• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 30 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    infraestruturas

    Ofensiva do BNG para axilizar a conexión ferroviaria Vigo-Porto e impulsar o Corredor Atlántico

    A formación vén de presentar iniciativas no Parlamento Europeo e no Congreso para garantir o financiamento con fondos europeos destas infraestruturas
    Redacción por Redacción
    10 de Jun, 2022
    en Local
    0
    Ofensiva do BNG para axilizar a conexión ferroviaria Vigo-Porto e impulsar o Corredor Atlántico

    Igrexas e Miranda, na estación de Guixar. / Foto: BNG

    Diante da “inacción” do Goberno estatal para impulsar a vertente galega do Corredor Atlántico e mellorar a conexión ferroviaria entre Vigo e Porto, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e o portavoz municipal do BNG vigués, Xabier P. Igrexas, subliñaron que a formación está desenvolvendo unha ofensiva nas institucións para que Galiza non continúe no retraso de vertebrar as conexións entre Galicia e o norte de Portugal.

    Para o Bloque é imprescindible a modernización e a mellora do servizo da liña ferroviaria entre Vigo e Porto e por iso vén de presentar iniciativas no Parlamento Europeo e no Congreso para que estas infraestruturas e a integración da liña de mercadorías Vigo -Porto no Corredor Noroeste teñan garantido o financiamento con fondos europeos. En concreto, a iniciativa presentada na Eurocámara a través da coalición na que está integrada o Bloque pregunta os prazos concretos e o orzamento para desenvolver as infraestruturas correspondentes.

    O BNG considera fundamental acometer a modernización e mellora da rede e os servizos ferroviarios, que inclúen a saída sur de Vigo, como instrumento fundamental de vertebración territorial, cohesión social, desenvolvemento sustentable e conciliación entre a vida laboral e familiar. “Trátase dunha reivindicación histórica que leva 20 anos de anuncios”, salientan. “A falta de vontade política de PP e PSOE nos sucesivos gobernos do Estado para levar a cabo a modernización da liña entre Vigo e Porto impide que Galicia deixe de estar discriminada, xa que decidiron investir noutros territorios en detrimento de Galicia, o cal só provoca un retraso continuado das datas”, explica Ana Miranda.

    Defensa desde Portugal

    “Resulta moi curioso que sexa o primeiro ministro de Portugal o que reclame a alta velocidade entre Galicia e Portugal e defenda a mellora da conexión ferroviaria entre Lisboa e Vigo”, comenta Ana Miranda en relación ás declaracións de Antonio Costa, quen en diferentes manifestacións salientou a importancia de reducir os tempos de viaxe entre Vigo e Porto. De feito, xa en 2020 o goberno portugués publicou o Programa Nacional de Investimentos 2030 que no referido ao transporte ferroviario dá interese estratéxico ás conexións Lisboa-Porto e entre Porto e o Miño.

    Este proxecto contempla, unha vez desenvolto este plan, a duración da viaxe entre Vigo e Porto reducirase de 2 horas 23 minutos a 55 minutos e a viaxe entre Vigo e Lisboa quedaría reducida a 2 horas e media. Neste sentido, a iniciativa presentada polo Bloque no Congreso pregunta ao goberno español que posición mantén o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana ante las declaracións do Ministro luso del ramo, apelando a impulsar a modernización da conexión ferroviaria Vigo-Porto.

    Conexión estratéxica para Vigo

    Por outra parte, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, subliñou a “importancia estratéxica” que para Vigo e a súa área ten a conexión ferroviaria con Portugal. “Trátase dun elemento esencial se queremos liderar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, advertiu.

    Igrexas cualificou de “indefendíbel” que nesta altura dúas urbes como Vigo e Porto estean conectadas por apenas dúas frecuencias diarias cun tren que tarda case 2 horas e media en completar o percorrido. “Algo así non sucede en ningún outro lugar de Europa. Falamos dun tren que tarda case 45 minutos máis que o traxecto en coche por estrada para conectar dúas grandes áreas urbanas”, enfatizou.

    O portavoz municipal nacionalista urxiu a mellora substancial de frecuencias, a modernización da infraestrutura e do material rodante na conexión convencional, e instou a acelerar de verdade o desenvolvemento da Saída Sur para completar a conexión de alta velocidade.

    A respecto desta última cuestión, Igrexas afirmou que “o feito inaceptábel de que en pleno 2022 inda esteamos pendentes dun estudo de alternativas para a Saída Sur é a evidencia incontestábel do abandono que Vigo e Galicia padecemos en materia ferroviaria por parte dos sucesivos gobernos españois, do PSOE ou do PP”.

    Igrexas reclamou ao actual executivo central de PSOE e Unidas Podemos que abandone a “cegueira centralista” coa que seguen castigando a cidade e o conxunto do noso País. “As viguesas e vigueses estamos xa fartas da promesas e boas palabras. Queremos compromisos reais no BOE”, esixiu.

    43

    Tags: Ana MirandaBNGXabier P. Igrexas

    RelacionadosArtículos

    Local

    «Hipotecar Vigo otra década» con un servicio de bus urbano «insuficiente y privatizado»: la denuncia del BNG

    26 de Ene, 2026
    Pantallas acústicas y conversión urbana de la AP9 en Vigo: soluciones para la «tortura del ruido» en Teis
    Local

    Pantallas acústicas y conversión urbana de la AP9 en Vigo: soluciones para la «tortura del ruido» en Teis

    21 de Ene, 2026
    Trasladada una mujer al Álvaro Cunqueiro tras sufrir un accidente de tráfico en Redondela
    Salud

    La presión asistencial en Vigo sigue «alta» aunque ya se registran más altas que ingresos

    14 de Ene, 2026
    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”
    Local

    El BNG exige un plan de choque de 9,5 millones contra los desahucios

    09 de Ene, 2026
    Alertan de una nueva tala de árboles «singulares» en Navia, esta vez de un ejemplar centenario
    Local

    Alertan de una nueva tala de árboles «singulares» en Navia, esta vez de un ejemplar centenario

    18 de Dic, 2025
    Hospitalizada una sexagenaria en Vigo víctima de un incendio en su vivienda
    Local

    Exigen a la Xunta y a Povisa transparencia y garantías tras lo sucedido en el hospital de Torrejón

    11 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    por Redacción
    25 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Calles en penumbra
    Más Vigo

    Calles en penumbra

    La Navidad de Vigo ya se ha terminado, para consuelo de muchos y tristeza de otros, y aquel derroche lumínico...

    por Julio Alonso
    30 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Marta Estévez acerca ‘La tercera orilla’ a Vigo
    Libros

    El secreto de la generación de los 70 que hoy sale a la luz en el Casco Vello

    La literatura gallega contemporánea vuelve a poner el foco en la memoria y el paisaje como ejes vertebradores de nuestra...

    por Redacción
    29 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR