• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 27 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O SonRías Baixas 2021 celebrarase do 3 ao 8 de agosto con máis noites de música en directo

    O seu cartel contará con Kase.O, La Pegatina, Sés, La M.O.D.A., Travis Birds, ISEO & Dodosound ou Sabela
    Redacción por Redacción
    20 de May, 2021
    en Música
    0
    O SonRías Baixas 2021 celebrarase do 3 ao 8 de agosto con máis noites de música en directo

    O SonRías Baixas 2021 xa ten cartel e data de celebración. Kase.O, Sés, La M.O.D.A., La Pegatina, Travis Birds, Muerdo, TéCanela, Sabela, ISEO & Dodosound, Ciudad Jara, Tu Otra Bonita e SonDaRúa conformarán o programa do festival, que se transforma nun ciclo de concertos e que dobra a súa duración, pasando de tres a seis noites de música en directo. Concretamente, Bueu acollerá o evento do 3 ao 8 de agosto.

    A proposta de programación desta serie de actuacións xurde como resposta aos retos que tanto o contexto sociosanitario actual como o cumprimento da normativa vixente de prevención da covid-19 esixen. Así, a dirección do SonRías Baixas, logo de explorar e analizar diversas posibilidades, optou finalmente por adiar a edición de 2020 para o verán de 2022 e, no seu lugar, ofrecer un ciclo de concertos impregnado polo espírito SonRías.

    Así, programaranse dúas actuacións ao día para ofrecer unha experiencia que garanta a seguridade de público e artistas; ademais de favorecer o coñecemento do Destino SonRías, no que as e os asistentes poderán explorar as espectaculares paisaxes e praias da contorna, degustar a gastronomía da zona ou mesmo navegar pola ría.

    SonRías Baixas regresa aos escenarios cunha proposta na que destaca a actuación do mítico Kase.O, na que recupera o seu aclamado proxecto Jazz Magnetism. Xunto ao rapeiro, grupos como La Pegatina, Ciudad Jara, ISEO & Dodosound, Travis Birds e Muerdo tamén ofrecerán en Bueu o seu único directo de gran formato en Galicia este verán.

    Os concertos do ciclo SonRías Baixas 2021 terán lugar en horario nocturno. A xornada inaugural, o martes 3 de agosto, contará coa música e cantareira Sés, que regresará aos escenarios galegos para presentar o seu último disco, ‘Liberar as arterias’. Previamente, o dúo TéCanela avanzará, co dinamismo e bo rollo que caracteriza a Ariadna Rubio e Jano Fernández, algúns temas do seu vindeiro traballo discográfico. O mércores 4 de agosto será a quenda de Ciudad Jara, na primeira actuación que o novo proxecto de Pablo Sánchez -líder e compositor de La Raíz- fará en Galicia, e Tu Otra Bonita, que se suma por vez primeira ao cartel do SonRías para dar a coñecer o seu cuarto álbum, ‘Crema’.

    Ao día seguinte, o xoves 5, ISEO & Dodosound, revisarán acompañados de The MouseHunters algúns dos seus éxitos e darán a coñecer algúns cortes inéditos do álbum que publicarán proximamente; mentres que a música e compositora Travis Birds presentará por vez primeira nas Rías Baixas o seu segundo e aclamado álbum, ‘La Costa de los Mosquitos’.

    Xa de cara á fin de semana, o ciclo arrancará o venres 6 coa actuación de Sabela. A cantante, quen no 2019 non dubidou en subir ao escenario do SonRías para actuar con La Pegatina, dará a coñecer o seu álbum debut, ‘Despedida’. A noite pecharase con La M.O.D.A., que regresan ao SonRías dous anos despois para presentar ‘Ninguna ola’, un álbum ateigado de vida e producido por Raül Refree co que se consolidan como unha das bandas de referencia no panorama musical estatal.

    O sábado 7 será o día grande do festival e terá o rap como protagonista. O mítico Kase.O subirá ao escenario do SonRías co seu Jazz Magnetism, disco do que se celebra este 2021 o seu 10º aniversario e cuxo espectáculo é un dos máis aclamados da historia da música do rap hispano. A noite completarase co Eterno Combate do grupo de rap galego SonDaRúa, que tamén se estrea no cartel do SonRías Baixas.

    O peche deste edición terá lugar o domingo 8 de agosto da man de dúas bandas que xa pasaron por Bueu en anteriores edicións do SonRías Baixas, con grande acollida entre o público, e que achegarán unha proposta divertida e festiva: Muerdo e La Pegatina, unha das bandas máis queridas polo público do festival. Con elas, que presentan os seus novos directos, a festa final no SonRías Baixas 2021 está garantida.

    Venda de entradas
    As entradas sairán á venda o vindeiro luns 24, ás 10.00 horas, e unicamente poderanse adquirir a través da web oficial do festival, www.sonriasbaixas.info, e da plataforma dixital www.enterticket.es. O equipo do SonRías establecerá, nesta ocasión, tres tramos diferenciados de prezos en función da disposición dos asentos asignados previamente no recinto, e cada un destes tramos corresponderase, fisicamente, cun espazo organizado con cadanseu equipamento e protocolo de seguridade de prevención da covid-19. Os prezos das entradas serán de 23€, 26€ e 29€ segundo a relación de proximidade co escenario.

    O equipo do SonRías vén de comunicar, mediante correo electrónico, ás persoas que dispoñen das entradas da 18ª edición -cuxo aprazamento por mor do contexto sociosanitario se anunciou en maio de 2020- que, en agradecemento pola súa confianza e compromiso co festival, terán prioridade na prevenda para o ciclo de concertos. Este prazo exclusivo para compradores activarase ás 18.00 horas do domingo 23 e finalizará ás 10.00 horas do luns 24. Ademais, como novidade, as persoas que dispoñan de entradas do festival de 2020 terán a posibilidade de transformar a súa entrada en saldo para poder adquirir entradas para os concertos do ciclo. Unha vez remate este período de prevenda exclusivo, as persoas que desexen transformar a súa entrada en crédito para mercar entradas para o verán de 2021 poderán facelo mentres a venda estea activa.

    De cara a facilitar este proceso ou resolver calquera dúbida, na páxina web www.sonriasbaixas.info, na sección de preguntas frecuentes, especifícanse os pasos que se deben dar para acometer esta acción. Porén, as persoas que prefiran gardar as súas entradas do 18º SonRías Baixas para a vindeira edición do festival, no verán de 2022, poderán facelo sen problema. Neste caso, non terán que realizar ningún tipo de xestión nin comunicación previa; mais no caso das persoas que desexen solicitar a devolución das entradas, deberán facelo nos prazos legais indicados na web do festival.

    Unha vez remate este período de venda prioritaria para o público habitual, a organización activará a venda de entradas restantes para a poboación. Así, a partir das 10.00 horas do luns 24, as persoas que desexen asistir a calquera das xornadas do ciclo SonRías Baixas 2021 poderán reservar os seus asentos na páxina web oficial do evento, www.sonriasbaixas.info.

    Este ano tamén se activará a venda de entradas para menores de 12 anos acompañados dunha persoa adulta responsable. O equipo de SonRías habilitará asentos preasignados específicos para menores de entre 0 e 12 anos, inclusive, co obxectivo de favorecer tanto a asistencia ao ciclo de concertos en familia como para expandir a escoita de diferentes estilos musicais entre as máis pequenas e pequenos da casa. Para isto, á hora da venda de entradas, haberá a posibilidade de seleccionar este tipo de ticket, que terá un prezo de 10 euros máis gastos de xestión. Na web de www.sonriasbaixas.info habilitarase a descarga do documento de autorización, que se deberá presentar no momento da entrada ao recinto xunto á entrada.

    43

    Tags: conciertosmúsicaSonRías Baixas

    RelacionadosArtículos

    Festival MU2 de Vigo: cine mudo, música, gastronomía y escape rooms inspirados en el universo de Nosferatu
    Cine

    Festival MU2 de Vigo: cine mudo, música, gastronomía y escape rooms inspirados en el universo de Nosferatu

    26 de Jul, 2025
    El Festival The Wild ficha a una leyenda viva del rock nacional
    Música

    El Festival The Wild ficha a una leyenda viva del rock nacional

    26 de Jul, 2025
    A xira «Lugares Máxicos» de Carlos Núñez desembarca en Salvaterra
    Salvaterra de Miño

    A xira «Lugares Máxicos» de Carlos Núñez desembarca en Salvaterra

    24 de Jul, 2025
    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo
    Local

    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo

    23 de Jul, 2025
    El Galicia Fest no solo es música, también propone en Vigo una fiesta del baloncesto
    Baloncesto

    El Galicia Fest no solo es música, también propone en Vigo una fiesta del baloncesto

    22 de Jul, 2025
    PortAmérica 2025 supera todas las expectativas y ya calienta motores para su próxima edición
    Cultura

    Gadis mantiene vivas las tradiciones gallegas con su apoyo a festivales y fiestas gastronómicas y populares

    22 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Caballero: «Dentro de muy pocas semanas tendremos en Vigo la noticia del siglo: se aprueba el PXOM»

    por Redacción
    21 de Jul, 2025
    0

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    por Andrea Mariño
    21 de Jul, 2025
    0

    Guerra abierta en Vigo a los «cotos privados» a la playa: «No solo es en la isla de Toralla»

    Guerra abierta en Vigo a los «cotos privados» a la playa: «No solo es en la isla de Toralla»

    por Redacción
    23 de Jul, 2025
    0

    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo

    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo

    por Redacción
    23 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El último lujo
    Más Vigo

    El último lujo

    Muchas personas pasan la vida soñando con lujos inalcanzables, con unos lujos y privilegios entre los que se encuentran casas...

    por Julio Alonso
    26 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela
    Libros

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela

    O Hotel Compostela de Santiago acolleu este xoves o acto de entrega do Premio Galaxia de Novela ao escritor Fernando...

    por Redacción
    17 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Antonio Machado, 150 años de días azules y soleados
    Opinión

    Antonio Machado, 150 años de días azules y soleados

    Este 26 de julio se cumplen 150 años del nacimiento de uno de los personajes más influyentes de la Generación...

    por Cristina Lorenzo
    26 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR