• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 3 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O festival sostible The Wild reúne a Arizona Baby, Terbutalina e Escuchando Elefantes

    A completa e esixente carreira de obstáculos The Wild Race e a andaina solidaria mantéñense dentro das actividades previstas neste segundo ano do certame, que terá lugar o 5 e 6 de setembro no parque forestal de San Miguel de Oia e celébrase de novo coa premisa de desfrutar da natureza dende o respecto e a responsabilidade
    Redacción por Redacción
    30 de Jul, 2020
    en Música
    0
    O festival sostible The Wild reúne a Arizona Baby, Terbutalina e Escuchando Elefantes

    Queda pouco máis dun mes para que comece a nova edición de The Wild, que se celebrará o 5 e 6 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Un festival que xunta nun mesmo lugar actividades tan diversas como concertos, faladoiros, xogos para os máis cativos, cinema, sendeirismo ou competicións deportivas baixo unha premisa común: gozar da natureza dende o respecto e a responsabilidade.

    Juan Pablo Pérez e Óscar Gallego, do equipo de dirección de The Wild, Juan de Castro, xestor do festival, Nuria Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente de Vigo e Manuel Giráldez, presidente da Comunidade de Montes San Miguel de Oia presentaron este xoves o cartel do evento, que desvela os grupos de música que pasarán polos escenarios do certame e as actividades paralelas na súa segunda edición.

    O equipo do evento amosou o agradecemento tanto ao Concello de Vigo como a Comunidade de Montes de San Miguel de Oia por axudar dende o primeiro momento ao desenrolo do festival, sobre todo nesta época de incerteza por mor da Covid-19. De feito, o Concello de Vigo non só deu o seu apoio ao festival dende a súa primeira edición, senón que tamén estivo presente durante o desenvolvemento do protocolo para reforzar as medidas de control co fin de evitar contaxios e converterse nun espazo seguro. Así, Nuria Rodríguez sinala que dende o Concello están «encantados de participar e axudar neste festival medioambiental que xa o ano pasado foi todo un éxito» e animan a todos a asistir.

    Neste sentido, os asistentes poderán gozar dun total de sete concertos, dende o grupo country  Arizona Baby ata os galegos Terbutalina, que mesturan rock de garaxe e punk, pasando polo dúo (tamén galego) de folk-rock Escuchando Elefantes.

    Ademais, completan o cartel The Broke, rock con influencias de funky, punk e hard rock; Blues do País, unha máxica mestura de clásicos do blues reinterpretados no noso idioma que non deixará indiferente a ninguén, a banda indie EX Hedera e Cé Orquestra Pantasma, quen fará as delicias dos máis cativos.

    Doutra banda, tampouco pode faltar The Wild Race, prevista para o 6 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia. «Será unha carreira de 10 quilómetros con máis de 35 obstáculos pensada para facer de xeito individual ou por equipos dun máximo de 4 persoas» explica Óscar Gallego. Tamén volverá a andaina solidaria, nesta ocasión destinando os fondos recadados a fundación Fran Gil que loita contra a leucemia.

    Por suposto, este ano, marcado pola crise sanitaria provocada polo coronavirus, o evento reestruturará as súas actividades e seguirá unhas estritas medidas de seguridade apoiadas polo Concello de Vigo que inclúen, entre outros, redución do aforo en máis dun 90%, controis de temperatura no acceso ao festival, obrigatoriedade de levar mascarilla en desprazamentos ou para adquirir calquera produto, dispensadores de xel hidroalcohólico, espazos separados, circulación en sentido único ou unha zona de emerxencias médicas. Ademais, os concertos terán cadeiras e alpacas de palla para que os asistentes gocen do evento mantendo as seguridades de distancia.

    Todo, co obxectivo de facer o festival nun entorno seguro tanto para asistentes como para artistas e traballadores.

    THE WILD FEST

    Na súa primeira edición, que tivo lugar do 28 ao 30 de xuño en San Miguel de Oia, acudiron máis dun millar de persoas co fin de participar na andaina solidaria, coñecer de primeira man empresas galegas sostibles, gozar de boa música ou emocionarse co cine de natureza. Por suposto, os máis cativos tamén tiveron a ocasión de pasar un moi bo rato mentres aprendían o importante que é coidar o medio ambiente.

    Na vindeira edición, The Wild, que  se celebrará o 5 e 6 de setembro, buscará asentarse como un festival multidisciplinar e sostible de referencia na comarca de Vigo polo que seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.

    De esquerda a dereita: Óscar Gallego, director The Wild Festival; Juan de Castro, xestor The Wild Festival; Juan Pablo Pérez, coordinador The Wild Festival; Nuria Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente e Manuel Giraldez, presidente da Comunidade de Montes San Miguel de Oia.

    43

    Tags: Arizona BabyEscuchando Elefantesparque forestalSan Miguel de OiasostenibilidadTerbutalinaThe Broke

    RelacionadosArtículos

    Nuevo asalto de los vecinos para reconquistar Toralla: «Esta vez iremos por tierra y mar»
    Local

    Nuevo asalto de los vecinos para reconquistar Toralla: «Esta vez iremos por tierra y mar»

    27 de Jun, 2025
    Vigo estrena romería gastronómica: la Festa dos Callos
    Local

    Vigo estrena romería gastronómica: la Festa dos Callos

    12 de Jun, 2025
    Gadis refuerza su compromiso con la sostenibilidad medioambiental
    Medio Ambiente

    Gadis refuerza su compromiso con la sostenibilidad medioambiental

    04 de Jun, 2025
    Nuevo corte de tráfico en una de las vías más transitadas de la zona de playas
    Local

    Nuevo corte de tráfico en una de las vías más transitadas de la zona de playas

    29 de May, 2025
    Abierto el plazo para la andaina solidaria con mejores vistas de Vigo
    Solidaridad

    Abierto el plazo para la andaina solidaria con mejores vistas de Vigo

    19 de Mar, 2025
    Camiño a Camiño 2025, 17 años de rutas que conectan Vigo con la naturaleza
    Polideportivo

    Camiño a Camiño 2025, 17 años de rutas que conectan Vigo con la naturaleza

    17 de Mar, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Galerías Viguesas olvidadas
    Más Vigo

    Galerías Viguesas olvidadas

    Estas galerías comerciales que llevan el nombre de Centro Comercial están ubicadas en el número 5 de la Rúa Marqués...

    por Julio Alonso
    03 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR