• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 19 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    “As vagas de calor mariñas están levando as especies aos seus límites de tolerancia”

    Elena Ojea, autora principal do capítulo sobre océanos do 6º informe do IPCC, colaborou durante cinco anos no estudo internacional 'Cambio Climático 2022: Impactos, Adaptación e Vulnerabilidade' presentado en Berlín
    Redacción por Redacción
    28 de Feb, 2022
    en Local
    0
    “As vagas de calor mariñas están levando as especies aos seus límites de tolerancia”

    A investigadora Elena Ojea. / Foto: Miguel Núñez

    Coa presentación pública este mediodía en Berlín da achega do Grupo de Traballo II no Sexto Informe de Avaliación do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), rematan cinco anos de traballo de preto de 300 investigadores e investigadoras de arredor de 70 países. A docente e coordinadora do grupo de investigacion Future Oceans Lab da UVigo, Elena Ojea, forma parte do 41% de científicas de todo o mundo que participaron na elaboración de Cambio Climático 2022: Impactos, Adaptación e Vulnerabilidade, a máis recente avaliación do IPCC, no que o principal órgano internacional para a avaliación do cambio climático, brinda aos gobernos información científica para que poidan desenvolver políticas climáticas. 

    O informe presentado hoxe revela que o incremento das vagas de calor, secas e inundacións xa están a superar a tolerancia das plantas e os animais, ademais de provocando mortalidades masivas de especies como árbores e corais. Uns extremos climáticos que están a ocorrer de xeito simultáneo, ocasionando impactos de xeito secuencial, que son cada vez máis difíciles de manexar, e que expuxeron a millóns de persoas a unha aguda inseguridade alimentaria e de auga, especialmente en África, Asia, América Central e do Sur, en illas pequenas e no Ártico. Nun mundo que se enfronta a múltiples perigos climáticos inevitables durante as dúas próximas décadas, cun quecemento global de 1,5ºC, as e os autores do informe e os responsables do IPCC inciden que existen opcións para adaptarse a un clima cambiante, para reducir os riscos climáticos e mesmo para mellorar a vida das persoas. “A evidencia científica é inequívoca: o cambio climático é unha ameaza para o benestar humano e a saúde do planeta. Calquera retraso adicional na acción global concertada impedirá asegurar un futuro habitable”, asegurou este mediodía Hans-Otto Pörtner. copresidente do Grupo de Traballo II do IPCC na presentación do Informe, sobre o que, Hoesung Lee, presidente do IPCC sinalou que “é unha grave advertencia sobre as consecuencias da inacción”.

    Vagas de calor mariñas que levan ás especies aos seus límites de tolerancia

    Xunto a outros 12 expertos, Elena Ojea é autora principal do capítulo 3, Ocean and coastal ecosystems and their services, do informe do Grupo de Traballo II, “isto quere dicir que entre os 13 fixemos a síntese da evidencia científica máis recente e escribimos o capítulo, ao que contribuín dende o meu coñecemento multidisciplinar sobre impactos e adaptación en sistemas mariños, achegando a visión das ciencias sociais ao grupo”, explica a investigadora da UVigo, que destaca a relevancia desta cuestión para poder avaliar a vulnerabilidade da poboación costeira aos impactos do cambio climático e as respostas que dende a xestión se poden dar.

    No capítulo 3 do Informe no que participou, a coordinadora de Future Oceans Lab, Elena Ojea destaca, entre as conclusións principais ás que chegaron as e os investigadores, que as vagas de calor mariñas que duran entre semanas e meses están levando ás especies mariñas aos seus límites de tolerancia. “En concreto, moitos  ecosistemas de arrecifes de coral, bosques de algas (kelp) ou praderías mariñas mudarán se a temperatura global aumenta por enriba de grao e medio. Vemos tamén que xa nos estamos adaptando aos impactos mariños pero non é suficiente”, explica Ojea, que apunta que, neste eido, unha conclusión de todo informe é que se precisa emprender unha adaptación transformadora. “Isto significa reinventar as institucións para ser quen de superar os obstáculos históricos. Para o mar, temos identificado adaptacións que consisten en restaurar e conservar a natureza (como restauración de humidais costeiros), que ademais de reducir impactos se se deseñan ben, poden mellorar desigualdades existentes entre a poboación (que a fai vulnerable) e ter procesos de toma de decisión xustos e inclusivos, contribuíndo aos obxectivos de desenvolvemento sostible”, detalla a investigadora da UVigo.

    Outros 17 capítulos conforman o informe, no que se tamén se inclúen apartados relativos a cuestións como ecosistemas terrestres e auga doce e os seus servizos; auga; cidades, asentamentos e infraestruturas clave; saúde, benestar e a estrutura cambiante das comunidades ou alimentos e outros produtos do ecosistema. 

    Un esforzo motivador e un proceso moi colaborativo

    Elena Ojea e o catedrático Xavier Labandeira confirmaron á UVigo en 2018 como a única institución académica española con dous participantes na elaboración do Sexto Informe de Avaliación do IPCC. Á espera de que o Grupo III no que participa Labandeira como revisor editor presente en próximos meses as conclusións do seu traballo, Ojea fai un  balance moi positivo da súa participación no traballo desenvolvido polo Grupo II. “Para min tomar parte neste informe foi todo un reto pola inmersión e o esforzo que require e pola responsabilidade que implica. Pero este traballo duro, compénsase co estimulante e gratificante que é o proceso de aprender e colaborar con científicos de todos os eidos do coñecemento, de diversidade de culturas e orixes. Ademais o fin último de informar aos gobernos e a poboación xeral do estado dos impactos e adaptación do cambio climático é moi motivador”, asegura.

    Como moi “colaborativo” define Elena Ojea un proceso que fomenta o intercambio de coñecemento entre autores de diferentes capítulos de xeito formal, pero tamén informal. “Por exemplo, houbo moitos grupos propostos e outros nados no proceso para ter discusións científicas sobre temas transversais como o coñecemento indíxena, os riscos, a adaptación, o desenvolvemento resiliente ou xénero, entre outros”, detalla a investigadora, que lembra que, ademais das presencias na etapa precovid, se fan moitas reunións virtuais, a todo tipo de horas, para coincidir con autores que están nas antípodas.

    Optimismo sobre o impacto do informe nos responsables políticos

    Desde a súa creación en 1988, o IPCC elaborou cinco informes de avaliación, que son unha achega clave nas negociacións internacionais para abordar o cambio climático, o que fai do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático “a referencia indiscutible para a ciencia sobre cambio climático. Os autores somos voluntarios e calquera interesado pode presentarse, aínda que logo o IPCC fai unha selección”, detalla Elena Ojea.

    A coordinadora de Future Oceans Lab asegura ser optimista en canto ao impacto que o informe que hoxe de presentou poida ter entre os responsables políticos, sen perder de vista a próxima COP27 de Exipto. “Ata o de agora, cada informe do IPCC ten cambiado a política climática internacional e espero que con este se consigan cambios importantes. Sempre se necesita máis do que se compromete e gustaríame que o sexto informe sexa un punto de inflexión”, reflexiona Ojea.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Investigadores de la UVigo alertan de la invasión de acacias y consecuencias «críticas» en los bosques atlánticos
    Local

    Investigadores de la UVigo alertan de la invasión de acacias y consecuencias «críticas» en los bosques atlánticos

    17 de Sep, 2025
    Regresa G-Night con más 200 actividades gratuitas para despertar tu vocación científica
    Local

    Regresa G-Night con más 200 actividades gratuitas para despertar tu vocación científica

    15 de Sep, 2025
    La Xunta concluye los trabajos de investigación en las mámoas de As Xunqueiras de Vigo
    Arqueología

    La Xunta concluye los trabajos de investigación en las mámoas de As Xunqueiras de Vigo

    15 de Sep, 2025
    Concello y UVigo firman un convenio para trabajar en la candidatura de Cíes a Geoparque de la Unesco
    Local

    Concello y UVigo firman un convenio para trabajar en la candidatura de Cíes a Geoparque de la Unesco

    11 de Sep, 2025
    La UVigo inicia el curso con «magníficos» datos de matrícula a la espera de elegir nuevo rector
    Local

    La UVigo inicia el curso con «magníficos» datos de matrícula a la espera de elegir nuevo rector

    08 de Sep, 2025
    Más de 2.000 estudiantes conocen ya la UVigo antes de arrancar el curso universitario
    Local

    Más de 2.000 estudiantes conocen ya la UVigo antes de arrancar el curso universitario

    06 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Gran Vía y «Ponle Freno» unen fuerzas por la seguridad vial

    El gigante polaco de la moda y el hogar abre una nueva tienda en la ciudad

    por David Augusto
    13 de Sep, 2025
    0

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    por María Alonso
    15 de Sep, 2025
    0

    Profanación artística en O Porriño

    Profanación artística en O Porriño

    por Julio Alonso
    13 de Sep, 2025
    0

    El espíritu de un mítico restaurante de Vigo renace bajo el nombre de L’Amore

    El espíritu de un mítico restaurante de Vigo renace bajo el nombre de L’Amore

    por David Augusto
    12 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Seis años sin el mirador del Paseo de Alfonso XII
    Más Vigo

    Seis años sin el mirador del Paseo de Alfonso XII

    Estos días de septiembre del año 2025 se llevaron a cabo obras en el mirador del Paseo de Alfonso XII...

    por Julio Alonso
    19 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina

    A asociación cultural Évame Oroza acolle mañá mércores, 17 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro "Malversaciones. Milei...

    por Redacción
    16 de Sep, 2025

    OPINIÓN

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina
    Opinión

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina

    Esta Vuelta a España la ha ganado Palestina. Sin duda. Opino que nunca se debiera haber permitido que Israel participara...

    por Julio Alonso
    16 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR