• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    Catro alumnas da UVigo xa son referentes para futuras xeracións de científicas e tecnólogas

    Ana Ramírez, do Máster en Biotecnoloxía, e Marielena Márquez, de Telecomunicación, son as gañadoras. Xunto a elas foron tamén recoñecidas Uxía López, do Grao en Química, e Andrea Busto, do Mestrado de Telecomunicación
    Redacción por Redacción
    03 de Feb, 2022
    en Local
    0
    Catro alumnas da UVigo xa son referentes para futuras xeracións de científicas e tecnólogas

    Foto de familia das alumnadas premiadas coas autoridades.

    Ana Ramírez, estudante do Mestrado en Biotecnoloxía Avanzada, e Marielena Márquez, do de Enxeñaría de Telecomunicación, son as dúas alumnas gañadoras da segunda edición dos Premios GirlGeekCovid, un recoñecemento co que a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra poñen en valor os mellores expedientes femininos nas carreiras de Ciencias e Enxeñaría da UVigo, áreas nas que as mulleres apenas representan o 32% do alumnado. Xunto a elas foron tamén recoñecidas con cadanseu accésit, Uxía López,  do Grao en Química, e Andrea Busto, alumna do Mestrado de Telecomunicación. As catro teñen expedientes académicos brillantes e as catro son un excelente exemplo do bo facer das mozas nas denominadas titulacións STEM ou CTEM, siglas en inglés e español de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas.

    A entrega de premios, enmarcada nas actividades da Cátedra de Feminismos 4.0, tivo lugar na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo e contou coa participación do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que, ademais de darlles as grazas e os parabéns, lles fixeron un pedimento: “que sigan apoiando sempre a causa da igualdade”, tal e como lles recalcou o reitor. Ambos remarcaron a importancia de “visibilizar” a excelencia das mozas que estudan STEM, que teñen uns currículos extraordinarios e que, polo tanto, “son referentes para outras nenas e outras mozas que teñen que decidir a que se van dedicar, unha decisión transcendental que só deberían tomar desde a liberdade”, enfatizou a presidenta da Deputación.

    “Ser muller e ter éxito no ámbito STEM é máis que posible”

    As gañadoras do primeiro premio recibirán cada unha 2.000 euros e as alumnas galardoadas cun accésit 1.000. O xurado valorou tanto o expediente académico (nota media do expediente ata o curso 2020/2021 igual ou superior a 7 nas titulacións da rama de enxeñaría e a 8 nas titulacións da rama de ciencias) como a motivación das mozas, que presentaron unha carta na que amosaron, por unha banda, as razóns que as levaron a optar por realizar estudos universitarios no ámbito das STEM e, por outra, onde reflexionaron sobre a súa experiencia persoal como mulleres nun ámbito tradicionalmente masculinizado.

    “Estamos aquí para reivindicar que se valoren os nosos éxitos e as nosas contribucións nun mundo no que ademais das dificultades convencionais temos que afrontar aquelas que derivan do feito de ser mulleres”, recalcou tras recoller o premio Ana Ramírez, gañadora da categoría de Ciencias. “É fundamental que loitemos xuntos para destruír os estereotipos que aínda existen para que no futuro as nenas escollan libremente a que se queren dedicar e saiban que poden ter éxito en todos os campos do coñecemento e que os seus éxitos serán recoñecidos”, recalcou esta moza bióloga, ao tempo que fixo fincapé en que “ser muller e ter éxito no ámbito STEM é máis que posible”

    No caso da gañadora na categoría de enxeñaría, Marielena Márquez, animou a todas as alumnas universitarias a seguir loitando porque “as mulleres sexan visibles en todos os ámbitos da ciencia e a tecnoloxía”. Ademais de á propia Universidade e á deputación, agradeceu o premio a todos os docentes e compañeiros que formaron parte da súa vida académica, “que non só nunca me puxeron trabas, senón que sempre me impulsaron a chegar a ser o que son hoxe, enxeñeira de telecomunicación”.

    “Catro mulleres novas, moi valentes e esperanza para todas nós”

    A apertura do acto correu a cargo de Carmela Silva que se referiu ás premiadas como “catro mulleres novas, moi valentes e esperanza para todas nós”. Tal e como destacou na súa intervención, neste momento a Intelixencia Artificial, que forma parte do día a día da sociedade, desde os móbiles ata as redes sociais, “non soamente ten pensamento de home, senón que ten un pensamento machista” e isto é algo que só pode corrixirse cun mundo no que o 50% da tecnoloxía a fagan os homes e o outro 50% as mulleres. “Desde que nacemos oriéntasenos cara a onde temos que ir, elas cara aos coidados, no senso máis amplo da palabra, e eles cara aos liderados e a toma de decisións, a construción da intelixencia de todo tipo, a dirección,  a investigación… e, polo tanto, cando temos que decidir estamos xa estereotipados e estereotipadas”.

    Tamén o reitor insistiu na súa intervención na necesidade de que as mulleres ocupen a metade do espazo, tanto nas carreiras tecnolóxicas como nas científicas. “Penso que o mellor xeito de que as nosas rapazas sintan que poden desenvolver aquilo que lles gusta é que non haxa estereotipos cara as titulacións, e para iso precisámosvos como referentes”, recalcou Reigosa. “Vexo catro mulleres moi novas, coas ideas moi claras e que estou seguro que van funcionar como referentes para que esta loita, que é de toda a sociedade que quere a igualdade, incluídos a maior parte dos homes, non decaia nunca”.

    En enxeñaría só o 23% das persoas matriculadas son mulleres

    Aínda que a distribución do alumnado na Universidade de Vigo é paritaria (48% de homes e 52% de mulleres), segundo se desprende do seu Observatorio de Igualdade de 2021, o xénero feminino mostra maior presenza en tres das catro ramas de coñecemento: artes e humanidades, ciencias da saúde, e ciencias sociais e xurídicas, cunha sobrerrepresentación do 72%, 76% e 61%, respectivamente. 

    Doutra parte, do mesmo xeito ca o ano anterior, a rama de enxeñaría e arquitectura presenta unha forte masculinización, xa que o 77% do alumnado son homes e o 23% mulleres. Esta fenda é aínda máis relevante se se ten en conta que o alumnado matriculado nestas áreas de coñecemento representa o 27,5% do total. Ademais, estes ámbitos son os que concentran o groso das carreiras STEM que se imparten na universidade. En total, das 7.615 persoas que estudan ciencias e enxeñaría e arquitectura, só o 32% son mulleres. Apréciase por tanto que a fenda de xénero entre ramas de coñecemento persiste, así tamén os típicos estereotipos de xénero, pois as mulleres mostran preferencia por carreiras relacionadas con tarefas administrativas, o coidado e temáticas sociais. En cambio, os homes inclínanse por elixir carreiras relacionadas coa tecnoloxía e coa ciencia.

    Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade e da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo, que foi a encargada de conducir o acto de entrega de premios asegurou que, pese a que hoxe en día as mulleres son maioría nas universidades galegas, “aínda estamos pouco representadas nalgúns ámbitos como o STEM e, máis en concreto, nas disciplinas PECS (Physics, Engineering, Computer, Science)”. Porén, amosouse convencida de que, seguramente en breve, “reverterase esa tendencia”. Para conseguilo, sinalou que “é preciso ciencia e conciencia, convicción e confianza, como a que amosan as gañadoras dos premios GirlGeekCovid”. 

    Nova sesión do obradoiro de autodefensa dixital

    Pola tarde, de 16 a 18 h, o colectivo Donestech impartirá a segunda sesión do obradoiro práctico en formato online sobre autodefensa dixital feminista con perspectiva de xénero, que celebrou a súa primeira xornada o pasado 27 de xaneiro. A través deste taller, as persoas participantes poderán coñecer e combater os distintos tipos de violencias machistas dixitais.
     

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR