• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 13 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Facultade de Comercio da UVigo elixe a Consuelo Currás como primeira decana

    Tras seis anos como directora da Escola Universitaria de Estudos Empresariais, aposta nesta nova etapa pola formación permanente e a internacionalización
    Redacción por Redacción
    03 de Jun, 2022
    en Local
    0
    A Facultade de Comercio da UVigo elixe a Consuelo Currás como primeira decana

    Consuelo Currás manterase ao fronte da facultade os vindeiros tres anos. / Foto: UVigo.

    Tras seis anos como directora da Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Consuelo Currás acaba de ser elixida, sen ningún voto en contra, primeira decana da nova Facultade de Comercio da Universidade de Vigo. Xunto a ela, completan a listaxe de integrantes deste primeiro equipo directivo da facultade a profesora María Jesús Barsanti, como secretaria do centro, e os vicedecanos Emilio García –Profesorado e Organización-  e Jacinto González –Relacións Externas e Alumnado-, que xa formaban parte da dirección da escola, aos que se incorpora a profesora Carmen Padín, que se encargará da área de Intercambios e Relacións Internacionais, eidos dos que ata o de agora se ocupaba a profesora Araceli González, quen se manterá como enlace de Igualdade do centro.

    “Somos un equipo con experiencia, pero tamén con moita ilusión para seguir adiante”, explica a nova decana, quen permanecerá ao fronte do centro outros tres anos máis. “Temos  moitos proxectos na cabeza. Evidentemente queremos seguir traballando nos temas de docencia, cunha mellora continúa dos noso grao e mestrados, que afortunadamente están funcionando moi ben, pero que sempre hai que ir actualizando, sobre todo en todo o que ten que ver coa dixitalización”, explica Currás, quen, respecto ás cuestión académicas, se amosou moi esperanzada en que o Máster de Comercio Internacional consiga nos vindeiros meses a Mención de Excelencia da Xunta de Galicia, “da que o ano pasado xa quedou ás portas”.

    Se ben se manterá unha política de continuidade con respecto aos eixes de actuación que xa se viñan formulando nos últimos anos, nesta nova etapa tratarase de intensificar, “con máis folgos se cabe”, as cuestións relacionadas coa formación permanente e a internacionalización. “Gustaríanos organizar cursos de menor número de créditos que os mestrados, pero máis especializados”, salienta a decana, ao tempo que recalca a importancia de, por unha banda, completar os contidos que se ofrecen no grao e, pola outra, ofrecerlle aos egresados e aos profesionais en activo a posibilidade de seguir formándose sobre temas que realmente están sendo necesarios no mundo da empresa e que, agora mesmo, non están sendo cubertos. En relación a esta aposta pola formación permanente o curso que vén ofertarán xa, a través da Escola Aberta de Formación Permanente, un título propio de Máster en Negocio Dixital, impulsado pola profesora Ángeles Sandoval.

    “Queremos impulsar unha especie de ecosistema de formación con múltiples cursos”, recalca Currás, quen pensa xa en novas propostas formativas, “relacionadas, por exemplo, co marketing dixital”.

    No eido da internacionalización, o centro leva anos ofrecendo dúas dobres titulacións internacionais con dúas universidades públicas europeas: Hochschule Bochum, en Alemaña, e a Université de Pau et des Pays de l´Adour, en Francia. Estas modalidades permiten a quen estuda o Grao en Comercio na UVigo obter dous títulos universitarios oficiais durante os catro anos de duración dos estudos, é dicir, sen ter que cursar máis anos nin máis materiais. Nesta modalidade o estudante deberá cursar un dos catro anos da carreira nunha destas universidades e, tras superar os requisitos académicos do programa correspondente en destino e orixe, obtense tamén o título do centro asociado: Bachelor Degree in International Business and Management (Hochschule Bochum) ou Licence en Economie et Gestion (Université de Pau et des Pays de l’Adour).

    “Ambas titulacións funcionan moi ben e en setembro catro dos nosos alumnos partirán cara Alemaña para pasar alí o curso”, explica a decana, quen admite que no caso francés o número de intercambios é menor, pero todos os anos hai algún. “Gustaríanos ampliar este tipo de dobres titulacións internacionais con algún centro de lingua inglesa e traballar tamén coas universidades latinoamericanas”, recalcou a recén elixida decana.

    A maiores, continuará a aposta do centro por manter unha estreita relación co sector empresarial, “unha das principais sinais de identidade do centro”, e por impulsar a igualdade en todas as súas vertentes, situando tamén como un reto a conseguir o Distintivo de Igualdade da Universidade de Vigo para a nova Facultade de Comercio.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    La fotografía muestra una parte de la Rúa Xulián Estévez, en el barrio de Teis, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR