• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 14 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O maior estudo sobre Samil demostra que os fondos manteñen o equilibrio pese á presión urbanística

    O traballo fora encargado ao grupo Geoma da UVigo por Acuaes para a avaliación previa do impacto do novo emisario e demostra que a nova infraestrutura non alteraría a dinámica global da praia
    Redacción por Redacción
    16 de Jul, 2020
    en Ciencia y Tecnología, Local
    0
    O maior estudo sobre Samil demostra que os fondos manteñen o equilibrio pese á presión urbanística

    O prestixioso Journal of Marine Science and Engineering acaba de facer público o maior estudo realizado ata a data sobre os fondos da enseada de Samil, un traballo levado a cabo por un equipo de investigadores e investigadoras do grupo Geoma do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, dirixidos por Ana Bernabeu e Daniel Rey, tras serlle solicitado por ACUAES, a Sociedad Mercantil Estatal Aguas de las Cuencas de España , como avaliación previa do impacto do novo emisario  sobre o areal.

    Para realizalo empregaron unha innovadora metodoloxía que combinou observacións experimentais sobre o fondo e  características físicas do sedimento cun estudo numérico que simula a acción da ondada e as correntes que interfiren co transporte de sedimentos. “O obxectivo era dobre: por unha banda, determinar a profundidade e emprazamento idóneo para que o emisario non se vexa afectado pola ondada e os ritmos estacionais do movemento da area na enseada e, pola outra, que a súa construción non alterase a dinámica natural das praias”, explica Daniel Rey.

    Pese á presión urbanística, o equilibrio mantense en Samil

    A investigación, que formou parte da tese de doutoramento de Aimar del Valle, demostrou a vantaxe de explorar o efecto das infraestruturas mergulladas cun enfoque multidata para comprender completamente a diversidade de posibles influencias no comportamento local das praias e, ao mesmo tempo, ofreceu tamén a batimetría de maior resolución realizada ata agora na ría de Vigo, así como toda unha serie de imaxes acústicas do fondo onde se apreciaba claramente a necesidade de substituír as antigas conducións. Ademais, algo tamén relevante, foi conseguir unha singular perspectiva sedimentolóxica e hidrodinámica sobre o equilibrio natural dos ambientes sedimentarios e a contorna submarina da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat.
     
    A maiores, este traballo puxo de manifesto o equilibrio dinámico que alcanzou a praia de Samil baixo a enorme presión urbanística que sofre. “Nestes momentos non hai unha perda significativa de area e o equilibrio é razoable”,  recalca Rey, ao que engade que para afondar nas alteracións que poidan acontecer no futuro relacionadas co cambio climático habería que levar a cabo un novo estudo no que basear as futuras estratexias de adaptación.

    Tecnoloxía de alta resolución 

    O estudo baséase en datos de batimetría de alta resolución, a caracterización física dos fondos mariños na área, un estudo granulométrico do sedimento superficial e unha simulación numérica do clima marítimo (ondaxe e correntes) e o transporte de sedimentos en condicións de baixa e alta enerxía usando o software Delft3D de código aberto. Esta aproximación mellora a fiabilidade dos resultados das zonas inter e submareal da praia onde os estudos son escasos debido á complexidade da adquisición de datos, e permite esclarecer o súa dinámica co contexto xeral da ría.

    “O multihaz foi a base dun levantamento hidrográfico moi preciso que, xunto co cálculo do tamaño de grao do sedimento, permitiu modelizar como se produciría o transporte baixo condicións normais e extremas (tormentas) a partir de valores medios significantes das series históricas de ondada recollidas por Portos do Estado durante os últimos 30 anos”, explica o director do estudo. Ademais, estes datos tamén serviron para calcular a profundidade de peche da praia, que é a profundidade a que a area do fondo deixa de moverse estacionalmente.  No caso dos datos do sonar de varrido lateral empregáronse para observar directamente as profundidades nas que a estrutura dos emisarios vellos estaban afectadas polas ondas e as correntes, causando procesos de erosión e sedimentación ao encontrarse co emisario.

    “A combinación destes tres tipos independentes de resultados  demostraron que a área de interese é unha zona de pouca enerxía, protexida de xeito significativo contra o ataque das ondas, onde predomina a area fina”, explica Daniel Rey. Non obstante, os datos de campo indicaron unha interacción nos obstáculos somerxidos entre 0 e 12 m de profundidade. “O modelo revelou que existe un movemento de sedimentos significativo por encima dos 7,4 m de profundidade e que o emisario non alteraría a dinámica xeral de transporte da praia, senón que interactuaría na sección máis superficial”, recalca o investigador,  facendo así fincapé na que considera  a principal conclusión do estudo, e que se refería a que a futura estrutura non alteraría a dinámica global da praia. Ademais, Rey explica que co fin de garantir a seguridade do novo emisario, “tamén consideramos que este non debería de aflorar por encima dos  8 o 12 m de profundidade, dependendo da zona”.

    Inndaga, “unha plataforma ideal para inspección e monitoreo in situ”

    Na investigación foi crucial o emprego de Inndaga, unha plataforma multipropósito desenvolvida polo propio grupo Geoma  nun bote inchable de 8.5 m de longo e concibida para realizar levantamentos oceanográficos en áreas costeiras. Este concepto permite que a embarcación opere de maneira segura e con gran flexibilidade de manobra en áreas onde as embarcacións de investigación máis grandes non poden acceder (áreas rochosas, portos …) e a baixo custo operativo. 

    Totalmente integrada nun sistema de xestión da información para proporcionar eficiencia e eficacia na toma de decisións estratéxicas, a embarcación  é moi flexible e ten unha ampla gama de aplicacións. Segundo explican desde o grupo Geoma, nos portos convértese nunha plataforma ideal para desenvolver tecnoloxías e metodoloxías específicas in situ para a inspección e a monitoraxe precisa dos diferentes elementos dos peiraos, as condicións hidrográficas e para mellorar o seu mantemento e operación de conformidade coas directivas medioambientais da UE e os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) ONU . “Este concepto permite a adquisición de datos de alta resolución necesarios para mellorar os modelos hidrodinámicos, importantes para predicir os posibles efectos do dragado, analizar o comportamento dunha estrutura, como foi o caso deste estudo, ou deseñar estratexias para combater e xestionar posibles vertidos”, recalcou Rey.

    Por outra banda, un esquema completamente desenvolvido posterior á prospección permite un rápido procesamento de datos e análises de mostras de auga e sedimentos. Estes resultados intégranse nun Sistema de Información Xeo referenciada (SIG) que permite a visualización de toda a información relevante para o manexo ambiental das áreas costeiras, proporcionando eficiencia e efectividade na toma de decisións estratéxicas.

    43

    Tags: GeomaSamilUVigo

    RelacionadosArtículos

    Caballero visita Samil tras perder la bandera azul: «Es una playa espléndida y tiene un agua óptima»
    Local

    Caballero visita Samil tras perder la bandera azul: «Es una playa espléndida y tiene un agua óptima»

    14 de May, 2025
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Un científico de alto nivel de la UVigo, beneficiado con una ayuda de la Xunta para reforzar su contrato europeo

    12 de May, 2025
    La edición nocturna de la Holi Life aúna en Vigo deporte y música bajo los polvos fluorescentes
    Espectáculos

    La edición nocturna de la Holi Life aúna en Vigo deporte y música bajo los polvos fluorescentes

    12 de May, 2025
    Vigo pierde su bandera azul más emblemática: la de la playa de Samil
    Local

    Vigo pierde su bandera azul más emblemática: la de la playa de Samil

    07 de May, 2025
    Vigo recibe una bandera negra de los ecologistas por la “mala” y “poco respetuosa” gestión de sus playas
    Local

    Ya está operativo el dispositivo especial de limpieza de playas de cara al verano: «Estarán impolutas»

    06 de May, 2025
    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia
    Local

    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia

    05 de May, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Vecinos de Vigo y de su área, sorprendidos por el vuelo rasante de un helicóptero durante el fin de semana

    Vecinos de Vigo y de su área, sorprendidos por el vuelo rasante de un helicóptero durante el fin de semana

    por Redacción
    11 de May, 2025
    0

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    por David Augusto
    08 de May, 2025
    0

    “Aunque esta zona de Vigo no esté en ese escaparate que nos quiere vender Caballero, merece el mismo trato”

    “Aunque esta zona de Vigo no esté en ese escaparate que nos quiere vender Caballero, merece el mismo trato”

    por Redacción
    10 de May, 2025
    0

    180917 Zonas Verdes 1

    Nueva sentencia contra el Concello: condenado a pagar 900.000 euros a la empresa que mantiene las zonas verdes de Vigo

    por Redacción
    12 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    La antigua cárcel a la espera
    Más Vigo

    La antigua cárcel a la espera

    El Concello de Vigo acaba de poner a bombo y platillo la primera piedra de las obras de remodelación de...

    por Julio Alonso
    14 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Alberto Rufo, músico y parlamentador
    Más Vigo

    Alberto Rufo, músico y parlamentador

    Quedamos donde estuviera O Novo Buraquiño, en Alfonso X el Sabio, aquel rey troveiro criado en tierras alaricanas donde aprendiera...

    por Xurxo Rodríguez
    04 de Oct, 2021

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”
    Más Vigo

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”

    Todo el mundo sabe quién es Cicciolina pero es posible que muy pocos la conozcan. Ni siquiera sus datos biográficos...

    por Eduardo Rolland
    18 de Abr, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR