• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 23 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Nace ‘Rías Baixas Film Fest’, a nova marca para fortalecer os festivais de cinema da provincia

    A marca da Deputación de Pontevedra e dos festivais do audiovisual integra a Cans, Play Doc, FIC Bueu, Again, Primavera de Cine, Galicia Freaky Film, Curtas Festival do Imaxinario, Novos Cinema e Curtas Armadiña
    Redacción por Redacción
    22 de Jul, 2020
    en Cine
    0
    Nace ‘Rías Baixas Film Fest’, a nova marca para fortalecer os festivais de cinema da provincia

    “Hai poucas provincias no conxunto do Estado que teñan tantos festivais audiovisuais e de tanta calidade como a de Pontevedra”. Con esta declaración, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a benvida á nova marca provincial de calidade para o cinema da provincia. ‘Rías Baixas Film Fest’, o nome corporativo decidido pola institución provincial e os festivais, integrará aos nove certames máis importantes : Cans (O Porriño, 2-5 de setembro), Primavera de Cine (Vigo, 15-20 de setembro), FIC Bueu (11-19 de setembro), Play-Doc (Tui, 23-27 de setembro), Festival Again de Cine Inclusivo (Vigo, 13 ao 17 de outubro), Curtas Festival do Imaxinario (Vilagarcía, 23 de outubro ao 1 de novembro), Galicia Freaky Film (Vigo, 28 ao 31 de outubro), Novos Cinemas (Pontevedra, 15 ao 20 de decembro) e Curtas Armadiñas (Poio). 

    Ao acto de presentación, que vestiu a fachada exterior da sede da Deputación en Vigo cos símbolos dos festivais e no que se puido ver o vídeo da campaña de promoción da provincia ‘Ven’, asistiron as promotoras dos eventos e representantes dos concellos onde se desenvolven, amais de deputadas e deputados do goberno. Carmela Silva destacou que “hoxe comeza a andaina dun proxecto, moi potente, que fostes capaces de construír entre todas e todos vós” e manifestou a vontade de continuar traballando no apoio aos festivais audiovisuais “como un sector estratéxico para a provincia”, anunciando a creación dun comité asesor.

    A presidenta provincial recordou que a nova marca de calidade xurdiu das propias persoas promotoras dos festivais, “que consideraban que serían máis fortes se estaban unidas baixo unha mesma marca”. Deste xeito, os Rías Baixas Film Fest recollen aos nove festivais audiovisuais, “aínda que hai outros moitos aos que quero facer un recoñecemento”, que “se foron consolidando ao longo do tempo e hoxe son unha referencia galega, nacional e internacional”.

    Ademais, todos eles, tal e como destacou a presidenta, “sitúan á provincia de Pontevedra e a cada un dos concellos nos que se celebran nun espazo máis amplo, sendo capaces de transformar e traspasar fronteiras”. Xunto á capacidade de referenciar á provincia de Pontevedra, Carmela Silva tamén enxalzou os valores asociados que promoven os  Rías Baixas Film Fest. “Son festivais –destacou a presidenta- con compromiso, que están ao lado da sustentabilidade, da igualdade, da cultura galega e do respecto á nosa lingua”. Neste eido, Silva remarcou o papel da provincia como “grande potencia audiovisual” e subliñou a importancia do cinema e da cultura durante o confinamento.

    Con respecto á situación actual, postCovid-19, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, agradeceu ás persoas promotoras dos festivais a súa vontade para mantelos neste 2020. Neste eido recordou a posta en marcha dun protocolo común de medidas de seguridade a través do cal a institución vai achegar medidores de temperatura, instrumentos para establecer as distancias interpersonais que obrigan as normas sanitarias, elementos identificadores das circulacións de entrada e saída, carteis informativos coas medidas que o público debe cumprir ou contadores de asistentes para cuestións relacionadas cos aforos. En canto ao compromiso cos festivais, a presidenta aproveitou a ocasión para anunciar a vontade de crear un Comité Asesor, “unha proposta que xorde do propio sector, que permitirá seguir avanzando, facer promoción e que os festivais sexan aínda máis capaces de abrir fronteiras e chegar a máis sitios”.

    Pola súa banda o director de Play Doc, Ángel Sánchez, agradeceu en nome de todos os festivais “o diálogo fluido” coa Deputación para “construír novas ideas” e subliñou o papel do cinema para “formar espectadores/as críticos/as e lograr a transformación social nas nosas contornas”. Sánchez enxalzou a súa incidencia na economía e na proxección da provincia “fóra das nosas fronteiras” e, en canto á marca, destacou a importancia do “traballo conxunto para incrementar a visibilidade, dignificar a cultura, profesionalizar o sector e ser máis fortes no relato cultural”. No que respecta ao e ás representantes municipais, agradeceron a colaboración da Deputación para “unir esforzos” e “ser máis fortes”, para “chegar máis lonxe”, así como pola posta en marcha do protocolo sanitario para garantir a seguridade das persoas que se acheguen aos eventos.

    43

    Tags: cineDeputación de PontevedraRías Baixas Film Fest

    RelacionadosArtículos

    Un astillero vigués vuelve a convertirse en plató de cine 20 años después
    Cine

    Un astillero vigués vuelve a convertirse en plató de cine 20 años después

    13 de Nov, 2025
    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas
    Actualidad

    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas

    12 de Nov, 2025
    Vigo se convierte en el escenario de la  ‘Romería’ de Carla Simón
    Actualidad

    La Diputación dispara el gasto en cine para proyectar Pontevedra al mundo

    08 de Nov, 2025
    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros
    Actualidad

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros

    07 de Nov, 2025
    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida
    Local

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida

    02 de Nov, 2025
    Local

    Caballero exige «ya» más millones a Xunta y Diputación para el estadio de Balaídos

    30 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 1

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Avenida de Madrid se hunde y atrapa a un bus con pasajeros

    La Avenida de Madrid se hunde y atrapa a un bus con pasajeros

    por Redacción
    16 de Nov, 2025
    0

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    por Redacción
    20 de Nov, 2025
    0

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    por Redacción
    22 de Nov, 2025
    0

    Grave accidente entre dos turismos en Bembrive

    Grave accidente entre dos turismos en Bembrive

    por Redacción
    18 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un Romancero Gitano de García Lorca en Vigo
    Más Vigo

    Un Romancero Gitano de García Lorca en Vigo

    En el año 2022, el entonces estudiante universitario Iago Rodríguez Lago estaba realizando prácticas en la biblioteca del Centro Recreativo...

    por Julio Alonso
    22 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Vigo, la ciudad llena de historias y escritores «con ganas de contar algo que merezca ser compartido»
    Libros

    Vigo, la ciudad llena de historias y escritores «con ganas de contar algo que merezca ser compartido»

    La vicepresidenta de la Diputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, agradeció este viernes a las personas participantes en el certamen de...

    por Redacción
    22 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Alameda - Plaza de Compostela - 3
    Opinión

    Alameda de Vigo, ¿BIC?

    Por Ramón Boga El menguante patrimonio histórico de Vigo es el testigo de la contribución de nuestros ancestros a la...

    por Cartas al Director
    20 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR