• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 15 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación eleva a 60.000 euros a aportación para dar visibilidade ás artistas no Marco de Vigo

    A institución provincial aumenta en 10.000 euros a contía, destinada a mostras temporais, visitas guiadas, obradoiros, programación escolar e para persoas con necesidades específicas
    Redacción por Redacción
    07 de Jun, 2022
    en Arte
    0
    A Deputación eleva a 60.000 euros a aportación para dar visibilidade ás artistas no Marco de Vigo

    Unha mostra no museo vigués. / Foto: Arquivo

    A Deputación de Pontevedra reforza aínda máis a súa implicación co Museo de Arte Contemporánea (Marco) de Vigo e o seu compromiso coa visibilización das artistas a través dos fondos que aporta para programación e actividades destinadas a difundir a obra de mulleres do mundo da arte. A institución provincial incrementa este ano a súa contribución a 60.000 euros, 10.000 máis que en 2021, cantidade que se destina á organización de mostras temporais de autoras, visitas guiadas, programación escolar e para persoas con necesidades específicas, e obradoiros infantís, accións todas elas realizadas en torno ás exposicións.

    O apoio responde ao obxectivo da Deputación de promocionar a cultura e apostar pola igualdade e a pluralidade de xeito que a obra das artistas, “ademais de recoñecida pola súa calidade, que xa o está, sexa tamén coñecida pola cidadanía”, segundo manifestou a presidenta Carmela Silva.

    A colaboración da Deputación co Marco inclúe este ano, en concreto, a organización de tres exposicións temporais. A primeira, ‘O efecto reliquia’, de Teresa Moro, desenvolveuse desde xaneiro a maio e amosou a paixón da artista por coleccionar, rastrexar e arquivar obxectos singulares, como acto de reivindicación a través da pintura. A segunda, “As sete xanelas”, de Idoia Montón, está actualmente en exposición no museo (ata o 4 de setembro) e reúne pinturas, debuxos e collages da artista, un traballo que creou e alimentou a través da súa relación cos obxectos dos espazos que habita.

    Tamén está programada a exhibición da terceira mostra froito da colaboración da Deputación co Marco. Trátase de ‘Desapego’ de Andrea Costas Lago,  que reúne un conxunto heteroxéneo de imaxes fotográficas, instalacións e vídeos nos que a artista reflexiona sobre a experiencia da maternidade, deixando constancia das oportunidades e desafíos que representa.

    Visitas guiadas

    Outro dos eixos do apoio da Deputación é a organización de visitas guiadas diarias a cargo do persoal do museo, abertas ao público en xeral, durante o período de vixencia das exposicións temporais. Ademais a colaboración en torno ás mostras inclúe a programación para escolares,  visitas e actividades para grupos con necesidades específicas, e obradoiros infantís dirixidos ao público familiar. Por outra banda, a aportación recolle as mostras bibliográficas e documentais, con selección de catálogos e publicacións, que a Biblioteca-Centro de Documentación do Marco presenta en paralelo ás exposicións temporais. 

    A Deputación apoia ao Marco como un dos grandes referentes da cultura na provincia e en Galicia. En 2020 o seu compromiso de colaboración estable materializouse nun convenio anual por 50.000 euros co Concello de Vigo para a programación de exposicións, actividades paralelas, visitas guiadas, publicación de materiais e outras accións como a adquisición de obra de artistas, unha aportación vencellada en todos os casos á promoción de mulleres creadoras que a institución provincial renovou en 2021, e que vén de incrementar este 2022.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraMARCO

    RelacionadosArtículos

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026
    La Diputación de Pontevedra cierra el año de ‘SmartPeme’ con cinco nuevos talleres online
    Actualidad

    La Diputación impartirá 34 formaciones sobre bienestar emocional en 19 centros educativos

    06 de Ene, 2026
    Vigo une literatura y videojuegos gracias a un encuentro transversal
    Local

    El MARCO languidece: apenas 60.000 visitas al año

    03 de Dic, 2025
    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”
    Deportes

    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”

    29 de Nov, 2025
    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas
    Actualidad

    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas

    12 de Nov, 2025
    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros
    Actualidad

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros

    07 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Aquellos conciertos de Vigo
    Más Vigo

    Aquellos conciertos de Vigo

    Esta es la entrada que alguien conserva como recuerdo de un concierto histórico en la ciudad de Vigo: Bob Dylan....

    por Julio Alonso
    15 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    La literatura gallega contemporánea se detiene este jueves en el corazón de O Morrazo para explorar las fronteras entre la...

    por Redacción
    14 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR