• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 18 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O BNG emenda 13,5 millóns do orzamento municipal de Vigo para atender as “necesidades reais da veciñanza”

    A fronte nacionalista formulou 78 obxeccións parciais con propostas concretas. “Vigo non pode gastar máis en atencións protocolarias que en campañas de sensibilización contra a violencia machista”, di Xabier P. Igrexas
    Redacción por Redacción
    16 de Nov, 2020
    en Economía
    0
    O BNG de Vigo demanda maiores medidas preventivas na residencia pública do Meixoeiro

    Xabier Pérez Igrexas, concelleiro do BNG en Vigo. / Foto: Sonia Daponte

    O Bloque Nacionalista Galego presentou publicamente as 78 emendas parciais que formularon ao proxecto de orzamentos municipais do Concello de Vigo para o vindeiro exercicio 2021, e que se debaterán no pleno do vindeiro mércores. A fronte nacionalista propón modificacións que totalizan máis de 13,5 millóns de euros, co obxectivo de “atender as necesidades reais da veciñanza e dos barrios e parroquias”, segundo explicou o concelleiro, Xabier P. Igrexas.

    Igrexas destacou entre as propostas nacionalistas a demanda de 3 novas escolas infantís municipais nos barrios de Balaídos, O Calvario e Teis. Propoñen multiplicar por 1,5 a partida destinada ao Plan Municipal de Emprego até dotala de como mínimo 3 millóns de euros. “Non podemos seguir gastando máis en luces e adornos de nadal que en políticas que inciden na principal preocupación das viguesas e dos vigueses, nun momento no que a nosa cidade xa ten preto de 25 mil persoas desempregadas”, explicou.

    O portavoz nacionalista subliñou a importancia de “reforzar e alargar inda máis as políticas sociais” do Concello, para combater en mellores condicións os graves efectos da crise derivada do coronavirus, formulando o incremento dalgunhas partidas que o Goberno municipal recortou nas contas do vindeiro ano. Ademais, propoñen a posta en marcha dunha liña de axudas para o alugueiro, para abordar o problema social do acceso a unha vivenda digna que padecen moitas familias traballadoras de Vigo, por causa da carestía dos prezos e da ausencia dun parque público de vivendas sociais.

    Desde a fronte nacionalista avogan por reforzar de maneira substancial as políticas de igualdade, sinalando que “hai que abandonar o feminismo retórico, a palabrería oca e pasar aos feitos”. “Vigo non pode permitirse gastar máis en atencións protocolarias que do que gasta en todo ano en campañas de sensibilización contra a violencia machista”. Neste capítulo defende a creación dun Plan Municipal de Apoio aos Coidados, precisamente cando a pandemia puxo de relevo a súa enorme importancia.

    Outro dos ámbitos que as emendas do Bloque tentan corrixir son as políticas de “desertización cultural” aplicadas polo Goberno local nos últimos anos, con medidas como a dinamización e revitalización da rede museística da cidade ou a creación de dúas novas bibliotecas públicas municipais en Coia e Valadares.

    “Con estas emendas queremos que os orzamentos municipais dean resposta a este contexto de dificultades, atendendo as necesidades do pobo, pero sobre todo que poñan no centro o verdadeiramente importante: as viguesas e os vigueses”, resumiu Igrexas.

    43

    Tags: BNG de VigoOrzamentospresupuestoXabier P. Igrexas

    RelacionadosArtículos

    El presupuesto de Vigo para 2024 reserva 7 millones para la Avenida de Madrid; la grada de Gol, para “finales de año”
    Local

    Ante los «insoportables» niveles de ruido y contaminación, una revisión de la movilidad urbana

    16 de Ene, 2026
    Local

    El BNG alerta de la «situación límite» en Vigo: solo 400 viviendas disponibles en alquiler

    13 de Ene, 2026
    La Estación de Autobuses sigue a la espera
    Local

    Frente a la demolición, un aparcamiento e instalaciones sociocomunitarias en la antigua estación de autobuses

    12 de Ene, 2026
    La CIG denuncia “falta de personal” en el PAC de Vigo y pide seguridad para evitar “incidentes”
    Local

    Otros dos PAC en Vigo como solución a las colas y los amontonamientos en Urgencias

    07 de Ene, 2026
    Local

    «Vuelva usted mañana», definición de la política de vivienda del Gobierno de Abel Caballero

    02 de Ene, 2026
    Local

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    30 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    por Redacción
    14 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando a Hernández y Carrascal en la Rúa Príncipe
    Más Vigo

    Recordando a Hernández y Carrascal en la Rúa Príncipe

    Esta fotografía está tomada en la Rúa Príncipe, de la ciudad de Vigo, hace más de diez años. A la...

    por Julio Alonso
    17 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    La literatura gallega contemporánea se detiene este jueves en el corazón de O Morrazo para explorar las fronteras entre la...

    por Redacción
    14 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR