• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 11 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A previa do Festival de Cans comeza coa retrospectiva de João Nicolau

    Os pases das súas longametraxes serán este xoves, venres e sábado no Centro Cultural do Porriño, con entrada de balde ata completar cabida
    Redacción por Redacción
    12 de May, 2022
    en Cine
    0
    A previa do Festival de Cans comeza coa retrospectiva de João Nicolau

    Fotograma de 'John From'.

    A XIX edición do Festival de Cans, que se celebra do 17 ao 21 de maio, quenta motores co inicio, este xoves, das proxeccións da retrospectiva internacional que este ano protagoniza o realizador lisboeta João Nicolau, un dos representantes máis destacados do novo cinema portugués. A previa, que inclúe as súas tres longametraxes ata o momento, celebrarase no Centro Cultural do Porriño, cedido polo Concello, con entrada libre ata completar capacidade.

    O director luso acompañará a través da internet a primeira das proxeccións, este xoves 12 ás 20.00 horas, para se dirixir ao público antes do ver de ‘A espada e a rosa’, a súa primeira longametraxe, unha historia fantástica de aventuras e piratas no século XXI, nominada dentro da sección oficial do prestixioso Festival de Cine Independente de Bos Aires (BAFICI).

    O venres ás 21.00 horas será o pase de ‘John From’, mellor película en Filmadrid e Novos Cinemas no 2016, na que aborda a iniciación á idade adulta dunha moza soñadora e entrometida, que se namora do seu novo veciño, un misterioso fotógrafo. A retrospectiva de longametraxes de Nicolau previa ao festival rematará coa proxección, este sábado ás 12.00 horas, de ‘Technoboss’, unha excéntrica película sobre a música interior dun oficinista enfastiado, coa que Nicolau competiu en Locarno e levou o Premio Especial do Xurado en Sevilla no 2019.

    A retrospectiva internacional que o XIX Festival de Cans lle dedica ao cineasta portugués é a terceira que programa, despois das do alemán Hannes Stöhr no 2019 e a do brasileiro Kleber Mendonça Filho o ano pasado. Trala previa esta fin de semana das súas tres longametraxes, o festival contará coa presenza de Nicolau o venres 20 para participar no coloquio de Café con CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e da Realización, e presentar a retrospectiva das súas curtametraxes.

    Nicolau estará en Cans ás 10.00 horas para conversar no Baixo de Carlos coa realizadora viguesa Noemí Chantada, gañadora con Xoves de Comadres da edición de hai dous anos do festival de Cans, e co cineasta Fon Cortizo, de quen tivemos ocasión de coñecer o seu filme ‘9 Fugas’ neste mesmo festival.

    Pola tarde, a partir das 17.00 horas no Baixo de Bugarín, acompañará o público na proxección da retrospectiva de curtametraxes, que inclúe catro películas. Entre elas, a súa primeira obra de ficción, ‘Rapace’, unha comedia xeracional feliz, xogadora e irónica, cun antiheroe como protagonista, estreada no Festival de Cannes do 2006 e galardoada co Premio ao mellor filme no Festival Internacional de Curtas-Metragens de Vila do Conde.

    A copia dunha chave moi particular que abre máis ca unha porta é o fío argumental de Cançao de amor e saúde, coa que Nicolau participou na Quincena de Realizadores en Cannes en 2009. En ‘O dom das lágrimas’, de 2012, un cazador atopa unha princesa nunha viaxe iconográfica inmersa na fantasía lusitana. ‘Gambozinos’, a súa última curta, na que un neno de dez anos se enfronta ás dificultades da vida nun campamento de verán, pechará a retrospectiva internacional de curtas de João Nicolau.

    Ademais de neste apartado, o foco sobre o cineasta portugués inclúe tamén a súa participación na actividade paralela Fillxs de Cans, á que traerá un avance de ‘John in Christ’, a súa última película de longa duración, actualmente en postprodución, na que pretende observar a forma en que as diversas tendencias relixiosas se implantan, difunden e son asimiladas na vida cotiá dos seus fieis no sueste da illa de Tanna (Vanuatu).

    Esgotadas as entradas de tarde da sección oficial de ficción e animación, quedan á venda as últimas para a sesión matinal e as da sección Furacáns, de curtas de non ficción a concurso. Para vivir a experiencia do Invernadoiro, e logo de colgar o cartel de completo para a proxección do documental de Óscar Vilanova sobre Litus e a actuación deste con Pablo Novoa, quedan xa moi poucos boletos dispoñibles na tenda en liña do festival para a retrospectiva audiovisual e performance musical de Javi Álvarez, do dúo Fluzo, que actuará o sábado nese espazo tan singular.

    43

    Tags: cineFestival de Cans

    RelacionadosArtículos

    El origen del arte gallego llega a la gran pantalla: Vigo estrena ‘O camiño de Cova Eirós’
    Cine

    El origen del arte gallego llega a la gran pantalla: Vigo estrena ‘O camiño de Cova Eirós’

    07 de Feb, 2026
    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    14 de Ene, 2026
    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Dos películas rodadas en Vigo y su área, de camino a los Goya

    13 de Ene, 2026
    Carla Simón lleva Vigo a Cannes con su ‘Romería’
    Cine

    Una película rodada en Vigo se cuela en el top 10 de las cintas más taquilleras en España

    30 de Dic, 2025
    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano
    Cine

    Vigo protagonizará la nueva película de Juanjo Giménez, que se rodará el próximo verano

    20 de Dic, 2025
    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla
    Cine

    Los sonidos ‘rondalleiros’ de la película de moda se cuelan (también) en la pequeña pantalla

    17 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    El reventón de un colector de pluviales, causa del socavón en la Avenida de Madrid

    Las calles de Vigo se hunden por falta de mantenimiento y reclaman a Caballero que actúe

    por Redacción
    09 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta
    Más Vigo

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta

    En esta época invernal del 2026, con intensos fríos e inacabables borrascas, a muchas personas les viene el recuerdo de...

    por Julio Alonso
    11 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR