• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 6 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Investimento de máis de 600.000 euros para mellorar dúas estradas de Tui

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a deputados provinciais e integrantes da corporación municipal, percorreron esta tarde as estradas EP-2502 entre Cerquido e Ribadelouro e a EP-3001 en Rebordáns
    Redacción por Redacción
    05 de Ago, 2021
    en Tui
    0
    Investimento de máis de 600.000 euros para mellorar dúas estradas de Tui

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a deputados provinciais e integrantes da corporación municipal, percorreron esta tarde as estradas EP-2502 entre Cerquido e Ribadelouro e a EP-3001 en Rebordáns para coñecer de primeira man as actuacións de mellora de seguridade viaria que se van acometer en ambas as dúas infraestruturas. Os dous proxectos, que foron presentados polo equipo de enxeñaría no Salón de Plenos do Concello, suporán un forte investimento de máis de 600.000 € que reformularán por completo as estradas para adaptalas “ao século XXI”, asegurou a presidenta, seguindo o “modelo sostible, amable, seguro, innovador e transformador, centrado na recuperación do protagonismo para as persoas” que ven impulsando a institución provincial nos últimos seis anos.

    Na EP-3001 en Rebordáns o investimento ascende a 138.500 € para actuar na mellora da seguridade viaria dun tramo de 155 metros de estrada, achegando a Deputación o 80%, do orzamento, 110.800 €, e o concello o 20%, 27.700 €. No caso da EP-2502 Cerquido-Ribadelouro vanse investir 468.244 €, tamén para mellorar a seguridade, dos que a Deputación achegará o 70%, 327.771 €, e o concello de Tui o 30%, 140.473 €.

    “Somos unha provincia referente en canto á mobilidade universal e recuperación do espazo público para a cidadanía, ningunha outra ten un proxecto tan potente coma o noso e ningunha outra conta coa complicidade dos concellos como a de Pontevedra”, manifestou a presidenta provincial Carmela Silva. As actuacións que se van desenvolver en Tui, segundo afirmou, seguen o modelo provincial centrado en construír “lugares para mellorar a vida da xente”. Neste mesmo eido se pronunciou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen fixo fincapé na importancia de “espallar máis aló do casco urbano o modelo de humanizacións ao rural”. Para o alcalde, as actuacións de mellora da seguridade viaria na EP-2502 e na EP-3001 son unha resposta “a unha reivindicación histórica da veciñanza” e tamén “o cumprimento do noso compromiso coas zonas rurais, especialmente, en zonas sensibles e con alto valor patrimonial como a de Ribadelouro pola que pasa o Camiño de Santiago”.

    Os proxectos

    Na EP-3001 en Rebordáns actuarase nun tramo de 155 metros para mellorar a seguridade viaria e a mobilidade peonil dotando á zona dunha zona de tránsito segura coa visibilidade adecuada. Para elo executaranse dous pasos sobreelevados, limitarase a velocidade, aumentarase o radio da curva para executar unha senda pola marxe dereita e construirase outra na esquerda. Tamén se pavimentará o treito con novo firme, realizarse pintado das marcas lonxitudinais e superficiais, instalaranse novas sinais verticais e melloraranse servizos como a rede de pluviais, de alumeado e telecomunicacións.

    Pola súa banda no treito da EP-2502 entre Cerquido e Ribadelouro actuarase nun espazo moi concorrido a nivel peonil ao atoparse a Igrexa parroquial, o cemiterio e o centro cultural de Ribadelouro. A través da reforma preténdese mellorar as condicións de seguridade e mobilidade peonil, dándolle prioridade ás persoas a través dunha plataforma única adaptada ao entorno, sen diferenciación de tráficos, que manterá espazos verdes e enmarcará a contorna patrimonial con lousas de pedra. Amais o proxecto contempla o desvío do tráfico por unha vía que bordea os equipamentos públicos, a renovación da sinalización horizontal e vertical, novo pavimento, mobiliario urbano, árbores, nova iluminación e drenaxe de pluviais.

    Dende o 2015 a Deputación de Pontevedra investiu en Tui preto de 10 millóns de euros dos que 6,1 correspóndense co Plan Concellos e preto de dous millóns con actuacións en infraestruturas como as acometidas para a mobilidade sostible na EP-3004 (onde tamén se realizou unha obra de emerxencia no acceso á Igrexa) e na EP-2505 na parroquia de Caldelas. Ademais Tui foi un dos concellos beneficiados co Plan DepoRemse, a través do cal se realizou a mellora da seguridade viaria no núcleo da Torre en Paramos. No que respecta ao Plan Concellos, a vila puido financiar nos últimos seis anos ata 60 obras e contratar a 116 persoas desempregadas, 15 delas este mesmo ano.

    43

    Tags: Carmela SilvaConcello de TuiDeputación de PontevedraEnrique Cabaleiro

    RelacionadosArtículos

    A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do programa +Bosques
    Comarcas

    A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do programa +Bosques

    25 de Ago, 2025
    A Deputación leva este venres a Roi Casal á Guarda a través do programa +Música
    A Guarda

    A Deputación leva este venres a Roi Casal á Guarda a través do programa +Música

    22 de Ago, 2025
    ‘Son Verán’ llenará de música la provincia de Pontevedra
    Música

    ‘Son Verán’ llenará de música la provincia de Pontevedra

    02 de Ago, 2025
    Soutomaior acolle a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’
    Comarcas

    La Diputación lleva este martes a Mondariz-Balneario una jornada de cuentacuentos sobre las Cantareiras

    27 de Jul, 2025
    Soutomaior acolle a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’
    Comarcas

    Soutomaior acolle a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’

    26 de Jul, 2025
    Cuatro de cada diez personas que visitaron Pontevedra en junio eran extranjeras
    Comarcas

    Cuatro de cada diez personas que visitaron Pontevedra en junio eran extranjeras

    26 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    por Iago Castro
    25 de Ago, 2025
    0

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    por María Alonso
    03 de Sep, 2025
    0

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    por María Alonso
    04 de Sep, 2025
    0

    Resuelta la confusión sobre el radar de tramo entre Candeán y Puxeiros en la AP-9

    Resuelta la confusión sobre el radar de tramo entre Candeán y Puxeiros en la AP-9

    por Redacción
    04 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El último barco de Domingo Villar
    Más Vigo

    El último barco de Domingo Villar

    Durante las últimas semanas se estuvo rodando en diferentes localizaciones de la ciudad de Vigo “El último barco”, en formato...

    por Julio Alonso
    05 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder
    Libros

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder

    Acaba el mes del calor y los parones veraniegos, y lo hace con unas cuantas novedades editoriales de lo más...

    por Gabriel Romero de Ávila
    30 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    A Cañiza estrena el sistema de alertas masivo: los vecinos, obligados a confinarse ante el grave incendio
    Opinión

    Hay un lugar en Europa con grandes bosques y pocos incendios

    - Ah, ya sé, Vd. está hablando de Finlandia con sus inmensos bosques que llegan hasta el Círculo Polar. -...

    por Fernando Torres Carbajo
    30 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR