• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 5 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    covid-19

    A Universidade de Vigo rexistrou 168 positivos por Covid-19 dende o inicio do curso

    O 88% dos contaxiados foron alumnos, o cal causou incidencias puntuais nas clases. A prevalencia é inferior ás medias galega e española
    Redacción por Redacción
    09 de Dic, 2020
    en Covid-19
    0
    A Universidade de Vigo rexistrou 168 positivos por Covid-19 dende o inicio do curso

    O curso 2020-2021 arrancaba no mes de setembro con moitas novidades pero tamén con moita incerteza sobre como a evolución da pandemia da Covid-19 afectaría á vida académica e laboral da comunidade universitaria. Pasados xa catro meses, a Universidade de Vigo considera que o número de casos acumulados nos tres campus “demostra que as medidas postas durante este tempo foron efectivas”.

    Así, dende o 21 de setembro, día no que se iniciou o curso oficialmente, ata o día 6 deste mes de decembro rexistráronse 168 casos confirmados, dos cales 148 foron entre o alumnado, cinco entre o persoal de administración e servizos (PAS) e 15 entre o persoal docente e investigador (PDI).

    A Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade está a realizar un seguimento semanal dos casos e, atendendo aos datos dispoñibles, o vicerreitor e responsable do Comité de Seguimento da Covid-19, José Luis Míguez, explica que na Universidade de Vigo “a prevalencia é inferior á de Galicia e á de España”. Lembra que o curso comezaba sen saber “como ía ser o comportamento do estudantado, que ten unha grande interacción social, pero excepto casos puntuais de casos confirmados en pisos alugados, o comportamento en xeral ten sido moi bo”.

    Os datos amosan que se produciron dous picos, ambos con 29 positivos, no mes de outubro en Ourense e no de novembro en Vigo, coincidindo tamén cun repunte de contaxios nestas cidades. Na actualidade, con 8 casos activos na institución na semana entre o 30 de novembro e o 6 de decembro, a curva desta segunda vaga estase aplanando de igual xeito que o está a facer en Galicia.

    A evolución dos contaxios entre a comunidade universitaria foi parella á da segunda vaga deste outono en toda España. Na primeira semana do curso rexistráronse cinco casos e a segunda, catro. A partir de aí, a confirmación de positivos foise incrementando semana a semana: 8, 10, 29, 19, 29, 22 e 19 e comezou a decrecer notablemente a partir da semana do 23 ao 29 de novembro, na que se rexistraron 14 casos e na primeira de decembro, con só 8.

    Atendendo aos últimos casos analizados, os correspondentes ao período do últimos dez días (do 27 de novembro ata o 6 de decembro) rexistráronse 11, todos eles estudantes. Vigo foi o campus con maior incidencia, con sete casos, dos cales dous corresponden ao edificio de Ciencias Experimentais; tres á EE Industrial (un no campus e dous en Torrecedeira) e outros dous á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. En Ourense foron tres casos no Edificio de Ferro e en Pontevedra un, na EE Forestal.

    Sen apenas impacto na docencia
    Os casos rexistrados ao longo destes meses tan só provocaron “incidencias puntuais” na planificación docente. Así, a finais de outubro pasaron a docencia virtual todas as titulacións de Ciencias da Educación e do Deporte e 4º de Publicidade e RRPP, ambos centros no campus de Pontevedra. No primeiro caso, o cambio foi durante só dous días, despois de realizar PCR ás persoas que deran positivo nos test rápidos. No caso de 4º de Publicidade e RRPP, o cambio durou cinco días, volvendo á normalidade o día 2 de novembro, tamén tras os resultados das probas PCR. Xa no mes de novembro, entre o día 16 e o 25 de novembro, pasaron a modalidade virtual un grupo de 1º da Escola de Enxeñería Industrial, en Torrecedeira, e o 2º curso do Grao de Traballo Social da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense.

    Para a planificación deste curso académico, o equipo reitoral da UVigo apostou pola “prevención temperá” e deseñou unha serie de medidas orientadas a evitar que as escolas e facultades se convertesen nun foco de contaxio e expansión da Covid-19. As cifras de casos detectados, asegura José Luis Míguez, “demostran que tanto as medidas adoptadas en función das recomendacións do Sergas” como as deseñadas pola propia institución académica, funcionan e que “se pode intentar, cunha prevención temperá, poñer cortalumes á transmisión do coronavirus”.

    Así, por unha banda púxose en marcha unha campaña de rastrexo de casos que comezou coa realización de probas a través do sistema ‘pooling’ a todo o persoal, tanto PAS como PDI, ao inicio do curso. A estas únense outros 200 test semanais ao alumnado, que poden ser aleatorios ou ben concentrarse en centros e cursos nos que se detecte maior incidencia do virus.

    Outra das medidas destacadas para este curso foi a instalación de códigos QR nas aulas, que permiten facer un seguimento das persoas usuarias en caso de detectarse algún caso positivo nunha clase. Ademais, escolas e facultades adaptáronse a esta nova contorna docente ampliando espazos para asegurar as distancias de seguridade e poñen a disposición de toda a comunidade universitaria as medidas hixiénicas e sanitarias precisas para facer deste curso un curso o máis seguro posible.

    No que se refire á organización docente, a UVigo decidiu que cada escola ou facultade elixise, segundo as súas necesidades, entre a docencia mixta, parcialmente presencial ou 100% presencial. Para isto, e coa experiencia da posta en marcha do Campus Remoto o curso pasado, a Universidade seguiu ampliando e mellorando as plataformas e ferramentas para a docencia virtual. Así, xunto co xemelgo dixital, creáronse as Aulas Integra, espazos dotados con equipos persoais como ordenadores ou tabletas, que dan soporte a un “encerado virtual” que pode verse simultaneamente polos alumnos presentes na aula e por aqueles que sigan as clases desde a súa casa, ademais de permitir a adecuada interacción destes últimos. Tamén se puxo en marcha o novo portal de teledocencia, MooVi, que irá progresivamente substituíndo a FaiTic.

    43

    Tags: coronavirusCovid-19UVigo

    RelacionadosArtículos

    El vehículo autónomo de la UVigo y el CTAG se expande a la ciberseguridad
    local

    A UVigo celebra o Día da Ciencia en Galego co lanzamento do concurso de monólogos Gargallada Científica

    05 de Nov, 2025
    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”
    Local

    Caballero anuncia un plan de 2,5 millones para rescatar viviendas en Vigo

    31 de Oct, 2025
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»
    Local

    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»

    22 de Oct, 2025
    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio
    Local

    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio

    21 de Oct, 2025
    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura
    Cultura

    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura

    18 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El balcón de los sueños
    Más Vigo

    El balcón de los sueños

    El mirador del Paseo de Alfonso XII, en la ciudad de Vigo, sigue siendo un punto de reunión tanto para...

    por Julio Alonso
    05 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo
    Libros

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo

    El espacio cultural Évame Oroza se convertirá este miércoles en el epicentro de la poesía y la reflexión sobre la...

    por Redacción
    04 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR