• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 13 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación e a Editorial Galaxia retoman a Escola de Letras como porta de acceso á creación literaria

    As escritoras Anna Figueiredo e Elvira Ribeiro incorpóranse ao equipo docente, xunto a Inma López Silva, Antonio García Teijeiro e Diego Giráldez
    Redacción por Redacción
    22 de Ene, 2021
    en Libros
    0
    A Deputación e a Editorial Galaxia retoman a Escola de Letras como porta de acceso á creación literaria

    Tras a súa acollida o pasado 2020, a Deputación de Pontevedra e a editorial Galaxia volven coa segunda edición da súa Escola de Letras, que ten previsto o seu arranque no vindeiro mes de marzo. A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, e o director da escola, Francisco Castro, fixeron un balance da primeira edición e presentaron as novidades para este ano que contará no profesorado con dúas novas escritoras que impartirán obradoiros, convertendo así en paritaria a súa composición, tres mulleres e dous homes, amais do director da escola.

    Carmela Silva recordou que “2020 foi un ano que sempre lembraremos pola situación pandémica histórica que vivimos, na que os libros e as historias foron fiestras cara a liberdade e a imaxinación en tempos de confinamento. Fronte ao distanciamento social e ás fortes restricións que condicionaron e condicionan a nosa vida, o acceso á cultura, tanto á programación como á formación, foi un importante punto de acordo que vai moito máis aló do simbólico e un alimento fundamental da nosa identidade cultural”. A Escola de Letras, a primeira escola deste tipo en Galicia e unha das poucas no Estado, naceu como unha idea da Editorial Galaxia que a Deputación apoiou dende o primeiro momento cunha “inmensa ilusión”. A presidenta provincial lembrou que naceu como un soño que foi convertido en realidade pola inmensa participación que tivo. Esta é unha das ideas que fai que a provincia de Pontevedra siga sendo o centro do pulo cultural, fómolo ao longo da historia, sómolo e queremos seguir séndoo”, recalcou.

    Neste contexto Francisco Castro lembrou que na edición pasada as prazas para os seis obradoiros celebrados esgotáronse en hora e media e a lista de agarda para matricularse nalgún dos cursos superou as 200 persoas. Carmela Silva quixo poñer en valor que “a xente demanda cultura, ter outro tipo de actividades humanas que non sexan o consumismo, o materialismo e o individualismo. A xente precisa construír sociedades diferentes onde a creación estea no centro e que as administracións apoien este tipo de iniciativas”.

    A andaina da Escola de Letras do 2020 aínda non rematou. Francisco Castro anunciou “a guinda do pastel”: a publicación dun libro con textos do alumnado que participou nesta iniciativa. As alumnas e alumnos teñen ata o 30 de xaneiro para enviar un texto porque, para o director da Escola, “a literatura ten sentido se ademais se publica”. Castro cree que “para as alumnas e alumnos o saber que un dos seus textos formará parte dun libro é un aliciente estupendo. Un dato importante é que non vai ser un libro institucional senón que pasará á canle comercial e estará nas librerías de Galicia dentro do catálogo de Galaxia”.

    A presidenta provincial quixo resaltar tamén o compromiso coa igualdade desta Escola, que na súa nova edición da un paso máis neste ámbito contando con tres mulleres e dous homes no seu profesorado. Destaca a incorporación de Anna Figueiredo e Elvira Ribeiro ao equipo docente, que se completa coa presenza de Inma López Silva, Antonio García Teijeiro e Diego Giráldez. Para Silva esta proporción correspóndese coa realidade “posto que hoxe no mundo da escrita galega as mulleres están ocupando moitísimo espazo e acadando grandes recoñecementos”. Con estas incorporacións a Escola acada un novo nivel posto que, como resaltou Castro, “non son cursos sen máis, e polo tanto a Escola cada ano ten que ir subindo o nivel de especialización. O ano pasado foron obradoiros máis xeneralistas e este ano queremos ir matizando moito máis”.

    Para este 2021 a Escola ten programados un total de seis talleres que terán lugar entre os meses de marzo e decembro. Comezará con dous obradoiros literarios impartidos por Inma López Silva entre os meses de marzo e maio.  No mes de xuño Antonio García Teijeiro ten programado un taller de poesía ao que seguirá, entre os meses de setembro e novembro, o obradoiro “Escribir unha novela”, impartido por Anna Figueiredo. Será entre outubro e novembro cando Diego Giráldez imparta o seu obradoiro literario e, para finalizar a Escola, Elvira Ribeiro fará o propio cun obradoiro de poesía. A maiores este ano incrementaranse as clases maxistrais, abertas a toda a cidadanía, nas se convida a diversas autoras e autores a realizar unha clase práctica. Estas actividades, ao igual que na edición anterior, serán de balde.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraEditorial GalaxiaEscola de Letras

    RelacionadosArtículos

    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas
    Actualidad

    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas

    12 de Nov, 2025
    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros
    Actualidad

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros

    07 de Nov, 2025
    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida
    Local

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida

    02 de Nov, 2025
    Local

    Caballero exige «ya» más millones a Xunta y Diputación para el estadio de Balaídos

    30 de Oct, 2025
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    La Deputación de Pontevedra presenta un presupuesto récord para 2026
    Actualidad

    La Deputación de Pontevedra presenta un presupuesto récord para 2026

    28 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia

    Desvelado el aforo máximo y la hora del encendido de las luces de Navidad de Vigo

    por Redacción
    11 de Nov, 2025
    0

    Una excavadora tira parte de su vivienda en el centro de Vigo: «Quieren que me largue de aquí»

    Una excavadora tira parte de su vivienda en el centro de Vigo: «Quieren que me largue de aquí»

    por Redacción
    10 de Nov, 2025
    0

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    0

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    por Redacción
    05 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Peligro de jabalíes
    Más Vigo

    Peligro de jabalíes

    La señal es explícita y cualquiera podrá interpretar el tipo de peligro aunque no sepa conducir. Sin embargo, a tenor...

    por Julio Alonso
    13 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Los cuentos que jubilan a Frozen y Spiderman (y los cambia por redeiras y percebeiras) se presentan en Vigo
    Libros

    Los cuentos que jubilan a Frozen y Spiderman (y los cambia por redeiras y percebeiras) se presentan en Vigo

    La autora viguesa Alexandra Touza presentará este viernes ,14 de noviembre, en la UNED de Vigo con su colección Cuentos...

    por David Augusto
    13 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior
    Opinión

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    "Esta grada de Tribuna, que está en azul, se retranquea unos 30 metros hacia afuera, es una gran bandeja con...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR