• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 11 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Cátedra de Feminismos 4.0 da UVigo fomentará os estudos STEM

    O reitor e a presidenta da Deputación asinaron o convenio que dá continuidade a esta proposta. Ambas institucións colaborarán na elaboración dun “comité de sabias”
    Redacción por Redacción
    24 de Jul, 2020
    en Local
    0
    A Cátedra de Feminismos 4.0 da UVigo fomentará os estudos STEM

    Hai un ano, a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra asinaban un compromiso mutuo para poñer en marcha a Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo, co dobre obxectivo de evitar que no espazo dixital se reproduza e amplifique a desigualdade de xénero que persiste na sociedade e, ao tempo, incrementar a presenza feminina nas áreas científico-tecnolóxicas. Transcorridos 12 meses, ambas institucións consolidan esta colaboración cun novo convenio, no marco do cal a Deputación achega 60.000 euros. O acordo, que foi asinado este venres polo reitor Manuel Reigosa e a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, contempla unha serie de actividades para este próximo curso no marco da cátedra, como a posta en marcha dunha convocatoria de premios para promocionar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre as mozas ou a creación dun “comité de sabias”.

    O obxectivo deste novo convenio é dar continuidade á Cátedra Feminismos 4.0 para «a promoción da igualdade, a non discriminación e a accesibilidade universal das mulleres no ámbito das actuais sociedades da información e, en concreto, a promoción e impulso de actividades de investigación e innovación feminista en todos os ámbitos de coñecemento, priorizando en especial os estudos relacionados coa dixitalización actual da sociedade e o ámbito das STEM, onde as mulleres están infrarrepresentadas e que resulta un espazo cada vez máis relevante nas sociedades do futuro”, explicaban os representantes de ambas institucións. 

    Carmela Silva agradeceu a colaboración da Universidade de Vigo, á que cualificou como un “referente nacional en políticas de igualdade” ao tempo que recoñecía que este “é dos convenios que eu firmo con máis satisfacción, e fágoo cun home feminista e empoderado”. O reitor da UVigo agradeceu estas palabras e lembrou a necesidade de “non dar un paso atrás” no que se refire á loita pola igualdade real, que non se produce, puntualizou, nin sequera “en institucións aparentemente igualitarias como a universidade”. Neste sentido, Reigosa remarcou que a igualdade é “o tema fundamental do século e a sociedade, se quere ser plena e xusta ten que ser igualitaria e, daquela, ten que ser feminista”. Tamén incidiu na importancia de que a perspectiva de xénero “impregne as tres funcións da universidade: a docencia, a investigación e a divulgación”.

    O acto contou coa presenza da nova deputada responsable do eido de Igualdade, Victoria Alonso e da directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez.

    Actividades para potenciar a presenza feminina nas STEM

    Segundo explicaron ambos representantes institucionais, existen estudos que amosan que as mulleres en xeral obteñen mellores resultados no seu paso pola universidade que os homes: mellores taxas de rendemento, éxito e avaliación, notas medias e taxas de idoneidade e graduación. Porén, prodúcese unha concentración importante de estudantes mulleres nas carreiras de artes e humanidades, ciencias sociais e xurídicas e ciencias da saúde, mentres que a súa presencia é moito menor nas enxeñerías. A porcentaxe de postos ocupados por mulleres en traballos relacionados coas materias STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) seguen sendo residual. 

    Para tratar de mudar este escenario, no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo poranse en marcha diversas actuacións concretas, como os premios GirlGeekCivid, “para promocionar, apoiar e fomentar os estudos STEM entre as alumnas da Universidade de Vigo de titulacións dos campus situados na provincia de Pontevedra”, unha actividade “de especial relevancia nestes tempos de pandemia”, puntualizaba Silva.

    Por outra banda, en outubro celebrarase a segunda edición do workshop virtual Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado, que contará coa participación de investigadoras expertas internacionais e nacionais. Esta cita comprenderá un wikimatarón feminista e un obradoiro virtual para, como explicaba Silva, “identificar e combater os machitroles, porque é moi importante facernos conscientes dos ataques brutais que acontecen nas redes sociais e que sufrimos as mulleres e para os precisamos ter respostas”. 

    Outra das novas propostas da cátedra, moi celebrada por Silva e Reigosa, é a creación dun comité de sabias, para “que a xente saiba que hai grades expertas e conte co seu coñecemento”. O acordo contempla tamén continuar coa convocatoria de bolsas de investigación en cuestións relacionadas coa igualdade, cunha contía de 6000 euros, así como a creación dun espazo web para a Cátedra Feminismo 4.0.

    43

    Tags: Cátedra de FeminismoDeputación de PontevedraUVigo

    RelacionadosArtículos

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La Diputación de Pontevedra cierra el año de ‘SmartPeme’ con cinco nuevos talleres online
    Actualidad

    La Diputación impartirá 34 formaciones sobre bienestar emocional en 19 centros educativos

    06 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Un parking del centro de Vigo se suma a las rebajas: podrás aparcar medio día por menos de 5 euros

    Un parking del centro de Vigo se suma a las rebajas: podrás aparcar medio día por menos de 5 euros

    por Redacción
    08 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos
    Más Vigo

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos

    Hace años que el aeropuerto de Peinador se enfrenta a una variada y espinosa competencia: por una parte, los demás...

    por Julio Alonso
    10 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ
    Libros

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Fátima Rodríguez Carrera logrou o segundo premio do I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ co seu relato «Pequeno busca fogar»....

    por Redacción
    11 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR