• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 24 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O BNG demanda á Xunta un aumento de 94 millóns para Vigo

    As deputadas, Alexandra Fernández e Carmela González, presentaron publicamente as emendas da fronte nacionalista centradas na reactivación produtiva e económica, o fortalecemento dos servizos públicos, atender importantes déficits históricos en infraestruturas e unha aposta pola sustentabilidade e a innovación
    Redacción por Redacción
    03 de Dic, 2021
    en Local
    0
    O BNG demanda á Xunta un aumento de 94 millóns para Vigo

    Carmela González, Alexandra Fernández e Xabier Igrexas. / Foto: BNG

    O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar un incremento substancial dos investimentos para a cidade de Vigo no proxecto de orzamentos da Xunta para o ano 2022. Desde a fronte nacionalista cualifican as contas elaboradas polo PP como «inxustas e inutéis», polo que presentaron unha batería de emendas por valor de 94 millóns de euros que buscan rematar coa «política de abandono contra Vigo» e enfrontar os graves efectos derivados da crise provocada pola pandemia.

    «Estes orzamentos son inxustos porque insisten na política de total abandono que a Xunta do PP practica contra a maior cidade de Galiza, e inúteis porque non responden ao contexto de grave crise social, laboral, produtiva e comercial que atravesa Vigo», valorou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas. «Estas contas demostran que o Partido Popular de Feixóo, pero tamén de Marta Fernández-Tapias e de Javier Guerra, non ten nada que ofrecerlle a Vigo», remachou.

    O portavoz municipal nacionalista apuntou catro grandes eixos estratéxicos para mellorar os orzamentos da Xunta en 2022: a reactivación produtiva e económica fronte á crise industrial e laboral, fortalecer os servizos públicos contra os recortes e a privatización, atender importantes déficits históricos en infraestruturas e unha aposta pola sustentabilidade e a innovación.  «Propostas en positivo que perseguen que a Xunta deixe de desertar das súas responsabilidades coa cidade, para que o Goberno galego exerza como tal tamén en Vigo», sinalou en rolda de prensa Igrexas, que presentou as emendas acompañado das deputadas no Parlamento galego, Carmela González e Alexandra Fernández.

    Reactivación industrial

    A deputada Carmela González expuso as principais medidas en materia económica a industrial diante do contexto de grave crise en Vigo, con 6.100 postos de traballo menos en actividades industriais que no ano 2009. «No proxecto de orzamentos da Xunta para 2022 hai cero euros para a industria e o emprego na cidade, cero euros para o naval e para a automoción», denunciou.

    Nesa liña para reforzar a posición de Vigo como pulmón industrial do País, a fronte nacionalista reclamou a posta en marcha dun Plan Comarcal de Reindustrialización, dun Centro Metropolitano para o impulso tecnolóxico e un Centro de reparacións do Naval. «Emendas encamiñadas a impulsar un novo modelo económico, baseado na ciencia e na innovación, que modernicen os sectores produtivos estratéxicos para crear emprego de calidade e situarnos cunha posición forte nunha economía globalizada», explicou González.

    Rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro

    Desde o BNG insistiron na urxencia de reverter a política continuada de privatización e recortes do PP e dar un xiro radical para blindar e alargar os servizos públicos. «É preciso cambiar as políticas de austericidio que están provocando unha caída da sanidade pública, un empeoramento da educación pública, e un abandono absoluto da cultura», manifestou pola súa parte a deputada Alexandra Fernández.

    Entre as emendas presentadas nesta materia destaca o rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro para a xestión pública, así como o inicio das actuacións para absorber o centro privado de Povisa na rede sanitaria pública do Sergas. Desde a fronte nacionalista lembraron que a Xunta deriva cada ano 200 millóns de euros para «cebar estas empresas privadas».

    No campo do ensino, as nacionalistas sinalaron como prioritario o aumento dos investimentos destinados a equipamentos nos centros educativos de Vigo. Entre eles, a construción dun IES en Navia, comprometido polo PP no pasado pero cunha partida «ridícula» de 50.000 euros no proxecto de contas. No mesmo barrio, demandan ademais unha biblioteca pública.

    Déficits históricos en infraestruturas

    Outro dos eixos de maior peso nas emendas formuladas polo BNG pasa por resolver déficits históricos coa cidade no terreo das infraestruturas e da mobilidade. A construción do túnel de Xulián Estévez e a prolongación do de Beiramar, o reforzo do transporte marítimo da Ría, o reforzo das conexións co Aeroporto de Peinador e a Universidade de Vigo e o estudo dun tren de proximidade que conecte Vigo cos áreas de Pontevedra e Tui son algunhas das principais propostas formuladas polo BNG.

    43

    Tags: BNG de VigoXunta de Galicia

    RelacionadosArtículos

    Los médicos rechazan los servicios mínimos que la Xunta propone en Atención Primaria
    Local

    Los médicos rechazan los servicios mínimos que la Xunta propone en Atención Primaria

    23 de Nov, 2025
    El astillero Cardama, a la espera de nuevos pasos en la denuncia de Uruguay, que tacha de «trampa» el contrato
    Economía

    El astillero Cardama, a la espera de nuevos pasos en la denuncia de Uruguay, que tacha de «trampa» el contrato

    22 de Nov, 2025
    El Concello no prevé la finalización del túnel de Elduayen hasta al menos 2029
    Local

    El Concello no prevé la finalización del túnel de Elduayen hasta al menos 2029

    20 de Nov, 2025
    El PP cuestiona la base legal para ampliar tres meses la vigencia del IOP de Vigo
    Local

    Tratan «como papel higiénico» las alegaciones al PXOM, lo que pone en peligro su viabilidad

    20 de Nov, 2025
    Caballero celebra el visto bueno al PXOM: «Un plan magnífico que no admite la especulación»
    Local

    Objetivo: salvar 13 árboles de gran porte en O Castro de la motosierra del «alcalde leñador»

    19 de Nov, 2025
    El TSXG avala que O Porriño debe pagar a Vigo por el agua que recibe de la presa de Eiras
    Local

    Caballero pide el cese de Vázquez por los problemas en Eiras y por tapar su «ineptitud» culpando al Concello

    19 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 1

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    por Redacción
    20 de Nov, 2025
    0

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    por Redacción
    22 de Nov, 2025
    0

    El barrio de Coia ya proyecta 13 nuevas viviendas (dos dúplex y terraza privada) con el visto bueno de Urbanismo

    El barrio de Coia ya proyecta 13 nuevas viviendas (dos dúplex y terraza privada) con el visto bueno de Urbanismo

    por Redacción
    19 de Nov, 2025
    0

    Y tras el vallado (otra vez) del Paseo de Alfonso, ya es real el derribo del legendario Casa Roucos

    Y tras el vallado (otra vez) del Paseo de Alfonso, ya es real el derribo del legendario Casa Roucos

    por María Alonso
    21 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un Romancero Gitano de García Lorca en Vigo
    Más Vigo

    Un Romancero Gitano de García Lorca en Vigo

    En el año 2022, el entonces estudiante universitario Iago Rodríguez Lago estaba realizando prácticas en la biblioteca del Centro Recreativo...

    por Julio Alonso
    22 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo
    Libros

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo

    El pasado viernes 21 tuvo lugar en Vigo la presentación de Necrocromo, el último libro de Carlos Segovia, escritor, pianista...

    por Gabriel Romero de Ávila
    23 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Alameda - Plaza de Compostela - 3
    Opinión

    Alameda de Vigo, ¿BIC?

    Por Ramón Boga El menguante patrimonio histórico de Vigo es el testigo de la contribución de nuestros ancestros a la...

    por Cartas al Director
    20 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR