• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 26 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Deputación lanza en Vigo ‘Descúbre-as’, un programa para impulsar o talento das artistas musicais

    Natary Feel, Paulinha e o Coro Allegro actuaron nunha gala que contou con mensaxes de apoio de grandes creadoras como Sés e Rozalén
    Redacción por Redacción
    18 de Dic, 2020
    en Música
    0
    A Deputación lanza en Vigo ‘Descúbre-as’, un programa para impulsar o talento das artistas musicais

    A música en vivo con voz de muller inundou a sede da Deputación en Vigo na gran festa organizada pola institución provincial para visibilizar o talento feminino entre as alumnas de escolas musicais, e pór en valor o traballo das artistas e as profesionais do sector. O acto celebrouse con motivo do lanzamento da plataforma ‘Descúbre-as’, un proxecto pioneiro en todo Estado, liderado pola Deputación coa colaboración de Regalamúsica e a participación dos centros de ensino e representantes da industria, que vai dirixido a mozas de entre 16 e 25 anos e ten como finalidade que poidan desenvolver a súa carreira coas mesmas oportunidades que os seus compañeiros.

    Unha gala que se prece para promover o talento musical feminino debe ter como protagonistas ás propias artistas e profesionais. Así aconteceu hoxe na sede de Vigo, con actuacións en vivo de principio a fin a cargo de Natary Feel, Coro Allegro e Paulinha, e o apoio a través de mensaxes en vídeo de destacadas representantes de distintos ámbitos do sector (promotoras, managers, artistas…). O evento tamén contou coa asistencia da presidenta da Deputacion, Carmela Silva, do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de creadoras, profesionais, alumnas e profesoras de escolas da provincia, así como de medios xerais e especializados. O acto foi emitido en directo a través da internet e nas redes sociais cun gran seguimento, e cumpriu o aforo e os protocolos activados fronte á Cóvid-19.

    Entre as creadoras que enviaron mensaxes no vídeo de apoio á iniciativa estaban Sés e tamén Rozalén, que se dirixiu a todas as mozas que queiran dedicarse ao mundo da música para desexarlles “moita forza e moito ánimo”. “Debedes ser moi constantes e se é o que realmente vos gusta, pelexade por conseguilo. Loitade moito, traballade moito e estudiade máis. Non hai mellor lotería que poder vivir do que che gusta”, subliñou a cantautora e compositora. 

    A presidenta Carmela Silva detallou todos os datos obxectivos de diferentes estudios que mostran ás claras a invisibilización das mulleres tamén na industria musical. “Por iso, dixo, nace Descubre-As, para rachar tamén na música con tanto teito de cristal e tanto chan de cemento armado”. “Hoxe o soño de empoderar e visibilizar ás mulleres que fan música convértese en realidade” asegurou. Mediante este proxecto preténdese combater “eses datos da situación da muller na música que son intolerables e non se poden consentir. Cando alguén ten coñecemento, méritos e talento debería posicionarse nos mellores lugares pero non, na música non está a acontecer porque nós non temos redes, non estamos mentorizadas, seguimos a ser invisibles e temos moitísimos estereotipos sociais que nos impiden posicionarnos, empoderarnos e chegar á metade de todo que é o que nos corresponde”. “Non podemos permitirnos como sociedade perder todo ese talento e por iso imos relacionalas coa industria musical para darlles oportunidades”, insistiu a presidenta provincial, quen tamén amosou a súa confianza en que “imos cambiar as cousas, porque cando nos unimos, cando hai sororidade entre as mulleres e logramos que os homes nos acompañen nesta fermosa loita, conseguimos cambiar o mundo”.

    Pola súa banda o alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo en valor a estreita relación da cidade coa música afirmando que “ten un talento innato: nesta cidade a música brota e esa cultura ten que ter a súa alma en mozas e mulleres, ten que ser igualitaria, porque o talento non é propiedade de ninguén, é un ben de desfrute colectivo e todo aquel ou aquela que o teña ten que ter a posibilidade de poder utilízalo”. Por este motivo Caballero felicitou á presidenta da Deputación por este proxecto para impulsar a igualdade, “un concepto básico”.

    A música en vivo do evento, que comezou cunha cinematográfica conta atrás, correu a cargo de artistas da provincia, e cada unha das actuacións simboliza as vimbias do proxecto “Descúbre-as”. A cantautora Natary Feel interpretou en directo o tema “Meiga”. Natary, nome artístico de Natalia Rial, é unha moza viguesa de 24 anos cun talento que xa está a inundar as redes con pequenas pílulas musicais en formato cover. O seu traballo supón un aliciente para todas aquelas nenas e mozas que buscan a maneira de xestionar o seu talento e convertelo nun proxecto real.

    Pouco despois chegou o turno do Coro Allegro, que interpretou unha versión de ‘Shallow’ de Lady Gaga. O grupo está formado por Carolina Vázquez Lemos, Amparo Mosquera Alonso, Victoria González Díez  e Ana Rodríguez-Quintana Pernas, alumnas de música da Escola Allegro (Vigo). A súa participación no acto representa a todas as nenas e mozas en fase de formación en moitas outras escolas repartidas por toda a provincia. A implicación das escolas no desenvolvemento de ‘Descúbre-as’ é fundamental, xa que nelas, tanto nenas como nais e pais depositan a súa confianza para a súa formación artística.

    Completou o abano de actuacións en vivo a cambadesa Paulinha, artista que, como ela mesmo explica, mestura no seu xenoma musical a poesía, o sentimento, a rabia e a constancia. Paulinha, nada en 1994, comezou a tocar os seus primeiros acordes á guitarra aos 14 anos e en 2018 lanzou o seu primeiro traballo, ‘De-Xeneración’. Este ano vén de publicar o segundo ‘A Mafaldada’. A artista é un exemplo do esforzo que supón compaxinar estudos, música e traballo para levar adiante o seu proxecto persoal.

    O proxecto ‘Descúbre-as’
    As mozas que cursan unha carreira musical teñen en ‘Descúbre-as’ unha nova canle de información, formación e contacto con artistas e representantes do sector para contribuír ao seu crecemento profesional e cumprir os seus soños. O proxecto, que se converterá nunha das accións culturais máis potentes da Deputación en 2021, busca rachar os obstáculos existentes para as mulleres no sector musical e desenvolveuse coa colaboración de profesionais, escolas de música e produtoras.

    O programa, de carácter musical, didáctico e social, artéllase en distintos eixos. Dunha banda ponse en marcha a plataforma web, www.descubrelas.com, onde é posible coñecer quen integra a iniciativa e as razóns de ser da mesma, así como noticias, entrevistas e vídeos relacionados coa actualidade musical. A web recolle tamén unha sección de videotitoriais con información sobre música e un foro de debate. Amais, tamén se inclúe un directorio de contacto a modo de novo mapa creativo da industria musical. Nesta sección, concretamente, visibilízase o traballo e talento feminino que existe na provincia en canto á industria musical e tamén se pon en contacto a profesionais do sector.

    Un ambicioso programa de mentoring dará apoio e contribuirá a desenvolver novas propostas musicais en colaboración con profesionais da industria, escolas e produtoras, acompañando ás mozas nos seus primeiros pasos e axudándoas a contactar e familiarizarse co sector. Para este programa de mentoring poderá formalizarse a inscrición a través da plataforma web, e ofrece ata seis sesións de asesoramento online con expertas da industria musical que axudarán ás mozas a lanzar os seus primeiros produtos, gravar a súa primeira canción e mesmo producir un vídeo-clip en formato profesional. Por outra banda, habilitarase un consultorio online no que se dará resposta ás estudantes de música sobre o programa, e completa o proxecto unha campaña de comunicación para divulgar a iniciativa, os seus contidos e o produto resultante.

    A música e toda a súa industria son un entorno masculinizado e así o demostran os datos. As mulleres suman o 16% das persoas artistas, o 12% na composición e o 3% na produción segundo un estudo da Universitat Pompeu Fabra. A Asociación MIM (Mujeres de la Industria Musical) constatou que o número de empresarias musicais sitúase no 16% a pesar de que o persoal feminino chega ao 38%, que un 18% das mulleres están ao fronte de salas e que soamente un 14% son directoras de empresas de música en directo ou discográficas.

    Outra mostra da desigualdade evidenciase nos carteis dos festivais. No 2017, nos 20 eventos musicais máis grandes de España soamente o 15% das persoas solistas e bandas incluían mulleres. Por outra banda, segundo “Mujeres y Música” soamente o 13% das artistas son bandas e solistas femininas e un 20% das persoas finalistas aos Premios da Música son mulleres. A fenda salarial e a precariedade tamén afecta ás traballadoras da industria musical e así, segundo o estudo do Goberno británico, a remuneración entre as empregadas de Sony, Universal ou Warner tiña unha diferencia cos homes dun 35%.

    A situación nas escolas
    O número de alumnas nos conservatorios de música supera amplamente ao de alumnos, tanto nos estudos elementais como nos profesionais, sen embargo o peso das mulleres mingua a medida que avanzan as carreiras. Así, as mozas son o 56,5% nos estudos elementais e o 53,6% nos profesionais, pero a cifra invértese ao chegar aos estudos superiores, onde son máis homes, o 58,6%. En canto ao profesorado nos conservatorios as docentes supoñen o 43,6%, e por cada tres catedráticas hai sete catedráticos.

    Esta realidade, unido ao talento feminino existente na provincia de Pontevedra, moveu á Deputación a pór en marcha o proxecto ‘Descúbre-as’ a fin de eliminar todas as barreiras que dificultan ás mozas expresar e exercer plenamente a súa vocación musical.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraDescúbre-asmúsica

    RelacionadosArtículos

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    La Orquesta Vigo 430 inaugura su temporada con un viaje al Romanticismo tardío
    Música

    La Orquesta Vigo 430 inaugura su temporada con un viaje al Romanticismo tardío

    21 de Ene, 2026
    Vigo suma una nueva fecha a su cartel musical más íntimo: Gara Durán se une a los Momentos Alhambra
    Música

    Vigo suma una nueva fecha a su cartel musical más íntimo: Gara Durán se une a los Momentos Alhambra

    19 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    No mires a los ojos de Pablo López
    Música

    Pablo López reaviva su idilio con Vigo este fin de semana

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    por Redacción
    19 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando el colegio Mezquita
    Más Vigo

    Recordando el colegio Mezquita

    Pocas personas saben que la ubicación del segundo edificio de la izquierda, el que acoge un conocido bingo en su...

    por Julio Alonso
    24 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción
    Libros

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción

    «Cuando te acaban de contratar, pasas a un estado liminal de existencia, recordó Verity en el andén de la estación...

    por Gabriel Romero de Ávila
    24 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR