• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 29 de junio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Vigo acollerá o concerto inaugural da xira que celebra os 20 anos de SonDeSeu

    As entradas para o concerto, que será no Teatro García Barbón en formato acústico e sen amplificación, xa están á venda
    Redacción por Redacción
    02 de May, 2022
    en Música
    0
    Vigo acollerá o concerto inaugural da xira que celebra os 20 anos de SonDeSeu

    O Concello de Vigo acolleu este luns a presentación do inicio da xira de concertos coa que a Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu, un dos proxectos educativos e musicais máis senlleiros e recoñecidos do país, festexará os seus 20 anos en activo. No evento, no que participaron Abel Caballero, alcalde de Vigo, Rodrigo Romaní, director de SonDeSeu, e Xaquín Xesteira, mestre da sección de percusión, salientouse a traxectoria da agrupación, que ofrecerá esta primavera unha singular xira de celebración: catro concertos en acústico dunha orquestra de 60 músicos en espazos propios de formacións de corte clásico.

    O primeiro dos directos, que será sen amplificación, terá lugar en Vigo, na propia cidade na que agromou SonDeSeu. A cita será o sábado 12 de maio, no Teatro García Barbón, ás 20:30 horas. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou a SonDeSeu no nome da cidadanía “por este traballo tan excepcional, de música de magnífica calidade”, á vez que definiu a cidade como “unha gran fábrica de música”.

    Pola súa banda, Rodrigo Romaní puxo en valor a traxectoria dun “proxecto pioneiro en Galicia que é tamén un referente para outras orquestras folk en Europa”. Finalmente, e en relación ao concerto inaugural que abrirá esta xira, Xaquín Xesteira subliñou as singularidades acústicas do evento e lembrou que será “unha oportunidade única para repasar os mellores éxitos de SonDeSeu como non soaron nunca antes”.

    O seguinte espectáculo será o 21 de maio, no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Xa no mes de xuño, SonDeSeu actuará no Teatro Colón (3 de xuño) da Coruña e no Auditorio de Galicia (18 de xuño) de Santiago de Compostela. As entradas para poder gozar destes directos, posibles grazas á colaboración dos concellos de Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela, están á venda na internet

    Tradición cargada de futuro

    SonDeSeu comezou a súa andaina hai dúas décadas como unha actividade de conxunto instrumental coa intención de facer e compartir, colectivamente, a música tradicional galega. Co paso dos anos, a entidade medrou a base de ilusión, esforzo e xenerosidade colectiva, tanto por parte do alumnado coma do seu profesorado, creando novas vías para a comprensión da evolución das músicas de raíz desde a óptica do século XXI.

    Sobranceiras figuras e mestres como Rodrigo Romaní, Begoña Riobó, Anxo Pintos, Xisco Feijoó, Xaquín Xesteira, Alfonso Franco e Xosé Liz forman parte deste proxecto educativo e musical, hoxe en día vinculado á ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional), que favoreceu a creación dunha prometedora e efectiva canteira artistas musicais que transmiten a tradición desde a contemporaneidade. Durante estes anos, ademais, bandas e músicos como Treixadura, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Uxía Senlle, Carmen París ou Nino Galissa colaboraron dun xeito estreito con SonDeSeu.

    SonDeSeu

    A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu nace hai vinte anos no seo do extinto Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, a actual ETRAD. A agrupación explora a fusión e mestura das músicas de creación colectiva con elementos contemporáneos desde unha visión orixinal que se aproxima, ás veces, ás expresións da música culta. Ao tempo, desde a perspectiva educativa, crea sinerxías poderosas e un tramado completo tanto á hora formativa como á hora de presentar un colectivo sólido e pioneiro en Europa.

    A suma da creatividade colectiva e a posta en valor da música de raíz ao longo destas dúas décadas materializáronse en numerosos proxectos de investigación no ámbito da música folk e eventos singulares como o ‘Libro branco da educación en música tradicional’, ‘O canto das Illas’, ‘Arraianos’ ou a Rede Europea de Orquestras Folk ENFO. Estas iniciativas sitúan SonDeSeu como un referente da música galega tanto no país coma noutros puntos da península e de Europa.

    43

    Tags: conciertosmúsicaSonDeSeuTeatro García Barbón

    RelacionadosArtículos

    Música, aventura y naturaleza para cerrar el verano de forma épica
    Cultura

    Música, aventura y naturaleza para cerrar el verano de forma épica

    28 de Jun, 2025
    Conciertos de Castrelos 2025: se buscan artistas con estos requisitos
    Local

    Arranca la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: así queda el listado, los precios y lo que cuesta a Vigo

    27 de Jun, 2025
    Diavol Strâin, el dúo chileno que revienta escenarios en todo el mundo, desembarca en La Fábrica de Chocolate
    Música

    Diavol Strâin, el dúo chileno que revienta escenarios en todo el mundo, desembarca en La Fábrica de Chocolate

    27 de Jun, 2025
    PortAmérica 2025: un festival que redefine la fusión de música, gastronomía y cultura
    Cultura

    PortAmérica 2025: un festival que redefine la fusión de música, gastronomía y cultura

    26 de Jun, 2025
    BIGSOUND promete hacer estallar Pontevedra con la presencia de Nicky Jam, Amaia o La Zowi
    Música

    BIGSOUND promete hacer estallar Pontevedra con la presencia de Nicky Jam, Amaia o La Zowi

    25 de Jun, 2025
    Carlos Núñez regresa a Monteferro para otro atardecer mágico
    Música

    Carlos Núñez regresa a Monteferro para otro atardecer mágico

    24 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    por Fernando Torres Carbajo
    23 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Suspendidas las fiestas de Coia: «Ni la dictadura de Franco había podido con ellas»

    por Andrea Mariño
    24 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 7

    13

    45

    MÁS VIGO

    Avenida de Castrelos
    Más Vigo

    Avenida de Castrelos

    Esta es la Avenida de Castrelos, en la ciudad de Vigo. Se trata de una vía de gran longitud que...

    por Julio Alonso
    28 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR