• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 5 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Volven o Camiño a Camiño e as hortas urbanas

    O Concello de Vigo retoma os percorridos medioambientais do Camiño a Camiño con sete saídas entre marzo e maio. Tamén este mes volven os traballos as hortas urbanas municipais e os cursos de iniciación ao voluntariado ambiental
    Redacción por Redacción
    04 de Mar, 2022
    en Local
    0
    La  App “Vigo” incorpora 13 rutas medioambientales interactivas

    O Concello de Vigo retoma os percorridos medioambientais do Camiño a Camiño con sete saídas entre marzo e maio. Tamén este mes volven os traballos as hortas urbanas municipais e os cursos de iniciación ao voluntariado ambiental. O alcalde, Abel Caballero, presentou este venres ambas iniciativas en rolda de prensa.

    No Camiño a Camiño participaron xa máis de 13.000 persoas, explicou o alcalde, desde o inicio desta iniciativa, que programa novas saídas desde este mes. Están previstas 7 actividades durante o período 13 de marzo – 8 de maio. Tamén está previsto incrementar o número de participantes en cada percorrido, subindo a 150 por etapa.

    Durante o mes de marzo abordaranse as sendas azuis de Vigo, que poñen en valor os recursos naturais a carón do curso baixo do río Lagares e da costa de Vigo, onde dispomos dun total de 56 areais, moitos deles catalogados con Bandeira Azul pola calidade das augas de baño e servizos asociados. Particularmente faranse tres traxectos: senda azul do Lagares-Canido (13 marzo), senda entre Cabo Estai e Bouzas (20 marzo) e senda litoral e do monte da Guía (27 de marzo).

    Durante os tres domingos ordinarios de abril vaise levar a cabo unha experiencia interesante de circular polo camiño histórico que unía Tui e Vigo e que en moitos casos coincide cos camiños reais ou estradas da antigüidade. Estes camiños sempre eran coherentes coa orografía e ca paisaxe da época e permiten coñecer de preto a bisbarra de Vigo dado que se vai circular por algúns dos espazos naturais máis conservados de lugares como Couso, Vincios e Comesaña.

    Para rematar cos percorridos, o 8 de maio terá unha clásica travesía urbana entre Bembrive e Coruxo, pasando por Castrelos, na que se combinará o camiño do románico de Vigo cos hábitats dos afluentes do Lagares.

    En definitiva, comprobarase durante as sete etapas previstas como se combina o hábitat no espazo periurbano de Vigo e como a día de hoxe se dispoñen de “oasis” naturais de gran valor ecolóxico.

    As hortas urbanas iniciarán a partir de mediados de marzo os preparativos para arrancar coas plantacións de primavera, nas que como todos os anos plantaranse tomates, pementos, cebolas, berenxenas, leitugas, raviños, cabaciños, apio, espinacas, etc.

    As actividades realízanse en Navia, Pedro Alvarado, Fontáns, Ramón Nieto, Sardomela e Camelias. En total están dispoñibles 13.000 m2 de superficie para esta actividade.

    Para acceder ás hortas escola están previstos dous Cursos básicos de hortas urbanas. Celebraranse nas propias hortas entre o 15 e o 17 de marzo, de 16:30 a 18:30. A inscrición pódese realizar no 010 (986 81 02 60 para móbiles) entre o luns e o mércores da semana da actividade, así como na propia horta.

    A participación nos programas de educación medioambiental complétanse coa posibilidade que teñen todos os veciños e veciñas de Vigo de colaborar nas políticas medioambientais desenvoltas dende o Concello e Vigo no Programa de voluntariado medioambiental.

    Para esta primavera está previsto desenvolver labores de recuperación do Monte da Guía e nos Montes de Vigo, realizando entre outras labouras a erradicación de acacia negra e eucalipto en zonas de interese público, limpeza de espazos protexidos, así como labouras de mantemento e limpeza dos sendeiros locais. Estas tarefas realízanse os sábados pola mañá, así como martes e xoves pola tarde.

    Proseguirase tamén co paseo dos cans do Refuxio de animais abandonados de Vigo, que se realiza todos os mércores pola mañá, así como actividades de voluntariado en Vigozoo, os xoves pola tarde.

    Para poder participar no programa é preciso realizar o Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental previsto o xoves 17 de marzo, de 16:30 a 18:30, e o sábado 19 de marzo, de 10 a 13h. Para inscribirse hai que chamar ao 010 (986 81 02 60 para móbiles) entre o luns e o mércores da semana da actividade.

    Toda a información relativa ao programa e aos detalles do mesmo atópase na web da Concellería de Medio Ambiente e no blog: caminoacaminovigo.blogspot.com. O proceso de inscrición realizase a través do 010 (986810260 se se chama dende móbil).

    43

    Tags: Camiño a CamiñoHortas

    RelacionadosArtículos

    Resurge la cuna de Vigo mientras Barrio do Cura fulmina sus últimos vestigios
    Local

    Cuatro afortunados, los nuevos propietarios de los lujosos dúplex del Casco Vello de Vigo

    13 de Oct, 2025
    Los dos lujosos dúplex de un «emblemático» edificio del Casco Vello Alto estarán acabados «muy pronto»
    Local

    Los dos lujosos dúplex de un «emblemático» edificio del Casco Vello Alto estarán acabados «muy pronto»

    02 de Jun, 2025
    Camiño a Camiño 2025, 17 años de rutas que conectan Vigo con la naturaleza
    Polideportivo

    Camiño a Camiño 2025, 17 años de rutas que conectan Vigo con la naturaleza

    17 de Mar, 2025
    Avanzan las obras de los dos nuevos dúplex del Casco Vello de Vigo
    Local

    Avanzan las obras de los dos nuevos dúplex del Casco Vello de Vigo

    03 de Feb, 2025
    Vuelve ‘Camiño a Camiño’ con rutas en cinco espacios naturales de Galicia
    Local

    Vuelve ‘Camiño a Camiño’ con rutas en cinco espacios naturales de Galicia

    09 de Ago, 2024
    Arrancan las obras de dos lujosos dúplex con patio interior en el Casco Vello
    Local

    Arrancan las obras de dos lujosos dúplex con patio interior en el Casco Vello

    15 de Jul, 2024

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El balcón de los sueños
    Más Vigo

    El balcón de los sueños

    El mirador del Paseo de Alfonso XII, en la ciudad de Vigo, sigue siendo un punto de reunión tanto para...

    por Julio Alonso
    05 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo
    Libros

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo

    El espacio cultural Évame Oroza se convertirá este miércoles en el epicentro de la poesía y la reflexión sobre la...

    por Redacción
    04 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR