• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 4 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Manuel Reigosa revalida o cargo de reitor da UVigo cun 72% de votos a favor

    A candidatura de H2040 gañou en todos os sectores e nos tres campus. Sen valorar os resultados, o equipo de goberno comprométese a traballar inspirado por Manuel Ramos
    Redacción por Redacción
    05 de May, 2022
    en Local
    0
    Manuel Reigosa revalida o cargo de reitor da UVigo cun 72% de votos a favor

    Foto de familia realizada intres antes da declaración institucional sobre a celebración da xornada electoral. / Foto: DUVI

    Manuel Reigosa Roger volverá ser o reitor da Universidade de Vigo os vindeiros catros anos despois de acadar o 72% de votos ponderados a favor da súa candidatura á fronte de H2040. Nunha xornada electoral marcada polo falecemento do vicerreitor e integrante do seu equipo de goberno, Manuel Ramos Cabrer, emitíronse un total de 2234 votos válidos, dos cales 1607 foron a favor e 627 en contra da candidatura de Reigosa, que obtivo o apoio maioritario nos tres campus e en todos os sectores, cunha ampla diferencia principalmente entre o alumnado, colectivo no que acadou 612 votos a favor, 194 en contra e 25 en branco.

    No sector PDI-A foron 428 votos a favor, 146 en contra e 89 en branco. No sector PDI-B foron 326 a favor, 55 en contra e 22 en branco. No sector PAS obtivo 241 a favor, 232 en contra, 41 en branco e 6 nulos. As e os integrantes da candidatura de H2040 declinaron valorar os resultados obtidos e no seu lugar, deron lectura a un comunicado no que expresaron o seu pesar pola perda “dun amigo entrañable, un camarada” e comprometéronse a continuar traballando, “inspirados pola figura dun loitador, un gran home, un enorme compañeiro”.

    Das 20.494 persoas que podían exercer o seu dereito a voto a favor ou en contra do único candidato que se presentaba a este proceso electoral, 2270 participaron no proceso, no que o PDI-A (74.31%) e o PAS (61.84%) foron os sectores cunha porcentaxe de participación máis elevada, mentres que no caso do PDI-B situouse nun 38.2% e o estudantado acadou o 4.75%. A participación baixou respecto das anteriores eleccións de 2018 en todos os sectores, cando a porcentaxe máis alta deuse tamén entre o PDI-A cun 86.16%, seguida polo PAS cun 77.79%, o sector PDI-B co 59.89% e o estudantado co 14.8%.

    Unha vez feitas as ponderacións dos votos, o resultado deixa unha porcentaxe total de votos de 1616 a favor (72.34 %) e 618 en contra (27.66 %). Así, Reigosa obtivo 849 votos positivos ponderados entre o PDI-A e 289 en contra; 172 a favor entre o PDI-B e 29 en contra; 424 a favor e 134 en contra entre o alumnado e 170 a favor e 164 en contra no PAS.

    Inspirados pola figura dun gran compañeiro

    En nome do reitor e dos integrantes do futuro equipo de goberno, o vicerreitor en funcións de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez, deu lectura a un comunicado en lembranza de Manuel Ramos, “o noso faro, a nosa guía”. As e os compañeiros de Ramos no anterior equipo de goberno expresaron o seu pesar pola perda “dun amigo entrañable, un compañeiro inmellorable, un camarada. Traballador infatigable e coñecedor da nosa casa, a universidade, soño un futuro mellor para a sociedade que debía comezar aquí, nas nosas aulas”. Míguez en nome dos integrantes da candidatura de H2040 recoñeceu o moito aprendido do seu compañeiro falecido, que tamén moldeou o traballo dos últimos catro anos, “e foi unha fonte de inspiración impresionante para o equipo e pensamos que tamén para a comunidade universitaria”.

    Coa voz entrecortada pola emoción, o vicerreitor en funcións recoñeceu a escasa importancia, que pola situación que están a vivir, ten facer valoracións dos resultados acadados nesta cita electoral. “Esperaremos a coñecelos e, de ser o caso, xa faremos unha valoración máis adiante. O martes valoramos retirarnos da carreira electoral, pero pensamos que o noso benquerido Manolo non nolo permitiría, despois de tanto como el investiu no desenvolvemento do programa e dos compromisos recollidos no programa de goberno”, recoñeceu Míguez.

    Coa vista posta no futuro máis inmediato, os integrantes do que será o futuro equipo de goberno expresaron o seu compromiso de continuar traballando, “inspirados pola figura dun loitador, un gran home, un enorme compañeiro. A súa figura xigante acompañaranos durante o resto das nosas vidas e fará, de seguro, que moitas sementes rematen agromando e dando froitos que serán bos para as persoas e o conxunto da sociedade”, proseguía o comunicado, no que expresaron o seu desexo de estar a altura do inmenso legado do seu compañeiro falecido, así como o seu compromiso “con esta sociedade que ti albiscaches, máis xusta, máis fraterna e máis solidaria”.

    Manuel Ramos Cabrer será homenaxeado nun acto que se celebrará o vindeiro xoves, 12 de maio, ás 12.00 horas na praza Miralles. Ademais, este xoves foi declarado día de loito oficial, polo que as bandeiras da institución ondearán a media hasta.

    En Vigo, vitoria en todos os sectores agás no PAS

    No campus de Vigo emitíronse 1452 votos, dos cales 1434 foron votos válidos (865 a favor, 464 en contra e 105 en branco). Neste campus, Reigosa gañou en todos os sectores, menos no PAS. No sector de PDI-A obtivo 274 votos a favor, 112 en contra, 59 en branco e 10 votos nulos. No que respecta ao PDI-B, o candidato obtivo 139 votos positivos, 38 negativos, 15 en branco e 4 nulos. Entre o estudantado, foron 269 votos a favor, 128 en contra, 8 en branco e 3 nulos. Finalmente, no que atinxe ao persoal de administración e servizos, foron 183 votos a favor, 186 en contra, 23 en branco e 1 nulo.

    Por centros, os resultados foron positivos en todos os centros do campus vigués, agás na mesa electoral instalada no edificio Exeria, no que unicamente votaba PAS, e onde recibiron 68 votos a favor, 113 en contra e 9 en branco, así como na Facultade de Ciencias do Mar, onde 31 foron a favor e 34 en contra, xunto con 8 que foron emitidos en branco.

    Apoio maioritario

    Con 518 votos válidos emitidos, a candidatura de H2040 acadou un apoio maioritario en todas as facultades e escolas do campus de Pontevedra, sumando no seu conxunto 415 votos a favor, 78 en contra e 25 en branco. Por sectores, Reigosa acadou o respaldo tanto do PDI-A, con 51 votos a favor por 16 en contra, como do PDI-B (70-7). Así mesmo, a súa candidatura obtivo tamén en Pontevedra o apoio maioritario do alumnado (272-25), mais non o do PAS, onde logrou 22 votos favorables por 30 en contra.

    H2040 logrou así mesmo o respaldo de todos os sectores nas cinco mesas electorais, coa excepción das dúas nas que votou o PAS e no caso do PDI-A da Facultade de Belas Artes, onde sumou tres votos favorables e seis en contra. A Facultade de Fisioterapia foi o centro do campus no que se rexistrou un maior número total de votos, 157 válidos, grazas á participación nas eleccións de máis do 50% do seu alumnado, a máis elevada no conxunto da Universidade.

    No campus de Ourense foron 466 os votos emitidos (459 válidos e sete nulos) pola comunidade universitaria nas urnas habilitadas nas súas sete facultades e escolas. A candidatura de H2040 sumou en total 327 votos a favor, 85 en contra e 47 en branco, acadando o apoio maioritario global de todos os centros e dos distintos colectivos. Deste xeito, Manuel Reigosa conseguiu no PDI doutor con vinculación permanente 103 votos a favor, 18 en contra e 18 en branco e no restante persoal docente e investigador 117 votos a favor, 10 en contra e 4 en branco. Polo que respecta ao alumnado, o candidato obtivo 71 votos a favor, 41 en contra e 10 en branco.

    Por último, o voto do persoal de administración e servizos foi 36 votos a favor, 16 en contra e 15 en branco. Nos diferentes colectivos de cada centro, a candidatura presentada acadou maioritariamente votos a favor, excepto no colectivo de estudantes tanto da Escola Superior de Enxeñaría Informática (con 5 votos a favor, 11 en contra e un en branco) como da Facultade de Educación e Traballo Social (con 12 votos a favor, 12 en contra e 8 en branco).

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”
    Local

    Caballero anuncia un plan de 2,5 millones para rescatar viviendas en Vigo

    31 de Oct, 2025
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»
    Local

    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»

    22 de Oct, 2025
    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio
    Local

    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio

    21 de Oct, 2025
    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura
    Cultura

    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura

    18 de Oct, 2025
    La UVigo solicitará el grado de Medicina si no hay nuevo convenio de descentralización antes de un mes
    Local

    La UVigo solicitará el grado de Medicina si no hay nuevo convenio de descentralización antes de un mes

    18 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    La Xunta envía a Vigo (en menos de una semana) el visto bueno sobre el Olivo: «No hay disculpa para avanzar»

    por Redacción
    28 de Oct, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Cementerios de Vigo
    Más Vigo

    Cementerios de Vigo

    En la ciudad de Vigo y sus alrededores existen varios cementerios que dan servicio a la población de la ciudad...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder
    Libros

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder

    En pleno otoño, son muchas las novedades que hemos tenido en novelas y cómics de aventuras. ¿Las repasamos juntos? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    02 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR