• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 12 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    O título da UVigo en Ciberseguridade Industrial, único en Galicia, abre con todas as prazas cubertas

    O seu coordinador, Ignacio Armesto, destaca o “éxito” de acollida desta formación que comezará a docencia este xoves cunhas xornadas técnicas sobre a industria 4.0
    Redacción por Redacción
    12 de Ene, 2022
    en Local
    0
    O título da UVigo en Ciberseguridade Industrial, único en Galicia, abre con todas as prazas cubertas

    A directora da EE de Telecomunicación, o vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, a directora da Escola Aberta de Formación Permanente e o coordinador do título. / Foto: Uvigo

    O título propio en Ciberseguridade Industrial, único en Galicia, comezará a impartirse esta mesma semana e farao con todas as súas prazas cubertas. Esta acollida é cualificada como “todo un éxito” polo profesor José Ignacio Armesto, coordinador do mesmo, xunto co tamén docente Miguel Díaz-Cacho, ambos do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática. Esta será a primeira edición dunha titulación propia da Universidade de Vigo que se insire dentro da oferta académica da Escola Aberta de Formación Permanente e que nace para tender pontes entre o perfil formativo industrial e o das tecnoloxías da información e as comunicacións nun contexto de dixitalización das plantas industriais.

    Trátase, como explican os seus impulsores, de dar resposta ás necesidades do mercado laboral, que demanda para a Industria 4.0 profesionais cun maior nivel de cualificación tecnolóxica, como se recolle, de feito, no informe Galicia 2030: Proposta de novas titulacións para o SUG, no que se sinala o eido da ciberseguridade na contorna industrial como un dos nichos laborais de futuro que requiren dunha formación específica que ata agora non existe na comunidade autónoma.

    O curso, que se impartirá de maneira totalmente virtual a través de Campus Remoto ata o mes de setembro, busca actualizar os coñecementos dos profesionais do eido industrial e tamén formar novos especialistas. E é que un tecido industrial cada vez máis conectado, tanto horizontal, é dicir, entre as liñas de produción e as máquinas, como vertical, entre as máquinas e os sistemas de xestión da produción, presenta tamén novos riscos e vulnerabilidades. Fronte a estas ameazas son precisos profesionais que poidan xestionar adecuadamente estas situación e adoptar as medidas de protección necesarias para evitar ciberataques, perdas na propiedade industrial das compañías ou mesmo a paralización da produción. 

    A formación será eminentemente práctica e técnica, empregando ferramentas e tecnoloxías de fabricantes como Siemens, Fortinet, Microsoft ou Nozomi Networks, entre outras. Ademais, o título conta co apoio e participación de multinacionais do sector, polo que a docencia será impartida por profesorado das escolas de Enxeñería Industrial e de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo e tamén por profesionais de Siemens, Muutech, Microsoft, Inprosec, Gadisa, Accenture, Nueva Pescanova ou Tecdesoft Automation. 

    130 persoas interesadas e as 30 prazas cubertas

    A valoración que o profesor José Ignacio Armesto fai da acollida desta primeira edición é “moi boa”, xa que dende que se aprobou esta nova titulación no mes de outubro “solicitaron información sobre o mesmo máis de 130 persoas” e arranca coas 30 prazas cubertas. Respecto ao perfil do alumnado, principalmente son galegos e galegas, aínda que sete proceden o resto de España e un de Latinoamérica. Son na súa maioría profesionais do sector, xunto con tres estudantes de grao e mestrados, dous deles gañadores dunha bolsa de Feuga. Respecto da súa formación, son principalmente titulados e tituladas en enxeñaría industrial e enxeñaría de Telecomunicación, así como algún procede do eido da enxeñaría informática e da enxeñaría de procesos químicos industriais.

    Xornadas sobre casos de éxito de empresas como Stellantis, Adif, Iberia ou Navantia

    O curso arranca esta semana coa celebración dunha xornadas técnicas os días 13 e 14 en modalidade virtual que serán emitidas en directo e aberto a través da canle 1 de UVigo-TV.

    Estas xornadas centraranse na Industria 4.0, os seus antecedentes  e as tecnoloxías habilitadoras e contará coas achegas e relatorios de profesionais do sector que afondarán, por exemplo, na ciberseguridade en sistemas de control industrial, as comunicacións industriais dende unha visión holística, o IIoT ou internet industrial das cousas como corazón da Industria 4.0, a intelixencia artificial ou os retos do futuro inmediato. A segunda xornada, a do día 14, centrarase en casos de éxito en diferentes sectores industriais, como a automoción, a distribución de enerxía, o transporte terrestre e o aéreo ou o sector naval e militar. Para estas ponencia as xornadas contarán coa participación de representantes de empresas como Stellantis, Red Eléctrica Española, Adif, Iberia ou Navantia

    43

    Tags: CiberseguridadUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rebajas de Vigo
    Más Vigo

    Rebajas de Vigo

    Esta fotografía da testimonio de la aglomeración de gente que llenó las calles de Vigo durante los primeros días de...

    por Julio Alonso
    12 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR