• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 7 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    exposición

    As mulleres redeiras, protagonistas en Vigo baixo as pinceladas de Darío Basso

    A sede viguesa da Deputación inaugura a mostra na que se poden ver materiais e bosquexos que o artista foi pintando ata dar vida ao grande mural que viste a fachada provincial
    Redacción por Redacción
    21 de Nov, 2020
    en Exposiciones
    0
    As mulleres redeiras, protagonistas en Vigo baixo as pinceladas de Darío Basso

    Se a principios do século XX a viguesa rúa Eduardo Chao foi o escenario urbano onde as mulleres do mar estendían as redes para poder proceder ao seu remendo e a súa seca, desde hoxe a sede da Deputación, que ocupa o mesmo viario, toma o relevo para volver a dar todo o protagonismo ás redeiras galegas. Así debe entenderse a exposición de Darío Basso, inaugurada esta tarde, na que se pode ver o percorrido pictórico que fixo o artista ata chegar a dar vida ao grande mural que viste a fachada da sede provincial.

    A música, as pandeiretas e as voces de Tanxugueiras foron a banda sonora da inauguración, un acto virtual pechado ao público debido ás restricións da pandemia, no que Darío Basso estivo acompañado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e por Pilar Nogueira, “Pili”, redeira de Cangas, que falou en nome de tantas compañeiras que aínda practican esta arte en tantos outros peiraos da costa atlántica.

    Un traballo imprescindible para a pesca, tantas veces invisibilizado e que hai que por en valor. Pili mostrou a súa emoción “por darnos visiblidade e recoñecemento a este oficio”. E o seu orgullo. “Son bisneta e neta de redeiras, crecín entre redes, fíos e salitre, e grazas a todas as mulleres que nos precederon agora temos soldos e condicións de traballo dignas. Polas que foron, polas que están e polas que teñen que vir, grazas”.

    Na exposición, Basso expón unha parte dos materiais que utilizou para pintar o mural, e dos bosquexos que foi creando ata chegar a súa obra final na parede exterior da sede viguesa, unha mostra que o propio artista definiu como “unha homenaxe ás mulleres do mar, para recordar o seu traballo silenciado e a relación desta cidade co mar”. Recordou o traballo de investigación antropolóxico que fixo sobre o oficio das redeiras, ”mulleres indispensables no sistema alimentario e económico pero invisibilizado”. O artista tamén relatou como “despois de tantos anos emigrado, para maior aprendizaxe da miña pintura, emocionábame cando saía a correr con cada esquina, con cada movemento da ría, con cada cor da cidade que me mirou crecer e á que volvía. Todo iso, dixo, quería devolver con este mural e esta exposición”

    A presidenta provincial, Carmela Silva, enxalzou o poderío e a calidade de Tanxugueiras. “Mulleres poderosas que trouxeron as cantareiras ao século XXI e reconverteron os cantares das nosas avoas e nais”. E puxo en valor ás redeiras como Pili, “unha forza da natureza que representa as mulleres que tiveron un enorme peso na actividade económica, aínda que silenciadas, pero cun papel fundamental. Sen redes non había pesca”, recordou. A presidenta da Deputación cualificou a Darío Basso como “o artista total”, “máis que un enorme pintor, comprometido co seu tempo e co espazo que lle tocou vivir”. Carmela Silva lembrou o traballo antropolóxico que fixo o artista que desembocou “nun mural marabilloso que enche de arte de cor esta rúa e que manda unha clara mensaxe: cultura sempre pero en pandemia aínda máis, e detrás dela a gran rede das nosas mulleres, mulleres empoderadas para cambiar o mundo”.

    Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que cualificou a Basso como o “grande mestre que fixo unha obra espectacular”, homenaxeou ás redeiras. “figuras clave dunha cultura excepcional que é a cultura do mar, facendo industria desde o respecto ao mar e á pesca e cun traballo que é prodixio e maxia”. O alcalde tivo un aplauso especial para Tanxgueiras das que se declarou “o fan número 1”, e agradeceu á Deputación “a súa enorme mobilidade cultural que encheu de arte e cultura este lugar”.

    Na mostra, que poderase ver ata o 8 de xaneiro, figuran os bosquexos que Basso creou a partir da imaxe e plástica das redes da pesca, 27 acuarelas e un espectacular políptico “Patente”, con 15 fragmentos de teas que foron colocadas no exterior da sede, sobre o chan para protexelo da pintura durante a execución do mural. Amais, tamén se amosan os materiais que empregou para pintar, concretamente dous coxíns de sofás e unha manta que serviron para o arrastre da pintura sobre a fachada. O proceso do artista para elaborar “Redeiras”, no que contou coa colaboración de Paula Lago, alumna súa,tamén se ofrece a través de dúas pantallas nas que se proxectan imaxes e fotografías de libros nos que o artista se inspirou para realizar a peza, e un time-lapse que amosa o avance na execución do mural, e como este foi collendo forma ata converterse nun dos grandes lenzos urbanos da cidade de Vigo, enchendo de cor o Casco Vello.

    43

    Tags: Darío BassoDeputación de Pontevedraredeiras

    RelacionadosArtículos

    A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do programa +Bosques
    Comarcas

    A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do programa +Bosques

    25 de Ago, 2025
    A Deputación leva este venres a Roi Casal á Guarda a través do programa +Música
    A Guarda

    A Deputación leva este venres a Roi Casal á Guarda a través do programa +Música

    22 de Ago, 2025
    ‘Son Verán’ llenará de música la provincia de Pontevedra
    Música

    ‘Son Verán’ llenará de música la provincia de Pontevedra

    02 de Ago, 2025
    Soutomaior acolle a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’
    Comarcas

    La Diputación lleva este martes a Mondariz-Balneario una jornada de cuentacuentos sobre las Cantareiras

    27 de Jul, 2025
    Soutomaior acolle a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’
    Comarcas

    Soutomaior acolle a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’

    26 de Jul, 2025
    Cuatro de cada diez personas que visitaron Pontevedra en junio eran extranjeras
    Comarcas

    Cuatro de cada diez personas que visitaron Pontevedra en junio eran extranjeras

    26 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    por Iago Castro
    25 de Ago, 2025
    0

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    por María Alonso
    03 de Sep, 2025
    0

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    por María Alonso
    04 de Sep, 2025
    0

    Una cita en A Gamboa de Vigo

    Una cita en A Gamboa de Vigo

    por Julio Alonso
    04 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Fuentes luminosas de Vigo
    Más Vigo

    Fuentes luminosas de Vigo

    La fotografía muestra la fuente luminosa de la Praza de Compostela (Alameda) de la ciudad de Vigo. El mérito del...

    por Julio Alonso
    06 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder
    Libros

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder

    Acaba el mes del calor y los parones veraniegos, y lo hace con unas cuantas novedades editoriales de lo más...

    por Gabriel Romero de Ávila
    30 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    Los niños criados en ambientes creativos, se convierten en adultos de éxito
    Opinión

    Los niños criados en ambientes creativos, se convierten en adultos de éxito

    Hoy, el reto de educar a los pequeños de forma consciente es toda una apuesta. La mayoría de los padres...

    por Cristina Lorenzo
    06 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR