• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 24 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Nigrán honra ao mestre republicano Vázquez Grela fusilado no 36

    O Concello celebra o Mes de Recuperación da Memoria Histórica colocando un panel biográfico que inclúe fotos e documentos da autonomeada 'Comisión Depuradora del Personal de Magisterio de Pontevedra'
    Redacción por Redacción
    17 de Oct, 2020
    en Nigrán
    0
    Nigrán honra ao mestre republicano Vázquez Grela fusilado no 36

    Grela, primeiro home pola esquerda, e a súa familia.

    O Concello de Nigrán adica o seu Mes de Recuperación da Memoria Histórica a José Vázquez Grela, mestre republicano de Nigrán asasinado o 12 de setembro de 1936. Así, esta mañá quedou instalado no parque inagurado no 2018 e que leva o seu nome (ao carón da Avda.Val Miñor, onde estaba a súa escola) un panel coa súa biografía, fotos e documentos da ‘Comisión Depuradora del Personal de Magisterio de Pontevedra’. Ao lugar acudíu o alcalde acompañado do neto de Grela, José Vázquez, e da edil de Cultura, Nuria Lorenzo. Posteriormente, desprazáronse a Panxón para depositar un ramo de flores no monumento adicada á ‘volta dos nove’ ao carón do Pavillón Municipal, no coñecido como o ‘Xardín da Memoria’; onde estivo Pilar Vieitez, nora do asasinado Modesto Fernández ‘Rei Chiquito’. O Concello de Nigrán celebra cada ano desde 2015 o Mes da Memoria Histórica facéndoo coincidir precisamente coa coñecida como ‘Volta dos Nove’, un dos sucesos máis terribles da comarca porque supuxo a execución a sangue fría de nove veciños do Val Miñor o 15 de outubro de 1936. Nesta ocasión, debido ás actuais circunstancias sanitarias, non se celebrou ningún acto público.

    «José Vázquez Grela é tamén protagonista dun dos episodios máis tristes da Guerra Civil en Nigrán e exercía a súa labor na escola situada nas inmediacións deste espazo público que rehabilitamos no 2018 e ao que bautizamos no seu nome. Consideramos unha obriga moral manter viva a nosa memoria, por iso era preciso instalar este panel, para que todos os veciños poidan coñecer quen era Grela e que inxusto final tivo; para que non se repita o peor da nosa Historia debemos coñecer estes episodios tan vergoñentos», considera o alcalde, Juan González, quen como historiador recolleu este caso no seu libro ‘Nigrán. Memoria dunha Guerra 1936-1939’. «Os seus alumnos xamais puideron esquecer como a mañá do 12 de setembro de 1936 uns homes interromperon a clase para levarse a Grela e como minutos despois soaron cinco disparos», escolma no seu traballo.

    Grela e esposa.

    Natural de Ames (Padrón) coñeceu a súa muller Josefa Iglesias en Bos Aires, onde emigrou con 12 anos para gañarse a vida como panadeiro. O matrimonio tivo seis fillos e pasou uns anos en Cuba antes de retornar a Galicia. Foi xa na terra onde con 33 anos (1930) sacou as oposicións de Mestre Nacional e, tras diversos destinos, en 1932 tomou posesión en Nigrán. Dende a súa chegada ao municipio gañouse a admiración e respeto dos veciños grazas a súa bondade e disposición a axudar sempre. Grela asumiu dende o inicio a presidencia do Consello Local de Primeiro Ensino, onde loitou por adecuar o ensino aos postulados máis renovadores e liberais, intentando levar a educación aos lugares máis afastados co fin de conseguir a alfabetización de toda a poboación e conquerir unha sociedade máis xusta e igualitaria. A súa labor non se limitaba aos cativos, tamén contribuía formando aos demais mestres da comarca e coa súa biblioteca participaba en tódolos eidos culturais de Nigrán. «En definitiva, era o prototipo de mestre da República, comprometido cos principios desa nova ensinanza e políticamente moi activo, ao punto de que foi un dos organizadores do mitin de xuño de 1936 nas Angustias a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia ao que asistiría Castelao como orador», resume González.

    Entre a propia información que recolle o panel figura este texto:

    «O Golpe de Estado de xullo de 1936 e a feroz represión ían deixar a Nigrán sen moitas das persoas que traballaban por facer un mundo mellor e máis xusto, tal como desexaba o mestre José Vázquez Grela. Así, o 12 de setembro, ao redor das 12.30 horas da mañá, foron a buscalo a escola. Algúns alumnos, como Severino Crespo, recordan que no centro entraron o famoso garda civil de Bouzas ‘O Rabioso’ e tres falanxistas que os mandaron saír, entre eles estaba o fillo pequeno de Grela. Todos intuíron o que ía pasar, opropio mestre pediu que o deixaran despedirse da súa esposa e, aínda que non llo permitiron, suspirou profundamente para que ela o escoitase no piso de arriba, onde vivía. Metérono no coche patrulla dirección a As Angustias e despois fixéronlle baixar coa escusa de ir ver ao cura, en canto comezou a andar déronlle cinco tiros polas costas. Juan Cabreira Sanromán, tamén alumno, relatou como escoitaron os disparos pouco despois de levalo e como ao ir correndo para casa topouno morto nunha cuneta coa bata completamente ensanguentada. Grela contaba entón con 50 anos, a súa morte foi certificada á tarde do día seguinte e o seu corpo enterrado na foxa 21 do cemiterio de Nigrán, onde o Concello celebrou no 2015 na súa honra o Día da Recuperación da Memoria Lingüística de Galicia traducindo a súa lápida ao galego nun acto público coa súa familia».

    43

    Tags: José Vázquez GrelaMemoria HistóricaNigrán

    RelacionadosArtículos

    El nuevo parque deportivo inclusivo de Porto do Molle recibe las primeras visitas de arquitectos y colectivos
    Nigrán

    El nuevo parque deportivo inclusivo de Porto do Molle recibe las primeras visitas de arquitectos y colectivos

    29 de Oct, 2025
    Condenados a cárcel los cuatro acusados de robar un altavoz, un proyector, chucherías y embutidos de un campo de fútbol 
    Nigrán

    Condenados a cárcel los cuatro acusados de robar un altavoz, un proyector, chucherías y embutidos de un campo de fútbol 

    22 de Oct, 2025
    Hasta 30.000 euros en premios para el mejor diseño del nuevo ‘macrocomplejo’ deportivo del área de Vigo
    Nigrán

    Hasta 30.000 euros en premios para el mejor diseño del nuevo ‘macrocomplejo’ deportivo del área de Vigo

    13 de Oct, 2025
    Archivada la causa contra un edil del PSOE de Cangas investigado por usurpación de estado civil en una baja de vado
    Nigrán

    Unos caseros aceptan penas menores de prisión tras intentar echar a unos inquilinos con disparos al aire

    09 de Oct, 2025
    Nigrán destinará 4,5 millones de euros para crear un nuevo espacio deportivo inclusivo
    Nigrán

    Nigrán destinará 4,5 millones de euros para crear un nuevo espacio deportivo inclusivo

    27 de Sep, 2025
    Nigrán te lleva (gratis) a descubrir una de las rutas más mágicas del norte de Portugal
    Nigrán

    Nigrán te lleva (gratis) a descubrir una de las rutas más mágicas del norte de Portugal

    25 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 1

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    por Redacción
    20 de Nov, 2025
    0

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    por Redacción
    22 de Nov, 2025
    0

    El barrio de Coia ya proyecta 13 nuevas viviendas (dos dúplex y terraza privada) con el visto bueno de Urbanismo

    El barrio de Coia ya proyecta 13 nuevas viviendas (dos dúplex y terraza privada) con el visto bueno de Urbanismo

    por Redacción
    19 de Nov, 2025
    0

    Y tras el vallado (otra vez) del Paseo de Alfonso, ya es real el derribo del legendario Casa Roucos

    Y tras el vallado (otra vez) del Paseo de Alfonso, ya es real el derribo del legendario Casa Roucos

    por María Alonso
    21 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un Romancero Gitano de García Lorca en Vigo
    Más Vigo

    Un Romancero Gitano de García Lorca en Vigo

    En el año 2022, el entonces estudiante universitario Iago Rodríguez Lago estaba realizando prácticas en la biblioteca del Centro Recreativo...

    por Julio Alonso
    22 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo
    Libros

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo

    El pasado viernes 21 tuvo lugar en Vigo la presentación de Necrocromo, el último libro de Carlos Segovia, escritor, pianista...

    por Gabriel Romero de Ávila
    23 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Alameda - Plaza de Compostela - 3
    Opinión

    Alameda de Vigo, ¿BIC?

    Por Ramón Boga El menguante patrimonio histórico de Vigo es el testigo de la contribución de nuestros ancestros a la...

    por Cartas al Director
    20 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR