• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 21 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    covid-19

    A Universidade de Vigo realizará probas PCR mediante saliva a todo o seu persoal

    O seguimento prolongarase ao longo de todo curso con 200 controis aleatorios por semana. Nas próximas semanas levaranse a cabo arredor de 3000 test
    Redacción por Redacción
    09 de Sep, 2020
    en Covid-19
    0
    O alumnado da Uvigo comeza, lentamente, o regreso aos campus seis meses despois

    Inicio das clases na Universidade de Vigo. / Foto: DUVI

    A Universidade de Vigo realizará nas vindeiras semanas probas PCR mediante saliva a todo o seu persoal. Serán arredor de 3.000 persoas as que se someterán a estes test, incluíndo o persoal de administración e servizos, o docente e investigador e todas as demais modalidades de contratos de investigación (de predoutoramento, con financiamento de Xunta de Galicia ou do Estado, etc.). É, a xuízo do equipo de goberno, unha aposta pola seguridade e a prevención da comunidade universitaria e das súas familias. “Pensamos que con este enfoque, diferente aos propostos noutras universidades ou noutras institucións, poderemos previr a transmisión da pandemia dentro das nosas posibilidades”, explica o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez Tabarés.

    As probas levaranse a cabo empregando o innovador test masivo PCR sobre a saliva baseado no sistema ‘pooling’ desenvolvido na Fundación Biomédica Galicia Sur e no Hospital Álvaro Cunqueiro coa colaboración de Jacobo Porteiro, investigador da Escola de Enxeñería Industrial e do Cintecx.  Este método, que está xa a empregarse desde o pasado mes de maio, permite analizar nun único test as mostras de varios cidadáns, multiplicándose así a capacidade de avaliación. Consiste en agrupar as mostras de diferentes persoas e procesalas xuntas, como se fosen as dun só individuo e, se o resultado do procesamento da mostra resultante é negativo, infírese que cada unha das mostras orixinais son tamén negativas, co que se aforra o tempo e capacidade que requiría o estudo individual de cada unha das mostras orixinais. No caso de que o resultado global sexa positivo, o que se fai é separar as mostras para volvelas procesar, ben dividindo o conxunto total en fraccións máis pequenas ou ben analizando cada unha delas de xeito individual.

    A realización dos test vai coincidir coas datas do inicio do curso académico e, en función das capacidades de análise da Fundación Biomédica, levaranse a cabo ao longo de todo o mes e poderán concluír nas primeiras semanas de outubro. Avisarase a cada persoa sobre cando debe realizar a proba cun par de días de antelación. En total recibirán o aviso arredor de 2180 membros do PDI e do PAS, 200 persoas contratadas con cargo ao capítulo I dos orzamentos (predoutoramento, con financiamento da Xunta de Galicia ou do Estado) e arredor de 500 do capítulo VI (contratados/as con cargos a proxectos ou programas de investigación con financiación allea).

    200 PCR por semana, principalmente para o alumnado
    Tras esta avaliación inicial, o equipo de goberno ten previsto levar a cabo un seguimento periódico que se prolongará durante todo o curso. A idea é realizar un total de 200 PCR por semana, neste caso centradas principalmente no alumnado. Segundo se explica desde a Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade, mentres non existan casos positivos os controis serán aleatorios, de xeito que as probas se repartirán entre os distintos centros e se nomearán as persoas chamadas cada semana.

    No caso de que a Universidade teña coñecemento de que se confirmou algún positivo por covid-19 nalgún centro, utilizaranse estas probas semanais para afondar no estado da saúde das persoas en contacto estreito (fundamentalmente do mesmo curso) para poder ser máis rápidos se fose preciso tomar algunha medida específica, como pasar un curso, un grupo, unha titulación ou un centro á fase de non presencialidade durante dúas semanas. Nese caso, durante o tempo que dure esa situación, as clases seguirán o previsto nas guías docentes para o escenario de confinamento, continuando a docencia usando Campus Remoto e MooVi-Faitic.

    Procedemento a seguir
    O procedemento que se vai seguir para a realización das probas PCR comezará co aviso individualizado por SMS e por correo electrónico das datas de recollida dos tubos nas conserxerías. Cada persoa levará o kit para a casa e, unha vez tomada a mostra, entregarase de novo no centro de traballo. Neste proceso vai ser preciso descargar unha aplicación móbil que permitirá, de xeito totalmente anónimo, facer o seguimento dos casos e a comunicación dos resultados.  

    43

    Tags: Covid-19PCRUVigo

    RelacionadosArtículos

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio
    Local

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio

    19 de Dic, 2025
    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo
    Local

    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo

    18 de Dic, 2025
    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona
    Local

    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona

    12 de Dic, 2025
    El alcalde reclama una facultad de Medicina para Vigo
    Salud

    La Xunta insta a «salvar» la descentralización de Medicina y advierte de que no habrá más plazas ni recursos

    02 de Dic, 2025
    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia
    Local

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia

    01 de Dic, 2025
    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas
    Local

    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas

    24 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Una empresa del área de Vigo se encargará de la delicada obra de ingeniería que transformará el faro de Cíes

    Una empresa del área de Vigo se encargará de la delicada obra de ingeniería que transformará el faro de Cíes

    por Redacción
    16 de Dic, 2025
    0

    Vitrasa municipal

    Vigo dice adiós a las bonificaciones del bus urbano por no tener Zonas de Bajas Emisiones

    por Redacción
    16 de Dic, 2025
    0

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    por Redacción
    19 de Dic, 2025
    0

    Barcelona desbanca a Vigo y recoge el premio al que aspiraba de Capital Europea de la Navidad

    por María Alonso
    19 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rompiendo barreras
    Más Vigo

    Rompiendo barreras

    La fotografía muestra las obras de construcción de un nuevo ascensor urbano, concretamente, en la Rúa Juan Ramón Jiménez, de...

    por Julio Alonso
    20 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    El hundimiento
    Opinión

    El hundimiento

    Estos días me vino a la memoria una gran película de 2004, "El hundimiento". Se trata de una grandísima película...

    por Fernando Torres Carbajo
    16 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR