• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 19 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    Editan por primeira vez en galego o libro ‘Sobre a revolución dos orbes celestes’ de Nicolás Copérnico

    Escrito en latín en 1543, é un dos textos científicos máis relevantes da historia. A obra está realizada polos profesores Nicanor Alonso, Miguel Mirás e Raúl Gómez Pato, do Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo
    Redacción por Redacción
    13 de Ene, 2022
    en Local
    0
    Editan por primeira vez en galego o libro ‘Sobre a revolución dos orbes celestes’ de Nicolás Copérnico

    Nicanor Alonso e Miguel Mirás con cadanseu exemplar de O libro que ninguén puido ler. / Foto: DUIV

    “Copérnico é un dos autores que máis influíu no devir da ciencia e resultaba abondo sorprendente non dispoñer dunha versión en galego da súa obra”. A esta situación foi a que lle puxeron solución os profesores do Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo Nicanor Alonso e Miguel Mirás e o poeta e profesor de educación secundaria Raúl Gómez Pato, autores de O libro que ninguén puido ler, primeira tradución ao galego da obra de Nicolás Copérnico Sobre a revolución dos orbes celestes, publicado en latín no 1543 e na que o autor avoga por unha idea naquel intre absolutamente revolucionaria: o modelo heliocéntrico do universo, coa Terra xirando ao redor do Sol, fronte ao xeocéntrico –co Sol xirando a redor da Terra- imperante ata daquela.

    Editado polo Servizo de Publicacións da Uvigo, O libro que ninguén puido ler permite achegar na súa propia lingua á sociedade galega un dos textos científicos máis relevantes da historia. Trátase dun conxunto de textos científicos cos que Copérnico sabía que abriría a caixa de Pandora, polo que dubidou moito antes de dalos a coñecer, facéndoo finalmente en 1543. O primeiro exemplar chegou ás súas mans o 24 de maio dese mesmo ano, estando el xa no seu leito de morte, a salvo de represalias. O texto non tardou en pasar a formar parte da lista de libros prohibidos pola Igrexa Católica, pero, co tempo, non se puido evitar que outros tomasen a testemuña, sufrindo por iso duros castigos: Giordano Bruno morrerá na fogueira, e Galileo Galilei deberá abxurar en público desta idea. 

    En homenaxe a estes continuadores das ideas de Copérnico, a obra inclúe a tradución ao galego da sentenza que condenou a Galileo en 1633 e a abxuración que se viu obrigado a pronunciar para salvar a vida, “documentos de grande interese histórico”, tal e como destacan os autores. “Ademais na obra presentamos un estudo polo miúdo do texto, explicando os seus aspectos matemáticos e incorporando datos relevantes sobre o contexto histórico”, salienta Alonso, quen recalca o feito de que, precisamente por este motivo, a obra “pode interesar tanto aos que se acheguen a el como curiosidade científica como histórica”.

    Ciencia e humanidades, “lonxe de ser antagónicas son complementarias”

    A tradución fíxose directamente ao galego dende a versión orixinal en latín grazas ao profesor Raúl G. Pato. “A necesidade da tradución estaba clara e contabamos co apoio da Universidade a través do Servizo de Publicacións, pero nós somos docentes de Matemáticas e o texto orixinal a traducir, de 1543, estaba en latín”, explican os docentes da UVigo. E aí tiveron a “inmensa fortuna” de atopar ao profesor Raúl Gómez Pato, a quen non coñecían, pero que dende o primeiro momento se comprometeu a axudalos. El foi o encargado de traducir o texto directamente ao galego dende o latín. “Honradamente, este libro non tería visto a luz de non ser pola súa intervención. Foi a nosa primeira colaboración, e oxalá non sexa a última, pois o contacto entre docentes da Universidade e de centros de ensino medio é moi beneficioso para todos”, recalca Alonso, recalcando a idea de que o libro é un exemplo de colaboración entre o ensino universitario e o secundario, ademais de pór de manifesto “que as Humanidades e a Ciencia, lonxe de ser antagónicas, son complementarias”.

    Matemáticos comprometidos coa divulgación científica en galego

    Esta non é, nin moito menos, a primeira obra divulgativa realizada de xeito conxunto polos docentes Nicolás Alonso e Miguel Mirás. Ás súas costas contan xa con traballos como a tradución do libro Arenarius de Arquímedes, considerado o primeiro texto de divulgación científica da historia, e o libro Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en matemáticas, o único texto a nivel mundial que amosa a historia da ciencia numérica acompañada de anécdotas, problemas clásicos e crebacabezas. 

    “Na nosa opinión o galego goza dunha produción literaria dun nivel excelente, cun abano importante de autoras e autores que proporcionan unha literatura variada e de calidade, pero por desgraza non se pode dicir o mesmo no campo científico”, salienta Alonso, quen considera que neste eido hai dúas tarefas pendentes: a divulgación científica, por unha banda, e a tradución de textos científicos, pola outra. “A nosa intención nestes últimos anos é paliar no posible este baleiro e desta volta tocou actuar traballando no segundo dos apartados”, salientan os autores, ao que engaden que tamén se trata de “desbotar de vez a idea de que a nosa lingua non é útil para facer ou falar de ciencia. Se persoas da talla de Copérnico falan galego, que persoa culta pode negarse a facelo?”.

    As persoas interesadas en mercar este libro poden consultar os puntos de venda na web do Servizo de Publicacións.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Investigadores de la UVigo alertan de la invasión de acacias y consecuencias «críticas» en los bosques atlánticos
    Local

    Investigadores de la UVigo alertan de la invasión de acacias y consecuencias «críticas» en los bosques atlánticos

    17 de Sep, 2025
    Regresa G-Night con más 200 actividades gratuitas para despertar tu vocación científica
    Local

    Regresa G-Night con más 200 actividades gratuitas para despertar tu vocación científica

    15 de Sep, 2025
    La Xunta concluye los trabajos de investigación en las mámoas de As Xunqueiras de Vigo
    Arqueología

    La Xunta concluye los trabajos de investigación en las mámoas de As Xunqueiras de Vigo

    15 de Sep, 2025
    Concello y UVigo firman un convenio para trabajar en la candidatura de Cíes a Geoparque de la Unesco
    Local

    Concello y UVigo firman un convenio para trabajar en la candidatura de Cíes a Geoparque de la Unesco

    11 de Sep, 2025
    La UVigo inicia el curso con «magníficos» datos de matrícula a la espera de elegir nuevo rector
    Local

    La UVigo inicia el curso con «magníficos» datos de matrícula a la espera de elegir nuevo rector

    08 de Sep, 2025
    Más de 2.000 estudiantes conocen ya la UVigo antes de arrancar el curso universitario
    Local

    Más de 2.000 estudiantes conocen ya la UVigo antes de arrancar el curso universitario

    06 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Gran Vía y «Ponle Freno» unen fuerzas por la seguridad vial

    El gigante polaco de la moda y el hogar abre una nueva tienda en la ciudad

    por David Augusto
    13 de Sep, 2025
    0

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    por María Alonso
    15 de Sep, 2025
    0

    Profanación artística en O Porriño

    Profanación artística en O Porriño

    por Julio Alonso
    13 de Sep, 2025
    0

    El espíritu de un mítico restaurante de Vigo renace bajo el nombre de L’Amore

    El espíritu de un mítico restaurante de Vigo renace bajo el nombre de L’Amore

    por David Augusto
    12 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Seis años sin el mirador del Paseo de Alfonso XII
    Más Vigo

    Seis años sin el mirador del Paseo de Alfonso XII

    Estos días de septiembre del año 2025 se llevaron a cabo obras en el mirador del Paseo de Alfonso XII...

    por Julio Alonso
    19 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina

    A asociación cultural Évame Oroza acolle mañá mércores, 17 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro "Malversaciones. Milei...

    por Redacción
    16 de Sep, 2025

    OPINIÓN

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina
    Opinión

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina

    Esta Vuelta a España la ha ganado Palestina. Sin duda. Opino que nunca se debiera haber permitido que Israel participara...

    por Julio Alonso
    16 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR