• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 4 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    BiciRexistro contra roubos de bicicletas

    Trátase dunha ferramenta útil para as policías locais, xa que permite o control dos vehículos en cada municipio e dá acceso a unha base de datos estatal de alertas de desaparicións e localizacións
    Redacción por Redacción
    17 de Mar, 2021
    en Local
    0
    Policías en bici y cuadrículas, mecanismos para dar «seguridad 100%» en las playas de Vigo

    A Deputación de Pontevedra vén de ofrecer aos ‘Concellos Ágora’ implantar nos seus territorios o BiciRexistro, un sistema de identificación de bicicletas e patinetes para disuadir de posibles roubos e facilitar recuperacións. No día de hoxe celebrouse unha reunión informativa do departamento provincial de Mobilidade e a Rede de Cidades pola Bicicleta na que participaron representantes políticos, técnicos e policías locais de 38 municipios que amosaron un grande interese pola inciativa debido ao aumento progresivo destes vehículos nas vilas e cidades da provincia.

    O deputado Uxío Benítez subliñou que o goberno provincial aposta por traballar para que a bicicleta sexa un modo de transporte prioritario –xunto coa mobilidade peonil- e que as cidades e vilas da provincia cheguen a ser 100% ciclables. Insistiu en que é importante facilitar, facer máis segura e desenvolver a circulación dos ciclistas especialmente no medio urbano e rururbano, algo difícil –e, polo tanto, un reto- no ámbito da provincia de Pontevedra pola súa grande dispersión poboacional. Destacou, así mesmo, que o BiciRexistro é unha ferramenta moi útil para as persoas usuarias e tamén para as policías locais, xa que permite o control das bicicletas –e patinetes- de cada localidade e dá acceso a unha base de datos estatal de alertas de desaparicións e localizacións.

    Na reunión informativa, e segundo explicou o técnico da Rede de Cidades Pola Bicicleta Ignacio Junoy, o BiciRexistro é o sistema estatal de rexistro que conta coa participación dos propios concellos, das súas policías locais, a DXT e os Xestores Administrativos. Foi creado para disuadir do roubo e facilitar a identificación das persoas propietarias en caso de subtracción, xa que dificulta o comercio ilegal e posibilita a recuperación dunha bicicleta desaparecida.

    Junoy explicou que, para os concellos participantes, están habilitados na plataforma da RCxB dous sistemas de procura de bicicletas: unha listaxe de “bicicletas desaparecidas” onde se poden atopar todas as bicicletas rexistradas que desapareceron, para tentar devolvelas á persoa propietaria; e unha listaxe de “bicicletas localizadas”, onde se publicitan todas aquelas bicicletas que non estiveron rexistradas con antelación, foron localizadas por un corpo de policía e almacenáronse nun depósito municipal á espera de atopar propietaria.

    Para que bicicletas ou patín sestean ‘controladas’, o seu rexistro no BiciRexistro pode facerse de dúas maneiras por parte da persoa propietaria. A primeira é en liña e gratuíta na web da RCxB e só recolle datos básicos; e a segunda é o rexistro validado cun kit de marcaxe personalizado (por sete euros).

    Este último, unha especie de matrícula, é o que consegue unha diminución de roubos posto que o kit que incorpora un número único xunto a un código QR para cada bicicleta, recolle todos os datos nunha listaxe a nivel estatal, e identifica cada unha das bicicletas con cadanseu propietario. O kit componse de catro vinilos fabricados nun material de moi difícil extracción da bicicleta ou patín e que, en caso de manipulación, deixan un rastro de adhesivo moi potente.

    O principal beneficio para os concellos que participan na iniciativa do BiciRexistro é que a Policía Local da localidade ten acceso directamente á base de datos da RCxB, sendo a procura do vehículo moito máis sinxela e sen limitacións. Ademais, o BR é dunha ferramenta que permite dar a coñecer as bicicletas que están no depósito municipal e que en moitos casos acaban na chatarra por non atopar ás persoas propietarias.

    Unha vez rematada a reunión de hoxe, os concellos asistentes deberán trasladar á Deputación o seu interese en participar na iniciativa. Entón remitiráselles toda a documentación e deberán designar unha persoa técnica municipal para a administración de zona -para validación dos rexistros e xestión dos kits- e tamén se dará acceso á plataforma á Policía Local, sempre coa formación previa necesaria.

    Crecemento exponencial de bicis e patinetes

    Aproveitando o encontro, o secretario técnico da RCxB Nacho Tomás felicitou á Deputación pola iniciativa da ‘Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público’, subliñando que é replicable en moitos outros territorios e deputacións, e puxo sobre a mesa que con motivo da pandemia estase dando un cambio de hábitos de mobilidade por parte da cidadanía, apostando pola mobilidade natural.

    Neste sentido, explicou que a tendencia previa á COVID xa era dun aumento do uso da bicicleta, algo que se incrementou no último ano e que se prevé constatar na enquisa que se fará pública en maio como previa ao ‘Barómetro da bicicleta de 2021’. Segundo destacou, “a previsión e a intuición” é que se verán crecementos exponenciais tanto da bicicleta como tamén dos patinetes eléctricos: “Estamos a ver un crecemento moi bo que queremos que aumente pasando das persoas sóde uso deportivo ao uso cotidiano. Co BiciRexistro queremos quitar o principal trauma, que son os roubos”, finalizou Tomás.

    Participaron na reunión de hoxe os concellos de Marín, Cangas, Vilaboa, e Moaña da comarca do Morrazo; Pontevedra, Poio, Cerdedo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas de Pontevedra; Vilagarcía, Meis, Illa de Arousa, Sanxenxo e Ribadumia, do Salnés; Valga, Moraña, Caldas, e Portas da comarca de Caldas; A Estrada, Forcarei e Silleda do Deza-Tabeirós; Tui, A Guarda, Salceda, O Rosal, e Tomiño do Baixo Miño; Mos, Pazos de Borbén, Nigrán, O Porriño, Gondomar e Oia da zona de Vigo; e As Neves, Ponteareas, Mondariz Balneario, Covelo, e Salvaterra do Condado-Paradanta.

    43

    Tags: BicicletasBiciRegistroDeputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal
    Arte

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal

    21 de Jun, 2025
    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia
    Comarcas

    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia

    19 de Jun, 2025
    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público
    Salvaterra de Miño

    La humanización de la Rúa da Forca en Salvaterra transforma el espacio público

    06 de Jun, 2025
    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros
    Comarcas

    A Deputación convoca as axudas para a promoción do deporte de alto nivel da provincia, dotadas con 405.000 euros

    05 de Jun, 2025
    A Deputación reformará toda a contorna da igrexa de Donas
    Gondomar

    A Deputación reformará toda a contorna da igrexa de Donas

    04 de Jun, 2025
    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación
    Mondariz

    «O Grúfalo» chega a Mondariz Balneario da man da Deputación

    06 de May, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    El área de Vigo incorpora un nuevo parque de ocio y aventura: el innovador Dsafio Zone

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    El bulevar de la Gran Vía
    Más Vigo

    El bulevar de la Gran Vía

    Esta es la imagen actual de la Gran Vía de Vigo en el tramo que va desde As Travesas hasta...

    por Julio Alonso
    04 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos
    Opinión

    Reclamamos nuestros gimnasios públicos

    Por Victoria Domínguez Suárez El pasado día 30, cientos de personas nos manifestamos en contra de la privatización y el...

    por Cartas al Director
    03 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR