• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 24 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    covid-19

    Investigadores da UVigo deseñan un modelo para estimar o avance da Covid-19 tendo en conta as súas mutacións

    Os resultados das simulacións numéricas realizadas co novo sistema para Galicia, Portugal e España “resultaron moi axustados á realidade nos tres casos”
    Redacción por Redacción
    02 de Feb, 2021
    en Covid-19
    0
    Investigadores da UVigo deseñan un modelo para estimar o avance da Covid-19 tendo en conta as súas mutacións

    Investigadores da Universidade de Vigo, xunto con outros de Santiago de Compostela e Aveiro, veñen de deseñar un novo modelo matemático fraccionario compartimental para estimar a propagación da Covid-19. O modelo foi aplicado con éxito na análise da evolución da pandemia para os casos de Galicia, España, Portugal e Europa e os resultados obtidos, comentan os responsables do traballo, “permiten conxecturar como é a evolución das novas mutacións, distintas á que comezou inicialmente en China”. Así, as simulacións realizadas permitiron aos investigadores adiantar ao 27 de decembro coñecer como sería a evolución dos datos a tenor do impacto da variante británica do coronavirus.

    O modelo foi publicado recentemente na revista Chaos, Solitons & Fractals nun artigo titulado ‘Fractional model of Covid-19 applied to Galicia, Spain and Portugal’ e asinado por Iván Area (Universidade de Vigo); Juan J. Nieto (Universidade de Santiago de Compostela); Delfim F.M. Torres e Cristiana J. Silva (Universidade de Aveiro, Portugal) e Faïçal Ndaïrou, investigador recentemente doutorado pola Universidade de Vigo. Esta achega enmárcase nunha liña de traballos desenvolvida polos membros deste equipo que se ten materializado desde a primeira onda da pandemia na realización de diversos proxectos e na proposta e deseño de diferentes ferramentas matemáticas relacionadas coa evolución da Covid-19.

    Segundo detalla Iván Area, baseándose nun modelo matemático anterior deseñado polos membros do equipo participante e que incluía como novidade ter presentes ás persoas denominadas superpropagadoras, decidiron “formular este novo modelo fraccionario e analizar se os resultados eran acaídos para tres territorios: Galicia, Portugal e España”. No novo modelo, comenta o investigador da UVigo, “empregamos unha técnica distinta para estimar como sería a evolución da pandemia. Trátase de derivadas de tipo fraccionario”, concretamente as derivadas fraccionarias de Caputo. Mentres que o cálculo diferencial clásico, sinala o matemático, “dá a taxa de cambio instantánea, con esta ferramenta matemática é posible termos en conta non só a taxa de cambio nun momento específico senón como foi a evolución previa para predicir como será o futuro. É o que se denomina efecto memoria”. Os resultados das simulacións realizadas co novo modelo para Galicia, Portugal e España, destacan os autores do traballo, “resultaron moi axustados á realidade nos tres casos”.

    Cando comezaron a aparecer os primeiros datos sobre a taxa de infectividade da mutación británica, o equipo que realizou este modelo fixo ademais unhas primeiras simulacións que deron, apunta Iván Area, “resultados terroríficos”. “Co 56% máis de infectividade a curva subía moitísimo máis e moitísimo máis rápido, e xa nos permitiu anticipar que habería problemas nos hospitais”, sinala o matemático, que engade como “desde o primeiro intre puxemos esta información en coñecemento da Comisión Europea”.

    Ferramenta máis complexa
    “Neste traballo demostramos a importancia de considerar un sistema de ecuacións diferenciais fraccionarias, onde a orde da derivada xoga un papel crucial para axustarse ao número de casos confirmados en Galicia, España e Portugal”, comentan os matemáticos no artigo publicado. Así, subliñan, “podemos concluír que o novo modelo pódese utilizar para aproximar os casos confirmados de Covid-19 en rexións con diferentes características económicas, xeográficas, sociais e epidémicas, como ocorre coas tres rexións consideradas neste traballo”.

    Sobre o modelo matemático deseñado, os seus autores apuntan como se trata dunha “ferramenta máis potente e simultaneamente máis complexa de traballar”. Por unha banda, detallan, “a nivel teórico resulta máis difícil a análise de determinadas cuestións técnicas, como poden ser os puntos de equilibrio do sistema”. Ademais, engaden, “a nivel computacional resulta moito máis custoso facer as simulacións que permitan analizar o pasado e predicir o futuro, tanto en equipos, en tempo, como en xeral en recursos”. No deseño da nova ferramenta, indican os matemáticos, tiveron en conta a perspectiva de que “non é boa idea considerar datos diarios, pois nos hospitais hai días nos que hai que dar prioridade na atención ás persoas doentes fronte aos resultados das análises”. Tamén, engaden, hai que ter en conta neste senso que “en determinados períodos hai menos dispoñibilidade para facer as probas e suxerimos facer medias tendo en conta varios días previos para analizar mellor as tendencias”.

    Do local ao global e do global ao local
    O modelo descrito, comenta Iván Area, “tamén serve para explicar como evolucionou Europa globalmente e para ter previsións de como sería a evolución se temos en conta a infectividade das novas mutacións” sinalando como “as previsións son realmente pésimas”. Durante a primeira onda, lembra neste senso, “distintos territorios europeos adoptaron diferentes medidas e chegaron aos cero contaxios en distintos momentos temporais”. Debido á mobilidade dentro da Unión Europea, indica o matemático, “territorios recuperados tiveron novos problemas”. “Se analizamos as curvas a nivel europeo podemos ver que nunca atinximos o cero, cousa que si se producía a nivel local. Os estados foron desconfinando con menor ou maior amplitude sen ter en conta que non era posible facelo aínda, e temos as consecuencias que continúan a día de hoxe”. Neste senso, apunta como “desde fai varios meses levamos insistindo na necesidade de facer análises globais para complementar as visións locais. É importante saber como evoluciona a pandemia a nivel local para determinadas decisións, e tamén é moi importante saber como evoluciona a nivel global para outro tipo de decisións”.

    Sobre a entrada da variable vacinación na análise da evolución da pandemia, Iván Area sinala como “é fundamental que a poboación estea vacinada no menor tempo posible”. O matemático lembra como o equipo participante neste novo modelo fraccionario estudou como sería o modelo óptimo para vacinar ante determinadas enfermidades como o ébola, tendo en conta problemas coas subministracións de vacinas e restricións co número de persoas que puidesen administrar dita vacina. “O problema actual é moi semellante e demóstrase, novamente, que as conxecturas matemáticas poden ser de utilidade para resolver problemas reais. A ciencia básica é moi importante e convén ter presente a necesidade de incrementar o coñecemento dos principios fundamentais da natureza. A ciencia básica de hoxe pode ser a máis útil no futuro”, subliña por último o investigador do Departamento de Matemática Aplicada II da UVigo.

    43

    Tags: Covid-19UVigo

    RelacionadosArtículos

    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina
    Marítima

    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina

    21 de Nov, 2025
    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger
    Local

    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger

    20 de Nov, 2025
    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»
    Local

    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»

    18 de Nov, 2025
    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos
    Local

    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos

    17 de Nov, 2025
    El catedrático Jacobo Porteiro, tercer candidato a rector de la UVigo
    Local

    El catedrático Jacobo Porteiro, tercer candidato a rector de la UVigo

    17 de Nov, 2025
    Problemas de agenda obligan a posponer la reunión clave sobre el futuro de la Facultad de Medicina en Vigo
    Actualidad

    Problemas de agenda obligan a posponer la reunión clave sobre el futuro de la Facultad de Medicina en Vigo

    13 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 1

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    por Redacción
    22 de Nov, 2025
    0

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    por Redacción
    20 de Nov, 2025
    0

    Demandas desde el callejón de Doctor Corbal en Vigo: mucho tráfico, sin limpieza ni iluminación

    Demandas desde el callejón de Doctor Corbal en Vigo: mucho tráfico, sin limpieza ni iluminación

    por Redacción
    23 de Nov, 2025
    0

    Así avanzan las obras de la grada de Gol desde el interior de Balaídos

    Así avanzan las obras de la grada de Gol desde el interior de Balaídos

    por Redacción
    23 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El Paseo de Alfonso XII a principios del siglo XX
    Más Vigo

    El Paseo de Alfonso XII a principios del siglo XX

    Esta fotografía de principios del siglo XX y de autor desconocido corresponde a una antigua postal de la ciudad de...

    por Julio Alonso
    24 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo
    Libros

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo

    El pasado viernes 21 tuvo lugar en Vigo la presentación de Necrocromo, el último libro de Carlos Segovia, escritor, pianista...

    por Gabriel Romero de Ávila
    23 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Alameda - Plaza de Compostela - 3
    Opinión

    Alameda de Vigo, ¿BIC?

    Por Ramón Boga El menguante patrimonio histórico de Vigo es el testigo de la contribución de nuestros ancestros a la...

    por Cartas al Director
    20 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR