• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 10 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Os 22 alcaldes socialistas esixen á Xunta 250 millóns para os sectores máis afectados pola pandemia

    David Regades considera urxente que a Xunta de Galicia ofreza explicacións do destino, partida a partida, dos 1.193 millóns extraordinarios que leva recibidos do Goberno de España
    Redacción por Redacción
    16 de Ene, 2021
    en Local
    0
    Os 22 alcaldes socialistas esixen á Xunta 250 millóns para os sectores máis afectados pola pandemia

    Os 22 alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia de Pontevedra acordaron esixir da Xunta de Galicia a transferencia inmediata de 250 millóns de euros, con criterios regrados, entre tódolos concellos de Galicia para que sexa a Administración local, a máis próxima á cidadanía e “á primeira porta á que chama a xente cando hai un problema”, a que reparta as axudas aos sectores máis afectados pola pandemia de Covid-19.

    Así se acordou nunha xuntanza telemática na que tamén participaron as e os 8 tenentes de alcalde dun partido que goberna a 600.000 dos algo máis de 900.000 veciños e veciñas desta provincia. Un encontro no que tamén tiveron voz a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e os presidentes das federacións española (FEMP) e galega (Fegamp) de municipios e provincias, Abel Caballero e Alberto Varela.

    O municipalismo pontevedrés expresa a súa fartura cun Goberno galego, sempre preocupado pola confrontación como estratexia para eludir as súas responsabilidades, mesmo nunha situación tan crítica como a actual. Así os/as responsables locais socialistas acordaron deixar moi claro que que “quen pecha, paga”. Deste xeito sumáronse aos colectivos que defenden que o mesmo día en que a Xunta acorde pechar ou restrinxir un sector debe aprobar as indemnizacións correspondentes.

    Ademais, diante da incapacidade da Xunta para xestionar axudas cribles e trazables, ofrecéronse para que, unha vez transferidos eses 250 millóns (en torno a 120 millóns por cada un dos dous anos da pandemia), os concellos sexan o Portelo único onde se tramiten e resolvan as axudas reais “con cartos contantes e sonantes en lugar do fume da propaganda institucional”.

    “Os concellos, afogados”

    O secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades, lembrou que a Xunta de Galicia ten recibido xa 1.193 millóns de euros extraordinarios do Goberno de España para atender tódalas frontes derivadas da Covid-19 e non transferiu nin un só euro aos concellos galegos, a pesar de que estes asumiron subvencións directas ás súas pequenas empresas e autónomos, exencións e bonificacións ficais e mesmo gastos por competencias impropias como as desinfeccións de colexios e espazos públicos. Máis aínda, viron disparados os gastos das políticas sociosanitarias, entre as que destaca xa o custo do Servizo de Axuda no Fogar, competencia exclusiva da Xunta de Galicia, e no que a Xunta abona menos da metade do custe real do servizo. “Os concellos están afogados, algúns repartiron case o 5% do seu Orzamento en axudas directas, e Feijoo pretende que sexan eles os que sigan pagando case en solitario a factura da pandemia”.

    Diante desta situación o único apoio económico que ten chegado aos concellos da provincia de Pontevedra provén da Deputación que lles achegou 28 millóns de euros de anticipos da súa recadación tributaria, antes de ter cobrado un só euro, ademais de dous fondos extraordinarios dotados con 1,3 millóns de euros e 365.000 euros durante o ano pasado. Este mesmo ano, a Deputación xa comprometeu co seu Orzamento 2021 outros 6 millóns de euros englobados dentro da nova liña de flexibilidade do Plan Concellos.

    Axudas da Xunta

    O secretario xeral provincial demandou unha explicación detallada, “partida a partida” do destino deses 1.193 millóns de euros “que a Xunta meteu non sabemos onde, aínda que sospeitamos que, parcialmente, acabaron nas súas carísimas campañas de publicidade, que, dende logo, non son a prioridade cando tantos sectores, como a hostelería, o lecer nocturno, o turismo e a cultura estano a pasar realmente mal”.

    A falta de transparencia da Xunta, engadiu Regades, esténdese tamén ao alcance das axudas repartidas entre os colectivos de autónomos. A Xunta divulga cifras carentes, segundo Regades, da menor credibilidade. “Axudas”, engadiu, “embarulladas, con convocatorias redundantes, difíciles de tramitar e moi, moi pouco transparentes”. “As contas da Xunta sobre as axudas repartidas nin as cren os profesionais da hostelería, nin ninguén”, concluíu.

    Acordo das tres deputacións

    Durante a xuntanza do municipalismo socialista tomouse nota de que as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo xa acordaron conxuntamente demandar da Xunta de Galicia rebaixas na súa carga impositiva sobre os sectores produtivos afectados e sobre a cidadanía, nomeadamente nos canons da auga, do lixo (Sogama) e o tramo autonómico do IRPF para o caso dos negocios afectados. Estas mesmas exencións, subliñouse, servirían para que os concellos puideran trasladar rebaixas directas na factura da auga e do lixo que pasan á veciñanza e ao comercio, dado que os impostos autonómicos van “ocultos” e a maior parte dos contribuíntes descoñecen que tamén están a pagar fiscalidade autonómica no recibo municipal.

    Por outra banda, o municipalismo socialista pontevedrés felicitouse polo acordo alcanzado na Comunidade valenciana, onde a Generalitat, as deputacións e os concellos van da man dende o comezo da pandemia, con lealdade institucional. Un acordo que agora invoca “de xeito espurio e con total desfachatez” a Xunta de Galicia, sabendo que non mantiveron nin unha soa xuntanza conxunta co mundo local, tal e como lle reclamou insistentemente, a través de sete cartas non contestadas, a presidenta da Deputación, Carmela Silva. En todo caso, a asemblea municipal socialista da provincia de Pontevedra valorou o “modelo valencián” como un paso positivo na medida en que serán os municipios os que tramiten e repartan as subvencións do Fondo Covid19 desta comunidade. Aínda así, os alcaldes e alcaldesas consideran que sería moito máis axeitado o “modelo alemán”, é dicir, a aprobación simultánea das indemnizacións aos sectores afectados nos mesmos decretos nos que se lles restrinxe a actividade.

    “Isto non é outra disputa entre Adminstracións, é un basta xa”, expresaron varios representantes municipais. “Non é posible seguir tolerando as faltas de respecto institucional dunha Xunta de Galicia completamente antimunicipalista”, afirmou David Regades. “Feijoo está afeito ao “estilo Maduro”, a dicirnos autoritariamente o que temos que facer; un tic que se lle descontrolou dende as últimas Eleccións Autonómicas, pero agora vivimos unha situación dramática e calquera cousa que non sexa que as institucións colaboremos é fallarlle á cidadanía”. Por todo elo, o municipalismo socialista da provincia de Pontevedra demanda da Xunta que se apoie nos concellos, financiándoos cunha parte dos cartos que recibe do Estado e converténdoos no Portelo único que reparta axudas reais e realistas aos sectores máis prexudicados.

    43

    Tags: PSdeGPSOEXunta de Galicia

    RelacionadosArtículos

    La falta de visibilidad en Peinador obliga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo
    Local

    Peinador languidece y Caballero insiste en culpar sin pruebas a la Xunta: «No quiere apoyar vuelos en Vigo»

    09 de Ene, 2026
    La Xunta adjudica provisionalmente 20 viviendas de promoción pública en alquiler
    Mos

    La Xunta adjudica provisionalmente 20 viviendas de promoción pública en alquiler

    09 de Ene, 2026
    Sortean 20 viviendas en alquiler en Mos
    Mos

    Sortean 20 viviendas en alquiler en Mos

    08 de Ene, 2026
    Vigo adjudica provisionalmente a Ryanair el vuelo a Londres: el contrato se rubricará en febrero
    Local

    Caballero quiere que Xunta y Diputación cofinancien un vuelo regular entre Vigo y Londres

    05 de Ene, 2026
    La Xunta congela el peaje de la AG-57 Puxeiros-Val Miñor
    Actualidad

    La Xunta congela el peaje de la AG-57 Puxeiros-Val Miñor

    29 de Dic, 2025
    Alumnos de los conservatorios superiores de Vigo y A Coruña se alzan con los premios Mans Futuro a la excelencia musical
    Música

    La Xunta apoya con 265.000 euros a 74 escuelas de música gestionadas por ayuntamientos y entidades sin ánimo de lucro

    21 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Beade se llena de música y tradición con el III Encuentro de Rondallas

    El concurso de rondallas de Vigo cambia de ubicación y ya espera a más de 300 personas

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Los bomberos sacan por el techo a tres pasajeros de un bus escolar que chocó con un turismo

    Los bomberos sacan por el techo a tres pasajeros de un bus escolar que chocó con un turismo

    por Redacción
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Sin noticias del Dinoseto
    Más Vigo

    Sin noticias del Dinoseto

    Casi nadie recuerda al Dinoseto y mucho menos a su cría, personajes insignes de la ciudad de Vigo. Todo comenzó...

    por Julio Alonso
    09 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR