• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 20 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo incorporará dous investigadores seleccionados no programa europeo Starting Grant

    Os proxectos de Mario Pansera e Sara Varela obteñen, cada un, preto de 1,5 millóns do ERC
    Redacción por Redacción
    03 de Sep, 2020
    en Ciencia y Tecnología
    0
    A UVigo incorporará dous investigadores seleccionados no programa europeo Starting Grant

    Dirixidas a que novas e novos investigadores destacados poidan crear os seus propios equipos de traballo e desenvolver liñas de investigación pioneiras, as bolsas Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) recibiron neste 2020 un total de 3272 candidaturas, das que só 436 acadaron o financiamento do organismo europeo. Entre elas, as presentadas polos investigadores Mario Pansera e Sara Varela, que, ao abeiro do programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (Gain), desenvolverán na Universidade de Vigo uns proxectos que obtiveron, cada un deles, preto de 1,5 millóns de euros nesta convocatoria. Ao longo dos próximos cinco anos, o italiano Mario Pansera levará a cabo unha investigación que ten como obxectivo analizar como sería unha sociedade capaz de prosperar sen necesidade dun crecemento económico continuo, explorando “novas formas de organizar a produción máis sustentables e xustas”, mentres que Varela retornará ao seu Vigo natal para desenvolver unha liña de traballo que, a través da interacción entre clima, xeografía e vida, busca avanzar no coñecemento dos procesos que levan á aparición e desaparición de especies.

    Inseridas no programa Horizonte 2020 da Unión Europea, o ERC fixo pública este xoves a relación dos 436 proxectos gañadores, 23 en España, destas bolsas Starting Grant. “Son unhas axudas tremendamente competitivas, é como gañar unha medalla nas Olimpíadas”, salienta a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio. “É de salientar”, engade, “o prestixioso recoñecemento” acadado por Varela e Pansera na convocatoria dunhas bolsas dirixidas a “fomentar a investigación da máis alta calidade en Europa”, que edicións anteriores, lograran o catedrático David Posada e a investigadora Elena Ojea. 

    Consolidar unha traxectoria e crear un equipo de traballo

    Como “unha oportunidade única para acelerar a miña carreira académica” valora esta bolsa Mario Pansera, actualmente profesor axudante na Universitat Autónoma de Barcelona. Prospera (Prospering without growth: Science, Technolohy and Innovation in a post-growth era) é o nome dun proxecto que, sinala, “abre a posibilidade de crear na UVigo un grupo de investigadores moi ben conectados a nivel internacional” e que foi un dos 126 seleccionados na liña de Ciencias Sociais e Humanidades. Tras doutorarse en Management pola Universidade de Exeter, Pansera desenvolveu unha estadía posdoutoral en Bruxelas, a través dunha bolsa Marie Curie, para logo traballar como investigador na Universidade de Bristol. A investigación e innovación responsables (RRI) e a innovación para a sustentabilidade centran as liñas de traballo de Pansera, que se incorporará á UVigo a comezos de 2021, tendo como grupo de referencia á agrupación estratéxica Ecobas.

    Meses antes retornará a Vigo Sara Varela, actualmente investigadora no Museo de Historia Natural de Berlín. Tras licenciarse en Bioloxía na UVigo e realizar a súa tese de doutoramento no Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid, o seu labor investigador levouna á República Checa, Brasil e Alemaña, antes de obter con esta bolsa a oportunidade de “consolidar a miña carreira como investigadora na Universidade de Vigo”, sinala. “É unha oportunidade única para desenvolver un proxecto multidisciplinar e complexo, que necesita dun equipo grande e estable de investigadores», salienta Varela, que, dentro do Grupo de Ecoloxía Animal, buscará reunir un equipo de “especialistas en diferentes disciplinas, desde física do clima ata paleontoloxía” para o seu proxecto Mapas (Mapping biodiversity cradles and graves), un dos 124 seleccionados na liña de Ciencias da Vida.

    Ambos, incorporaranse á Universidade a través do programa Oportunius, dirixido a atraer e reter talento investigador de primeiro nivel, e que implica, máis aló dos fondos outorgados polo ERC, o financiamento “dalgunhas das actividades e contratos adicionais no proxecto”, explica Belén Rubio. “A incorporación destes dous investigadores significa a apertura dun futuro científico moi prometedor e punteiro na UVigo, tanto no ámbito das ciencias sociais, no caso de Mario Pansera, como no ámbito científico, no de Sara Varela”, engade Rubio, que lembra que os seus proxectos traerán aparellada a “atracción de máis talento” coa incorporación doutros “investigadores relevantes”, así como “un incremento das publicacións en revistas de prestixio”, que redundará “nun mellor posicionamento nos ránkings da UVigo”.

    Clima, xeografía e evolución para predicir extincións

    “Facer unha síntese do coñecemento que temos sobre bioxeografía (onde habitan as especies) e evolución (cando cambian as especies) da vida na Terra” é o propósito central do “ambicioso” proxecto que Sara Varela desenvolverá grazas a esta bolsa e que, recoñece, “abrirá novas posibilidades de traballo en Galicia en temas de palomacroecoloxía e palobioxeografía”. A idea, engade, é estudar “como interactúan o clima, a xeografía e a vida, modificándose os uns aos outros”, cun primeiro obxectivo de xerar “mapas paleoclimáticos para os últimos 540 millóns de anos, que á súa vez permita “programar un modelo que simule os mecanismos de diversificación da vida”. Deste xeito, o obxectivo final, sinala, “é comprobar se entendemos os procesos que xeran diversidade o suficiente para poder predicir onde e cando aparecen e desaparecen as especies” 

    Para levar a cabo este proxecto, contará coa colaboración do Potsdam Climate Institute alemán e de investigadores do Reino Unido, Brasil e Bélxica, Tamén colaborarán no proxecto a ilustradora Cirenia Arias Baldrich e o ‘paleoartista’ Douglas Henderson, o que fará posible divulgar, explica Varela, “non só os resultados da nosa investigación, senón como é o noso traballo día a día”. Nese senso, está prevista a realización dunha serie de vídeos e dunha exposición sobre a vida na Terra, “para falar do movemento dos continentes no tempo, dos eventos climáticos do pasado e das especies que habitaban o planeta en temos remotos”, na que contarán coa colaboración de Henderson.

    É posible prosperar sen crecer?

    Partindo da posta en cuestión de se as economías poden crecer eternamente e se ese crecemento económico perpetuo é “factible e desexable”, Mario Pansera centrará a súa investigación en “explorar como sería unha sociedade que prospera sen necesidade de aumentar de maneira indefinida indicadores como o PIB”. O investigador pregúntase neste proxecto se “habería espazo para a innovación nun modelo “poscrecemento”, xa que, ao seu xuízo, “desenredar a innovación do crecemento é a clave para imaxinar unha era” non baseada nun crecemento “insostible”. Pansera incide nese senso en que innovar tense convertido “nun imperativo para a supervivencia e expansión de calquera forma de organización”, polo que serán precisas “novas narrativas para a innovación”, que vaian máis aló da tecnoloxía e impliquen un “cambio cultural e institucional”. Deste xeito, a súa investigación buscará dar resposta ás preguntas de “como serían as organizacións nun sistema que non se basea nun crecemento sen fin; que niveis de complexidade tecnolóxica podemos alcanzar nunha economía que non crece; e que políticas, infraestruturas e formas organizativas se precisan para este novo paradigma da innovación”. 

    Deste xeito, o proxecto seleccionado polo ERC, destaca, “crea as condicións para que a UVigo se poña en primeira liña na investigación sobre economías e organizacións alternativas, centradas no benestar das persoas e non na maximización dos beneficios económicos”, permitindo explorar, “en tempos da covid-19, novas formas de organizar a produción que sexan máis sustentables e xustas”. 

    43

    Tags: UVigo

    RelacionadosArtículos

    Vigo roza los 27ºC de madrugada tras vivir el día más caluroso del año
    Medio Ambiente

    Investigadores de UVigo, USC y CSIC prevén que las olas de calor en España serán «mucho más intensas» desde 2050

    19 de May, 2025
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Un científico de alto nivel de la UVigo, beneficiado con una ayuda de la Xunta para reforzar su contrato europeo

    12 de May, 2025
    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia
    Local

    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia

    05 de May, 2025
    Una doctora y una enfermera, testigos en la boda de un paciente oncológico en Povisa
    galicia

    Las universidades gallegas prevén incrementar en cuatro años las plazas de Enfermería

    30 de Abr, 2025
    La UVigo liderará tres proyectos transfronterizos con un presupuesto de 800.000 euros
    Local

    La UVigo retoma mañana las clases tras el apagón

    29 de Abr, 2025
    La ciencia toma las calles de Vigo
    Local

    La ciencia toma las calles de Vigo

    24 de Abr, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    por Redacción
    16 de May, 2025
    0

    ‘Dientes de dragón’, la “novedosa” señal en Vigo para aportar seguridad al CEIP Emilia Pardo Bazán

    Denuncian la expulsión de un niño de Infantil de un colegio de Vigo por no contar con un profesor de apoyo

    por Europa Press
    14 de May, 2025
    0

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    por Redacción
    18 de May, 2025
    0

    Caballero celebra que, al no parar en Segovia o Medina, el tren entre Vigo y Madrid bajó de las 4 horas

    Caballero celebra que, al no parar en Segovia o Medina, el tren entre Vigo y Madrid bajó de las 4 horas

    por Redacción
    15 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Una imagen para el recuerdo del Paseo de Alfonso XII
    Más Vigo

    Una imagen para el recuerdo del Paseo de Alfonso XII

    El histórico mirador del Paseo de Alfonso XII, en la ciudad de Vigo, tiene unas vistas realmente privilegiadas sobre la...

    por Julio Alonso
    20 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Máscara Verde, el héroe del cómic que nació en Vigo La editorial Cíes lanzó en 1949 las aventuras de este valiente guerrero que alcanzó 14 inolvidables números
    Más Vigo

    Máscara Verde, el héroe del cómic que nació en Vigo

    “Máscara Verde es el personaje más audaz y valiente de todos los creados hasta ahora, pues su arrojo y temeridad...

    por Eduardo Rolland
    17 de Jun, 2023

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo
    Más Vigo

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo

    Gastando pista o bajo la soberana palmera que presidía el local, miles de parejas viguesas se conocieron en un mítico...

    por Eduardo Rolland
    20 de Feb, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR