• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 8 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    efemérides

    A Frota Imperial rusa fondea en Vigo e provoca unha crise internacional

    #TalDíaComoHoy de 1904 o nome de Vigo é repetido con inquietude nas chancelarías internacionais e esta tensión dramática durará até o día 1 de novembro
    Redacción por Redacción
    27 de Oct, 2021
    en Más Vigo
    0
    A Frota Imperial rusa fondea en Vigo e provoca unha crise internacional

    A frota rusa, na ría de Vigo.

    O nome de Vigo é repetido con inquietude nas chancelarías internacionais e esta tensión dramática durará até o día 1 de novembro. A causa disto é o famoso “incidente de Hull”, entre a escuadra rusa, que manda o almirante Rojestwenski, e uns barcos pesqueiros ingleses, atacados por aquela. Despois do episodio, a escuadra rusa refúxiase en Vigo e a noticia do queixoso incidente medra por todo o mundo.

    Saíra a flota do porto de Libau uns meses antes e dirixíase a Port Artur para reforzar as unidades navais do tsar na súa loita coas xaponesas. Ao cruzar, de noite, a escuadra de Rojestwenski fronte ao porto pesqueiro inglés de Hull, semella ser que uns torpedeiros inimigos, amparados entre os pesqueiros británicos, fixeron un intento de atacar os barcos rusos. Estes, coas luces apagadas, abriron fogo e un dos barcos pesqueiros británicos foi a pique. A escuadra proseguiu o seu rumbo a Vigo onde tiña prevista a escala para se aprovisionar de combustible que lle tiñan que subministrar carboeiros da mesma nacionalidade. A primeira hora de mañá do 26 de outubro fondeaba a escuadra expedicionaria nas nosas augas, mentres a noticia do suceso acaparaba xa a atención mundial. O almirantado británico deu ordes urxentes á súa flota en Xibraltar para que puxese rumbo a Vigo e esta chegou á boca das Cíes dous días máis tarde. A tensión na cidade e en toda España era dramática. O Goberno español tratou desde o primeiro momento de levar o asunto coa máxima diplomacia, mentres o mundo seguía atento ás informacións de prensa, que os correspondentes da nosa cidade se apresuraban a dar con todo luxo de detalles.

    Na colección de Faro de Vigo seguimos día a día as vicisitudes do incidente, cuxo resume é case imposible nunha sucinta crónica. Permitiuse ao almirante ruso e á oficialidade saltar a terra onde a poboación viguesa lles fixo obxecto das súas simpatías. Aquí soubo Rojestwenski as inusitadas proporcións que alcanzara a súa acción, acaso un pouco impremeditada, en tanto os gobernos ruso e inglés se cruzaban notas moi duras. Os xornais ingleses desatáronse en improperios, chamando aos rusos piratas e cualificando a súa flota de “escuadra de cans rabiosos”.

    O Goberno español temía que a saída dos rusos das nosas augas provocase un conflicto aberto, xa que, como temos dito, os ingleses vixiaban nas Cíes. O permiso para permanecer os rusos en Vigo era limitado e por iso a diplomacia española actuou a fondo para lograr unha boa avinza entre ambos os dous países antes de que tal prazo expirase. Se esta avinza non se producía, era evidente que a primeira grande batalla naval entre Rusia e Inglaterra se produciría nas nosas costas, acaso sen respectar as augas xurisdicionais.

    Por fin, puido lograrse que os gobernos en litixio consentisen en poñer a cuestión en mans dunha comisión encargada de abrir ampla información, con carácter internacional e sé en París. A escuadra rusa saíu libremente de Vigo o día 1 de novembro e a inglesa deixoulle paso franco. Aquela expedición estaba chamada non obstante, a ter un triste fin, xa que había de sucumbir ao pouco tempo baixo o fogo da escuadra nipona, ao mando do almirante Togo. Quizais non poucos dos nosos lectores coñecerán o vivo relato que de todo iso fixo o comandante Semenoff, un dos protagonistas da odisea, baixo o título de Camiño de sacrificio, parte dunha famosa triloxía.

    Vigo, cuxo nome repetiron nerviosamente todos os “morses” do mundo durante aquelas inquietas xeiras, volveu respirar con tranquilidade.

    27 de outubro de 1904. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)

    43

    Tags: efeméridesTal Día Como Hoy

    RelacionadosArtículos

    Diez años de Vigoé: de la revuelta del Alfageme al escándalo del Mundial
    Local

    Diez años de Vigoé: de la revuelta del Alfageme al escándalo del Mundial

    28 de Mar, 2025
    150 años de La Concordia
    Más Vigo

    150 años de La Concordia

    28 de Ene, 2023
    Litixio polos dereitos na capela maior da Colexiata
    Más Vigo

    Unha nova Colexiata para Vigo

    13 de Mar, 2022
    Fumigación con hogueras en Baiona y Vigo por una grave epidemia de fiebre
    Más Vigo

    O corrixidor de Baiona négase a acatar a Constitución

    28 de Feb, 2022
    O convento de San Francisco pasa á xunta de beneficencia de Vigo como hospicio e hospital
    Más Vigo

    O heroico freire Pedro Romero, morador do convento de Vigo

    27 de Feb, 2022
    Tui presume da súa vella Ponte Internacional
    Más Vigo

    Apróbase o emprazamento da ponte internacional de Tui

    26 de Feb, 2022

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia

    La Navidad 2025 de Vigo ya tiene fecha de encendido (en documento oficial y con opción de cambio)

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    por Redacción
    05 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A la espera de alguna erupción
    Más Vigo

    A la espera de alguna erupción

    Esta fotografía muestra los conocidos volcanes ubicados al final de la Avenida de Castelao, en la ciudad de Vigo. Se...

    por Julio Alonso
    07 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Luisa Sánchez, candidata del PP de Vigo: «Mi vocación es de permanencia. Vengo para quedarme»
    Opinión

    Estimada Luisa

    Estimada Luisa, me llamo Xoán y soy de Vigo, de toda la viga (perdón), de toda la vida. Vivo en...

    por Xoán López
    08 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR