• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 13 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Manuel Reigosa comprométese a loitar pola creación dun “minicampus na ETEA”

    A idea é situar alí o Centro de Investigación Mariña, a Facultade de Ciencias do Mar e dous mestrados de Bioloxía
    Redacción por Redacción
    25 de Abr, 2022
    en Local
    0
    Manuel Reigosa comprométese a loitar pola creación dun “minicampus na ETEA”

    O candidato a reitor acompañado por parte do seu equipo no exterior da Facultade de Económicas. / Foto: Duvi.

    O candidato a reitor de H2040 Manuel Reigosa comprometeuse este luns, coincidindo co arranque da segunda semana de campaña electoral, a loitar pola creación do que denominou un “minicampus na ETEA”, no que se situarían o Centro de Investigación Mariña (CIM), “que é un dos centros recoñecidos pola Xunta de Galicia como Centro de Excelencia”, a Facultade de Ciencias do Mar e os mestrados de Bioloxía Mariña e Acuicultura adscritos á Facultade de Bioloxía. “Se todo sae ben, este minicampus permitirá que os nosos investigadores e investigadoras traballen conxuntamente coa comunidade científica do CSIC. É un obxectivo de primeiro nivel e, dende logo, así o comprometemos no noso programa”, explicou o reitor na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a onde acudiu acompañado de boa parte do seu equipo.

    Segundo explicou Reigosa, a idea inicial do equipo de goberno xa era mover cara a ETEA Ciencias do Mar “e, incluso, todo o ámbito científico”, pero, unha vez realizado o proceso de consulta á comunidade universitaria, este proxecto quedou parado ata que lles chegou unha petición específica de traslado da Facultade de Ciencias do Mar e outra de dous mestrados da Facultade de Bioloxía. “Ciencias do Mar aposta claramente por baixar á ETEA e a Bioloxía tamén lle gustaría impartir alí eses dous mestrados. Eu xa me comprometín publicamente no Claustro a facer todo o posible por mover esas instalacións docentes e investigadoras”, subliñou o actual reitor. Para cumprir esta promesa o equipo de H2040 defende que é necesario contar coa titularidade de tres edificios: o Siemens, o Faraday e o Morse. “O Faraday xa era noso; do Siemens hai apenas uns días que me confirmaron que nos vai ser cedido gratuitamente e estamos á espera do terceiro, que xa foi solicitado á Xunta de Galicia”, recalcou o candidato a reitor.

    Como vén sendo habitual en cada un dos encontros mantidos polo candidato a reitor e o seu equipo nas diferentes escolas e facultades, o acto arrancou coa explicación das principais liñas programáticas para a vindeira lexislatura e o repaso dos logros acadados durante o seu primeiro mandato. “En xeral estou moi satisfeito de todo o traballo que se fixo e tamén moi agradecido a toda a comunidade universitaria porque durante estes catro anos o 95% dos acordos do Consello de Goberno, incluso un pouco máis no caso do Claustro, foron aprobados por asentimento”, apuntou Reigosa, quen tamén fixo fincapé en que nas mesas de negociación, tanto do PDI como do PAS, “a meirande parte das decisións tomadas foron acordos, é dicir, contaron co apoio da maioría da representación sindical e, en moitos casos,  houbo tamén numerosos acordos unánimes”.

    Desde o Departamento de Organización de Empresas e Marketing a súa directora, a profesora María del Mar Rodríguez, demandou información sobre as ideas que porá sobre a mesa o novo equipo de goberno de cara a conseguir reducir a temporalidade dos contratos do PDI. “Desde o meu punto de vista penso que a política de PDI está na boa liña e os logros acadados, sobre todo con respecto á redución das horas de docencia, o baleirado das bolsas de acreditados e o plan de promoción do profesorado asociado, foi algo moi positivo, pero pensamos que aínda hai cousas que se poden mellorar”, recalcou a docente, referíndose ao “aumento da temporalidade” na contratación do profesorado, ao que lle respondeu o candidato a vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, Manuel Ramos, subliñando que, un dos obxectivos prioritarios para este segundo mandato será “avanzar no grao de consolidación” do persoal docente e investigador.

    O exdecano da facultade, Jorge Falagán, tivo palabras de agradecemento para Reigosa e o seu equipo, “polo apoio que sempre lle deron a este centro”, e tamén lles chegaron verbas de gratitude desde o PAS pola posta en marcha do proceso de funcionarización.

    Tras o paso pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias, o reitor desprazouse ata a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Mañá martes a comitiva electoral desprazarase ao campus cidade, cun primeiro encontro ás 10.00 horas na nova Facultade de Comercio, e un segundo ás 12.00 horas na Escola de Enxeñería Industrial (sede cidade). A maiores, ante a demanda do Persoal de Administración e Servizos dun encontro específico con este colectivo, o candidato a reitor organizou unha xuntanza específica para o PAS este martes ás 13.45 horas no salón de actos do edificio Ernestina Otero.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    La fotografía muestra una parte de la Rúa Xulián Estévez, en el barrio de Teis, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR