• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 20 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Agrupación Aeroespacial da UVigo participa nos plans da Axencia Europea para explorar covas na Lúa

    Os investigadores Fernando Aguado, Fermín Navarro e Alejandro Camanzo encárganse da enxeñaría de sistemas de RoboCrane
    Redacción por Redacción
    25 de Feb, 2021
    en Ciencia y Tecnología
    0
    A Agrupación Aeroespacial da UVigo participa nos plans da Axencia Europea para explorar covas na Lúa

    Imaxes do pozo de Marius Hills captadas polo Lunar Reconnaissance Orbiter da NASA. / Foto: ESA

    Meses antes de que se producise a chegada do rover Perseverance a Marte, a Axencia Espacial Europea (ESA) xa evidenciara o seu interese en emprender un proxecto que, de levarse a cabo, volvería situar o foco de atención na Lúa. Co obxectivo de levar a cabo unha misión de exploración das covas do satélite terrestre, a ESA lanzou a mediados de 2019 un chamamento para a presentación de proxectos, dos que a Axencia Espacial Europea seleccionou cinco, e dos que logo de seis meses, unicamente dous, RoboCrane (un consorcio integrado pola Universidad de Oviedo, Universidade de Vigo e Alén Space) e Daedalus (promovido pola Universidade de Würzburg), foron elixidos para un estudo de viabilidade CDF (Concurrent Design Facility) ou Lunar Caves.

    “O obxectivo científico é estudar o interior dun destes tubos ocos de decenas de metros de diámetro e uns 50 metros de profundidade, que presumiblemente se formaron despois do arrefriamento da capa máis exterior dos ríos de lava hai millóns de anos”, explica Fermín Navarro, docente e investigador da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense e integrante da Agrupación Aeroespacial da UVigo, que xunto ao seu responsable, Fernando Aguado, e ao investigador contratado Alejandro Camanzo, integran o equipo da UVigo que participa en RoboCrane. “Preténdese estudar a composición do regolito no interior, a contorna de radiación e térmica, a morfoloxía da cova, a composición das paredes da apertura, segundo descendan os rovers coa grúa, etc. “, explica Navarro, que tamén sinala que outro obxectivo da misión é determinar as condicións que se dan no interior para posibles asentamentos humanos, posto que permitirían unha contorna cunha radiación mellor ca da superficie e con temperaturas medias moito máis moderadas que na superficie, onde os cambios son moi grandes. “A mellor candidata é unha das covas que ten unha entrada aberta na rexión de Marius Hills”, concreta o investigador, que sinala que, dependendo de como resulte o estudo de viabilidade, e da prioridade que a ESA lle dea ás distintas misións sobre a Lúa, continuaríase adiante, pero xa mediante unha convocatoria competitiva da Axencia

    A Universidad de Oviedo encárgase do deseño conceptual do sistema de grúa que fai posible descender rovers máis pequenos ao interior das covas, ademais de proporcionarlle no interior soporte de comunicacións e de potencia eléctrica, xerada nos paneis solares do rover grande que se situará na superficie. Pola súa banda, a achega da Agrupación Aeroespacial da UVigo céntrase na enxeñaría de sistemas, “que se encarga de establecer un concepto de operacións, de análise das funcións que debe cumprir o sistema, dos requisitos que se impoñen na misión, da análise a nivel sistema dos elementos que compoñen a misión (centrándonos na grúa), e das relacións que existen entre estes elementos”, detalla Fermín Navarro. No caso de Alén Space, «nós dámos soporte para a análise e deseño do sistema de comunicacións cos elementos que teñen que explorar na cova», explica Diego Nodar, COO e cofundador da spin-off da UVigo.

    Logo dos seis meses iniciais do proxecto nos que os enxeñeiros de RoboCrane desenvolveron un modelo propio, a partir de agora cómpre adaptalo aos requisitos do rover Daedalus e ao software que utiliza a ESA para estes estudos, “contribuíndo con expertos equivalentes do proxecto da Universidade de Würzburg e da Axencia nos campos de enxeñaría de sistemas e control térmico, a estudar a misión a nivel conceptual e de xeito conxunto, e a implementar un modelo que amose se a misión é ou non é viable”, aclara o docente e investigador da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense.

    Primeira experiencia en misións con rovers
    Despois de case doce anos traballando no sector aeroespacial, a agrupación que lidera Fernando Aguado enfronta unha nova experiencia no ámbito das misións con rovers, na que, o investigador asegura que “a nosa experiencia no uso de estándares da ESA (ECSS) de enxeñaría de sistemas foi determinante para poder desenvolver de modo axeitado o proxecto é unha mostra de que o traballo que se realizou desde o ano 2008 con Xatcobeo serviu para permitir abordar novos proxectos no sector espacial, non só no campo dos pequenos satélites”, explica Aguado.

    Precisamente a experiencia acadada durante estes anos pola Agrupación Aeroespacial en enxeñaría de sistemas e en sistemas de comunicacións fixo que a Universidad de Oviedo contactase con eles para este proxecto, na que é a primeira colaboración neste ámbito das dúas institucións académicas. No caso da UVigo, Navarro considera que a súa participación é unha mostra da consolidación da Agrupación “e cómpre sinalar a importancia do traballo multidisciplinar, incluíndo a participación do profesorado da área de Enxeñaría Aeroespacial que dá clase no Grao de Enxeñaría Aeroespacial no campus de Ourense, que comezou hai catro anos e medio”. Ademais de ser un proxecto que, asegura o investigador, lles permite seguir gañando experiencia en misións espaciais, “que é o obxectivo do grupo, tamén é un reto moi grande, ao ser un proxecto nun ámbito novo, aínda que herdamos a experiencia de UVigo de 12 anos en satélites pequenos”, afirma Navarro.

    43

    Tags: Agencia Espacial EuropeaLunaUVigo

    RelacionadosArtículos

    El Puerto de Vigo se transforma en un jardín marino
    Ciencia y Tecnología

    El Puerto de Vigo se transforma en un jardín marino

    20 de Ago, 2025
    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»
    Local

    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»

    07 de Ago, 2025
    A UVigo recupera posicións no ránking de Shanghai, situándose entre as 600 mellores universidades do mundo
    Actualidad

    El Colegio de Médicos de Pontevedra cuestiona la calidad de la enseñanza en Santiago y apoya la demanda de Vigo

    07 de Ago, 2025
    Nuevo mitin de Caballero en el pleno de Vigo, donde se logró unanimidad sobre la facultad de Medicina
    galicia

    La Xunta inyecta 20,7 millones para fortalecer la I+D en las universidades gallegas

    04 de Ago, 2025
    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina
    Local

    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina

    01 de Ago, 2025
    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica
    Local

    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica

    31 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    por Redacción
    18 de Ago, 2025
    0

    Restablecida la circulación de trenes en Galicia bloqueados por los incendios

    Restablecida la circulación en las autovías AG-53 y A-52 y la carretera N-525 tras los cortes por incendios

    por Europa Press
    13 de Ago, 2025
    0

    Tres detenidos en Vigo por escupir, agredir y arrojar monedas contra una persona que dormía en la calle

    Preocupación ante el aumento de tráfico en la peatonal de O Calvario

    por Redacción
    18 de Ago, 2025
    0

    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras

    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras

    por Redacción
    17 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Nuevos ventanales en Peinador
    Más Vigo

    Nuevos ventanales en Peinador

    Hasta hace poco tiempo, en el aeropuerto de Peinador, en la ciudad de Vigo, no existía la posibilidad de observar...

    por Julio Alonso
    20 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    O Marisquiño entra en fase decisiva: así va el Dirt Jump y el Descenso MTB del Casco Vello
    Opinión

    La kultura del patinete

    La Fundación Contemporánea (con su Observatorio de la Cultura) presentó hace unos meses su informe 2024, que comprende una serie...

    por Fernando Torres Carbajo
    19 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR