nun lugar céntrico do concello para darlle a maior visibilidade posible como é o Multiusos que hoxe adquire un novo significado”. Digna Rivas tamén tivo palabras de agradecemento para Elisa Capdevila, “é todo un luxo contar coa túa arte”.

    O mural está envolta nunha atmosfera de cor azul que fai énfase na sensación de tristeza que transmite o rostro da muller, así como o resto da escena. Este pesar, como explicou a autora, está motivado pola acción doutra persoa, que se atopa ausente na obra de xeito directo pero que é a causante da doenza que sofre a protagonista da obra. Quen exerce a violencia machista si que está presente de forma figurada, posto que Elisa Capdevila deixou un espazo baleiro na cama na que se atopa a muller e ao que ela lle dá as costas. Para realizar a peza a artista levou a cabo un proceso creativo con pintura plástica de exterior no que se valeu de brochas e dun guindastre para realizar a peza.

    Hoxe visitamos o mural que está realizando Elisa Capdevila en Redondela. É unha acciòn do proxecto “violencia zero” da @depo_es. Mostra a unha muller que sufre a dor das violencias machistas. Este 2022 foron asasinadas 20 mulleres. Temos que loitar contra o machismo. pic.twitter.com/l7PxUzociU— Carmela Silva (@carmelasilva) June 21, 2022

    Tras as actuacións en Pontevedra, Vigo, Moraña, Silleda, Meaño, Forcarei, Agolada, A Lama, Oia, Moaña, Caldas de Reis e As Neves, a de Redondela é a décimo terceira acción da VII edición de “Violencia Zero” coa que a Deputación continúa a expandir a loita feminista noutros 12 concellos da provincia baixo o lema “Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!”.

    Así, o programa continuará visibilizando o talento das mulleres e o seu poder transformador contra a violencia sobre as mulleres con propostas musicais, de teatro, danza, poesía, performance e outras iniciativas artístico-culturais en A Guarda, Fornelos, Salceda, Tui, Meis, Baiona, A Cañiza, Covelo, Barro, Rodeiro, Cambados e Vilaboa.

    43

    Tags: Violencia Zero

    RelacionadosArtículos

    A danza contemporánea de Ruth Balbís invita á mocidade a reflexionar en Gondomar
    Gondomar

    A danza contemporánea de Ruth Balbís invita á mocidade a reflexionar en Gondomar

    19 de Oct, 2021
    A representación de Paula Sanmartín abre en Mos a sexta edición de ‘Mulleres en acción. Violencia zero’
    Mos

    A representación de Paula Sanmartín abre en Mos a sexta edición de ‘Mulleres en acción. Violencia zero’

    12 de Feb, 2021
    Vigo acolle unha orixinal performance para simbolizar o autocoidado das mulleres
    Arte

    Vigo acolle unha orixinal performance para simbolizar o autocoidado das mulleres

    26 de Nov, 2020
    A Deputación envórcase co 25N cunha extensa programación para “berrar alto e claro” contra a violencia machista
    Local

    A Deputación envórcase co 25N cunha extensa programación para “berrar alto e claro” contra a violencia machista

    19 de Nov, 2020
    “Nin a terra nin as mulleres somos territorio de conquista”
    Moaña

    “Nin a terra nin as mulleres somos territorio de conquista”

    06 de Nov, 2020

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR