• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 2 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    nova normalidade

    O alumnado da Uvigo comeza, lentamente, o regreso aos campus seis meses despois

    A universidade olívica volve acoller estudantes tras o inicio da pandemia con novas instrucións para sentarse nas aulas ou para usar os servizos de cafetería. Asignaranse códigos QR para facilitar o rastrexo en caso de contaxio
    Redacción por Redacción
    07 de Sep, 2020
    en Covid-19
    0
    O alumnado da Uvigo comeza, lentamente, o regreso aos campus seis meses despois

    Se ben o inicio do período académico non está previsto ata o vindeiro día 21, desde este luns xa hai alumnas e alumnos da Universidade de Vigo que, medio ano despois do inicio da crise sanitaria provocada pola covid-19, volveron aos campus. Non é un regreso masivo, nin moito menos, pero a actividade xa comezou a notarse en algúns centros co regreso de estudantes de todos os cursos, agás de 1º, que volven para realizar actividades docentes, de acollida, de fin de carreira ou prácticas. Regresan a unha universidade diferente da que deixaron en marzo e coas escolas e facultades dotadas de todas as medidas sanitarias e cívicas necesarias para garantir unha convivencia segura e responsable.

    Nun curso no que haberá titulacións nas que toda a docencia será presencial e outras con docencia mixta e no que están previstas medidas para o caso de que toda a docencia teña que pasar a ser en liña, a realización de actividades antes do inicio do período académico, concretamente desde hoxe ata o vindeiro venres 18, foi solicitada desde as facultades de Ciencias, Dereito, Ciencias da Educación e a Escola de Enxeñaría Informática no campus de Ourense; a EE Forestal en Pontevedra e as facultades de Filoloxía e Tradución, Ciencias Xurídicas e do Traballo, Bioloxía, Ciencias do Mar e Química e as escolas de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Telecomunicación e Enxeñería Industrial no de Vigo.

    O alumnado ten agora que asistir ás diferentes actividades con máscara, limpar as mans ao entrar e gardar as distancias de seguridade cando pasen pola porta e en todo o percorrido polo centro, centros nos que poden consultar todas as indicacións, tanto en carteis fixos como nas pantallas de televisión normalmente situadas na entrada. Para facilitar esta nova realidade colocáronse múltiples dispensadores de xel hidroalcólico e están marcados no chan os vieiros para circular, evitando así cruzarse con persoas que veñen no sentido contrario. Tamén hai novas instrucións para empregar os aseos, os servizos de cafetería e a recomendación de non comer nin en corredores nin nas aulas.

    Nunha carta enviada xa a pasada semana a todo o alumnado da UVigo, a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, explicoulles aos estudantes as diferentes medidas que deben coñecer e respectar na súa volta ás aulas. No referente ás medidas de autoprotección, a vicerreitora anunciou que se lle entregará a cada estudante unha máscara lavable reutilizable co logo da Universidade de Vigo que deberá utilizarse coas adecuadas medidas de hixiene.

    Ademais de lembrarlles que non deben acudir aos seus centros se teñen algún síntoma asociado coa covid-19, recoméndaselle que antes de iniciar o curso se informen ben de cal é o seu médico e centro sanitario. Por outra parte, desde o equipo de goberno fan tamén fincapé en que se prepararon dúas actividades formativas pensadas especificamente para eles: unha sobre o sistema de videoconferencia que se vai empregar no Campus Integra, a contorna que permite conxugar as clases presenciais e as transmitidas a través do Campus Remoto ou xemelgo Dixital da UVigo; e outra sobre o funcionamento básico da nova plataforma de teledocencia, MooVi.

    Códigos QR nas aulas
    Entre as principais medidas de actuación nos centros destaca a dotación de códigos QR nas aulas, actuación que desde a Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade estiman estará lista para o inicio oficial das clases o vindeiro día 21. A idea é que cada aula teña o seu propio código identificativo e que cada estudante ou docente que entre cargue a fila e o asento no que está sentado o que permitirá, no caso de precisarse, rastrexar con facilidade a todas as persoas usuarias. Ademais disto, cada clase vai ter marcados os asentos que poden empregar para garantir a distancia de metro e medio e a recomendación é empregar sempre o mesmo asento. No caso das prácticas de informática, as aulas están preparadas para que cada posto estea individualizado con anteparo transparente e cada alumnos deberá, antes de empregar o ordenador, colocar un filme plástico encima do teclado e do rato que botará ao lixo unha vez finalizada a clase nas papeleiras con tapa situadas para tal efecto.

    As aulas desinfectaranse ao inicio de cada xornada e, caso de que o alumno ou alumna entre nunha clase que estivese previamente ocupada terá ao seu dispor papel desbotable con desinfectante á súa disposición.

    No caso das prácticas de laboratorio, ademais da máscara, o docente porá ao dispor do alumno/a un protector facial, ambos de uso obrigatorio se o profesor considera que polos produtos utilizados ou pola materia tratada é necesario.

    Que facer ante a aparición dun caso?
    Nas recomendacións enviadas pola vicerreitoría ao alumnado, infórmaselles tamén de que tras a aparición dun caso diagnosticado de covid-19 deben seguir as recomendacións da Xefatura Territorial de Sanidade. Neste senso, se algún alumno é diagnosticado positivo por PCR ou tivo contacto estreito, deberá comunicalo por correo electrónico o máis axiña posible ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade (sprl@uvigo.gal) e a persoa responsable da covid do seu centro. A partir da diagnose seguiranse as instrucións dadas pola Consellería de Sanidade e pola autoridade sanitaria e o comité de expertos/as da covid da Universidade de Vigo, quen en función do número de contaxios, poderán ordenar o peche dunha ou de varias aulas, dun grao, mestrado ou dun centro educativo na súa totalidade.

    43

    Tags: Covid-19UVigo

    RelacionadosArtículos

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia
    Local

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia

    01 de Dic, 2025
    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas
    Local

    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas

    24 de Nov, 2025
    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina
    Marítima

    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina

    21 de Nov, 2025
    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger
    Local

    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger

    20 de Nov, 2025
    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»
    Local

    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»

    18 de Nov, 2025
    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos
    Local

    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos

    17 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Los vigueses perdieron 34 horas al volante en los atascos

    «No se toman medidas hasta que hay una desgracia, y no será por falta de advertencias»

    por Redacción
    01 de Dic, 2025
    0

    Vigo revalida el liderato de los supermercados más baratos de España

    Un histórico hipermercado levanta su persiana tras una remodelación completa

    por Redacción
    25 de Nov, 2025
    0

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    por Redacción
    30 de Nov, 2025
    0

    Semana de ilustres (y esperados) estrenos en la calle Príncipe

    Tras un año en Vigo, la perfumería ‘low cost’ por excelencia se expande a Vialia

    por Redacción
    28 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un gran tranvía para un gran Vigo
    Más Vigo

    Un gran tranvía para un gran Vigo

    Casi al final de este año 2025 ha salido a la luz un libro muy interesante sobre los tranvías de...

    por Julio Alonso
    01 de Dic, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar
    Libros

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar

    La escritora viguesa Laura Torres regresa este viernes, 28 de noviembre, a su ciudad natal para presentar Beland, mi lugar...

    por David Augusto
    27 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Los querubines son de Vigo
    Opinión

    Los querubines son de Vigo

    Lo que muestra esta fotografía es el estado actual de una de las zonas más significativas de la ciudad de...

    por Julio Alonso
    30 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR