• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Rosal recupera a memoria histórica das súas mulleres

    Carmela Silva e Ánxela Fernández inauguran a peza que saca á luz as traxectorias vitais de Xulia Suárez, Rufina Domínguez e Adela Álvarez
    Redacción por Redacción
    19 de Oct, 2021
    en O Rosal
    0
    O Rosal recupera a memoria histórica das súas mulleres

    O Concello do Rosal deu hoxe un paso máis no seu camiño de transformación da man da Deputación de Pontevedra, que inclúe non só novas obras en infraestruturas e equipamentos, senón tamén a recuperación de espazos públicos para reivindicar a memoria histórica de mulleres referentes no municipio. A presidenta da Deputación, Carmela Silva e a alcaldesa, Ánxela Fernández, inauguraron esta tarde o segundo mural do proxecto “Revolucionando Mentes”, programa cun marcado ton reivindicativo e de concienciación social, co que o concello reivindica o papel que xogaron as mulleres rosaleiras en distintos ámbitos e épocas.

    Situado no exterior do Pavillón dos Deportes o mural é obra de Vanesa Álvarez e Lorena Arévalo e foi financiado polo programa da Deputación para o Fomento da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero en concellos de menos de 20.000 habitantes. A creación visibiliza a traxectoria vital de Xulia Suárez, Rufina Domínguez e Adela Álvarez, tres mulleres nas que O Rosal personifica a homenaxe a tódalas mulleres da súa historia.

    Nas intervencións, a presidenta provincial e a alcaldesa estiveron acompañadas por familiares destas tres rosaleiras: Xulia Suárez, que reivindicou os dereitos das mulleres durante o franquismo dende a súa profesión como enfermeira; Rufina Domínguez, que loitou a prol da II República chegando a esconder na súa casa ao último alcalde republicano do Rosal, e Adela Álvarez, un exemplo de muller dinamizadora da colectividade dende un ámbito rural como a parroquia de Fornelos e autora de diversas pezas poéticas en galego.

    Novos proxectos para O Rosal

    A visita da presidenta da Deputación serviu, ademais, para que a alcaldesa lle amosase os proxectos de ampliación do Mercado, financiado con achegas do Plan Concellos, e da reforma da Praza do Calvario, que O Rosal xa ten presentado ao plan provincial ReacPon.

    En canto á segunda fase da reforma do Mercado de Abastos, a nova intervención estará financiada ao abeiro do Plan Concellos (390.000 €) e servirá para converter ao edificio nun espazo de referencia socioeconómica para a gastronomía e o turismo así como para recuperar a terraza do mesmo. As actuacións chegan despois da inauguración da primeira fase das reformas -no mes de maio- que tivo un custo de 207.000 euros financiados case nun 80% (161.300 €) pola Deputación.

    A presidenta tamén coñeceu a futura reforma da Praza do Calvario, que foi licitada este mesmo mes cun orzamento de 1.158.500 euros, para a que o concello solicitou unha achega do Plan ReacPon de 517.938 euros. Nesta reurbanización empregaranse materiais construtivos que preserven e potencien o carácter patrimonial e arquitectónico existente e prepárase tamén unha reordenación da contorna do Calvario, así como do aparcamento.

    Novidades no proxecto Tabagón-Goián

    Carmela Silva tamén anunciou na súa visita novidades con respecto ao proxecto da mellora de mobilidade peonil na EP-3303 Tabagón-Goián. As obras da primeira fase desta esperada actuación están a piques de comezar nos vindeiros días e a presidenta provincial tamén confirmou que nas próximas horas a Deputación remitirá xa ao Concello o proxecto redactado da segunda fase para que poida ser aprobado canto antes e tramitar o convenio.

    A actuación Tabagón-Goián suporá unha transformación radical deste viario de 4,5 quilómetros que transcorre polos concellos do Rosal e Tomiño, estendendo un modelo de mobilidade centrado na recuperación do espazo para as persoas e na redución do CO2.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraO Rosal

    RelacionadosArtículos

    Convocadas más de un centenar de plazas para Policía Local, 22 de ellas para el área de Vigo
    Local

    Convocadas más de un centenar de plazas para Policía Local, 22 de ellas para el área de Vigo

    02 de Jul, 2025
    Detenidas 4 personas de un violento grupo criminal tras robar en viviendas con armas de fuego
    Ponteareas

    Detenidas 4 personas de un violento grupo criminal tras robar en viviendas con armas de fuego

    01 de Jul, 2025
    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal
    Arte

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal

    21 de Jun, 2025
    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia
    Comarcas

    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia

    19 de Jun, 2025
    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público
    Salvaterra de Miño

    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público

    06 de Jun, 2025
    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros
    Comarcas

    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros

    05 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    El bulevar de la Gran Vía
    Más Vigo

    El bulevar de la Gran Vía

    Esta es la imagen actual de la Gran Vía de Vigo en el tramo que va desde As Travesas hasta...

    por Julio Alonso
    04 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR