• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 6 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Universidade dispón de 156 novos postos de lectura no centro de Vigo para o alumnado a partir da vindeira semana

    O espazo, adaptado á normativa covid, estará aberto de 9.00 a 21.00 horas de luns a venres. Cómpre o carné da UVigo para acceder ás salas, unha delas para persoas con mobilidade reducida
    Redacción por Redacción
    16 de Ene, 2021
    en Local
    0
    A Universidade dispón de 156 novos postos de lectura no centro de Vigo para o alumnado a partir da vindeira semana

    Doce horas ao día e cinco días á semana permanecerán abertas as salas de lectura que a vindeira semana abrirán as súas portas no inmoble do número 6 da rúa López Mora, propiedade de Zona Franca, que antes albergaba o centro de informática de Abanca. En dous andares do edificio a Universidade de Vigo acondicionou varios espazos cun total de 156 postos de lectura para que o seu alumnado poida preparar, ata o 12 de febreiro, os exames do primeiro cuadrimestre.

    Tras o acordo acadado co Consocio e que inicialmente tamén contemplaba a posibilidade de que nese espazo se puidesen realizar exames, finalmente duas plantas do inmoble destinaranse ao estudo, nunha superficie total que dobra á da biblioteca da Escola de Enxeñería Industrial da rúa Torrecedeira. Amplíase así o número de postos de lectura cos que conta actualmente a UVigo, adaptados desde hai meses ás normativas sanitarias implantadas por mor da covid, co engadido ademais de ser neste caso un espazo “no centro de cidade, nunha ubicación excelente”, como sinalou o reitor, Manuel Reigosa. 

    Entre as 9.00 e as 21.00 horas de luns a venres, o alumnado que curse calquera titulación das que se imparten na Universidade de Vigo poderá facer uso a partir da próxima semana das salas: unha na planta baixa do inmoble con 15 postos, para persoas con mobilidade reducida, e outras dúas na segunda planta, con 115 postos unha e 26 a outra. Para acceder ao inmoble, que disporá de control de aforo, o alumnado terá que amosar o seu carné de estudante a UVigo.

    Totalmente adaptado ás normativas covid

    Desde que a pasada fin de semana se fixera pública a cesión temporal desta planta do edificio por parte de Zona á UVigo, a Universidade traballou no acondicionamento do espazo para que este cumpra coas normativas sanitarias, respectando as distancias entre os postos de lectura, que acadan como mínimo o 1.80 m de distancia entre eles; colocando códigos QR nas mesas e garantindo a ventilación dos espazos a traves das ventanas. A institución académica tamén foi a que se encargou estes últimos días de realizar o aprovisionamento de mesas e cadeiras dispostas nas salas de cada un dos andares.

    En total a UVigo adquiríu cos cartos de medidas covid outorgados pola Xunta, un total de 1.140 mesas e cadeiras, que ademas de neste inmoble se distribuíron no pavillón do campus de Vigo e no da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, así como no campus de Ourense, para a realización de exames. Coa posta en servizo destas salas, o equipo de Goberno atende a demanda en tempos de covid de habilitar máis espazos para a preparación e realización dos exames, garantindo así seguridade e saúde do alumnado.

    Mentres o espazo do inmoble de López Mora estará a partir da próxima semana destinado ao estudo, no pavillón do campus vigués os exames arrancaron o pasado luns coa proba de Matemáticas para o alumnado de primeiro curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas e continuaron o mércores coa materia Dirección de Recursos Humanos, de segundo curso deste mesmo grao. En total ao longo de todo o mes examinaranse nestas instalacións deportivas preto de 1800 alumnas e alumnos do Grao en Administración e Dirección de Empresas, se ben esta cifra é posible que se incremente se se producen novas solicitudes de uso por parte dos centros.

    Bibliotecas centrais dos campus abertas

    Por outra banda, cómpre lembrar que ata o domingo 24 de xaneiro, as bibliotecas centrais dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra amplían o seu horario de atención ao público co obxectivo de falicitar ao alumnado a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre. Así, estas tres instalacións estarán dispoñibles os sábados e domingos en horario ininterrompido de 09.00h a 21.00h. Tamén abre co mesmo horario a biblioteca de Torrecedeira, pero neste caso o servizo restrínxese unicamente ao estudantado da Universidade de Vigo, de xeito que non se permite a entrada ao público alleo.

    Con todo, por mor da situación da pandemia da covid-19 a capacidade das salas viuse reducida, polo que dende a Biblioteca Universitaria recomendan consultar a páxina web para informarse sobre a dispoñibilidade de postos de estudo nas catro bibliotecas en tempo real. 

    43

    Tags: calle López Moracentro de informáticaConsorcio Zona Franca de VigoUVigo

    RelacionadosArtículos

    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’
    Local

    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’

    06 de Oct, 2025
    Galicia logra avances favorables frente a los incendios: cuatro estabilizados
    Local

    La Universidade de Vigo participa en un proyecto pionero para la detección satelital de incendios

    02 de Oct, 2025
    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre  comunidades energéticas rurales
    Local

    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre comunidades energéticas rurales

    01 de Oct, 2025
    La catedrática Belén Rubio sucede a Reigosa y será la candidata a rectora de la UVigo
    Local

    La catedrática Belén Rubio sucede a Reigosa y será la candidata a rectora de la UVigo

    24 de Sep, 2025
    Local

    La UVigo espera que la ETEA se convierta en la «envidia» de los investigadores a nivel mundial

    23 de Sep, 2025
    As Celtas se presentan ante 500 aficionados y lo celebran con una victoria histórica
    Polideportivo

    Alianza entre UVigo y Diputación para «eliminar la brecha de investigación» sobre las lesiones deportivas femeninas

    22 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nueva superficie comercial de Vigo, a exposición pública: así será el ámbito de 14.000 m2 en Navia

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La Policía al servicio de la sociedad
    Más Vigo

    La Policía al servicio de la sociedad

    El día 2 de octubre es la fecha elegida para la celebración del Día de los Santos Custodios, patronos de...

    por Julio Alonso
    06 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en septiembre que no te puedes perder
    Libros

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en septiembre que no te puedes perder

    Ha llegado el otoño, pero aún quedan días de sol para salir a la calle, pasear por el campo y...

    por Gabriel Romero de Ávila
    04 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Enésimo retraso en el tren Vigo-Coruña: los pasajeros, al límite de la paciencia
    Opinión

    Los vigueses y la España vacía y vaciada

    En la prensa de mediados de junio de este año nuestro máximo mandatario vigués alardeaba de la supresión de paradas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR