• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo homenaxea a Manolo Ramos nun emotivo acto

    Amigos e compañeiros de traballo destacan a calidade humana e capacidade de traballo do vicerreitor falecido de xeito repentino a semana pasada
    Redacción por Redacción
    12 de May, 2022
    en Local
    0
    A UVigo homenaxea a Manolo Ramos nun emotivo acto

    O reitor entregoulle á parella de Ramos un ramo de flores e unha caixa cos recordos que as e os compañeiros escribiron na súa lembranza. / Foto: UVigo.

    A praza Erasmo do campus vigúes encheuse este mediodía para homenaxear o docente, investigador e vicerreitor Manuel Ramos, falecido a pasada semana, de xeito repentino, na véspera da celebración das eleccións na UVigo. Decenas de compañeiros e compañeiras da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación; da vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado e a súa áreas e servizos; o equipo de goberno en funcións; os reitores das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e membros da comunidade universitaria asistiron hoxe á homenaxe a Ramos, na que se volveu poñer de manifesto o respecto e cariño que lle profesaron as persoas que o coñeceron.

    A súa viúva e os seus fillos foron este mediodía testemuña, a través das palabras de quen o tratou, da pegada que Ramos deixou na Universidade de Vigo, na que desde a súa chegada a principios da década de 1990 participou activamente en tarefas docentes, investigadoras, de xestión e sindicais, acadando co paso dos anos os postos de catedrático e vicerreitor. A música do docente Xosé Constenla, acompañado por Javier Constenla e Pilar Martínez e a palabra foron os protagonistas dunha “oportunidade para despedir a un amigo co que lle gustaba”, dixo a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, encargada de conducir o acto, no que os seus colegas e amigos e amigas Cristina Gallego, Alfonso Lago, María José Moure, Rebeca Díaz, José Pazos, Luis Anido, Betty León, José Santos, Yolanda Blanco e Cándido López gabaron a Manolo: o traballador infatigable, o amigo dos seus amigos, o enxeñeiro total, nobre, loitador pola igualdade e polo profesorado, humilde, xeneroso …

    Visiblemente emocionado, o reitor, Manuel Reigosa transformou o seu devezo, dixo, por ser poeta nunha intervención chea de lirismo na que expresou os seus sentimentos cara o amigo e compañeiro morto. “Se fora poeta podería falar de como o vento invisible moitas veces é capaz de empurrar as pólas das árbores e facer que treman todas as follas e que todo un bosque se mova desde a invisiblilidade, desde o convencemento. Se fora poeta podería falar dun día de verán, dun día perfecto, deses nos que sentes a gravidade da terra a forza do sol e que incluso tes que buscar abrigo, pero neses días de calor extraordinario, eses días perfectos, ti tamén notas que o ar sube puro ao ceo, sube puro, cada vez máis arriba, cada vez máis potente e purifica toda a vida. Así era Manolo”, dixo Reigosa.

    “E tamén vos podería falar se fora poeta unha noite, dun día perfecto de verán, na cal un está escoitando a tormenta e aínda que o espera, que sabe o que vai a haber, sorprende e incluso dóelle un lóstrego. Así era Manolo, un lóstrego que estivo nas nosas vidas e que nos vai deixar marcados para sempre na institución e a todas as persoas que estivemos con el”, lembrou o reitor.

    Na súa intervención, Manuel Reigosa recoñeceu que chegara ao cargo de reitor impulsado por Ramos “que pensou que era unha boa voz para levar unha mensaxe á comunidade universitaria e á sociedade de que se poden facer as cousas con agarimo, que se pode ser coidadoso coas persoas, que se pode medrar e medrar desde humanidade, que se pode falar, negociar, acordar”, asegurou Reigosa, que dixo non ter palabras suficientes para explicar a enorme grandeza do seu amigo e compañeiro de goberno. “Podería subliñar a súa extraordinaria calidade humana, a súa calidez, o imprescindible que se fixo para todos, a súa capacidade de traballo…Quen o coñecese podería chamarme esaxerado, pero non porque Manolo era alguén moi especial”.

    Reigosa rematou a súa intervención asegurando que aínda que non sexa nin poeta, nin orador, si é un home de palabra, “e vou facer o posible esa universidade que soñamos xuntos na que as persoas teñen o seu sitio, na que o talento pode agromar e dar froitos e na que hai dereitos e na que todos podemos traballar arreo e buscar unha universidade igualitaria, xusta e solidaria e fraterna. Eu espero que no futuro, se entre todas e todos conseguimos esa universidade, sexamos un fermento para a sociedade, porque Manolo loitaba porque a sociedade sexa así máis xusta, fraterna, igualitaria e feliz”, concluíu o reitor.

    Demasiadas vivencias para que caiban nunha tarxeta

    En nome das persoas que coñeceron e trataron a Manuel Ramos, un grupo de compañeiros do seu centro, do departamento, do grupo de investigación e da vicerreitoría á fronte da que exerceu, foron os encargados este mediodía de poñer voz aos seus sentimentos e vivencias co seu colega finado. Verbas emocionadas recollidas en tarxetas ás que deron lectura e que posteriormente foron recompiladas e entregadas a viúva de Ramos e aos seus fillos.

    Luis Anido, director do Departamento de Enxeñaría Telemática, lembrou a súa etapa como bolseiro no Servizo de Telecomunicacións que Ramos creara e onde daquela xurdiu entre os recén chegados unha pregunta que do pasado, Anido trouxo este mediodía ao presente “que faría Manolo nesta situación?” Yolanda Blanco, profesora titular do mesmo departamento, gabou a brillantez , calidade humana, xenerosidade infinita e calma de Ramos, ao que definiu como un “solucionador de problemas, que non necesitaba estar en primeira fila. Boa viaxe, mestre!”, desexoulle Blanco.

    A directora da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, Rebeca Díaz, destacou o activo papel de Ramos na vida do centro desde a súa chegada e el, ao tempo que lle desexou moito ánimo á familia. Pola súa banda, Cristina Gallego, directora da Área de Profesorado, eloxiou a gran capacidade de reflexión do seu compañeiro de traballo, quen “podía dicir que non, pero logo de pensalo, non tiña problema en dicir que si”. Mentres, Alfonso Lago, designado polo reitor en función para asumir a Vicerreitoría de Profesorado, Docencia e Titulacións, lamentou “o profundo baleiro e o gran marrón” que lle deixa o seu compañeiro de traballo, pero tamén de afección ao fútbol. “A miña herdanza, a túa amizade, a miña sorte, coñecerte”, dixo Lago.

    Betty León, catedrática xubilada de Física Aplicada, destacou a discreción e cordura do seu amigo, “que sempre estará nos nosos corazóns e nas nosas cabezas”. Cándido López, catedrático do Departamento de Enxeñaría Telemática, referiuse á nobreza de Ramos, “un amigo”, ao que coñeceu nos albores da EET. María José Moure, directora da Escola Aberta de Formación Permanente, logo de asegurar que “o que compartimos non cabe nunha tarxeta”, gabou o traballo a prol da igualdade realizado polo vicerreitor; mentres que José Pazos, director do grupo de investigación Servizos para a Sociedade da Información (GSSI), falou de Ramos como “o enxeñeiro total”, totalmente afastado do ego e a altivez . Para rematar, José Santos, ex director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, lembrou o desexo de Manuel Ramos de, unha vez finalizados os seus estudos en Madrid, “ir a Teleco de Vigo”, así como a súa entrega á escola e a súa coherencia na defensa do profesorado.

    A homenaxe tributada hoxe a Manuel Ramos terá ademais unha manifestación permanente coa decisión adoptada polo equipo de goberno en funcións de darlle o nome do seu compañeiro á sala de xunta do edificio Ernestina Otero, que desde este xoves pasa a chamarse Sala Manolo Ramos.

    43

    Tags: Manolo RamosUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma
    Local

    La UVigo logra una ayuda de 25.000 euros para avanzar en la investigación del osteosarcoma

    02 de Jul, 2025
    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025
    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología
    Local

    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología

    11 de Jun, 2025
    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo
    Local

    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo

    10 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    El bulevar de la Gran Vía
    Más Vigo

    El bulevar de la Gran Vía

    Esta es la imagen actual de la Gran Vía de Vigo en el tramo que va desde As Travesas hasta...

    por Julio Alonso
    04 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR