• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 10 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Pecha a inscrición para os baños de bosque tras esgotarse as 450 prazas dispoñibles

    O programa ‘Bosques terapéuticos’ acada o cheo e xa conta cunha longa lista de agarda para as 30 rutas que se realizarán en cinco parques forestais
    Redacción por Redacción
    07 de Jul, 2020
    en Medio Ambiente
    0
    Pecha a inscrición para os baños de bosque tras esgotarse as 450 prazas dispoñibles

    Bosque da Serra da Groba.

    A Deputación de Pontevedra tivo que pechar a inscrición para os baños de bosque do programa ‘Bosques terapéuticos’, que arrasou cun cheo absoluto. En tan só unha semana esgotáronse as 450 prazas e completouse a lista de espera para participar nas 30 rutas que se desenvolverán este verán por cinco parques forestais da provincia.

    Esta nova iniciativa, turística e sostible, levarase a cabo do 18 de xullo ata o 27 de setembro nos parques forestais de Freaza (Fornelos), A Picaraña (Ponteareas), Cabo Udra (Bueu), Camposancos (A Guarda) e Serra da Groba (Oia). Cada ruta, que durará ao redor de hora e media, terá un máximo de 15 participantes co fin de garantir a calidade da mesma e respectar as medidas de seguridade sanitaria. As persoas participantes deberán levar calzado e roupa cómoda, auga ou infusións para beber, un par de bolsas para o lixo e un móbil para casos de emerxencia. Para poder sentir profundamente a experiencia dos baños de bosque, as e os participantes deberán desconectar os móbiles, observar a luz solar, percibir os sons e aromas, camiñar e respirar con calma e en silencio, ter a mente aberta, e, sobre todo, desfrutar do momento.

    Os baños de bosque, técnica procedente do Xapón, buscan afondar na natureza para relaxar a mente e reducir os niveis de estrés. Trátase dunha actividade recomendada para todo o mundo xa que ten beneficios para o cerebro ao producir máis felicidade e reducir o estrés e risco de padecer demencia, para os ollos polo seu efecto relaxante e restaurador, para o corazón ao reducir a tensión arterial e diminuír o ritmo cardíaco, para o sistema dixestivo, o sistema inmunitario e para aumentar a esperanza de vida.

    A ruta polo bosque de Cabo Udra en Bueu, declarado Zona Especial de Conservación e parte da Rede Natura 2000, ten unha distancia de 1.600 metros e unha dificultade baixa. Conta cunha paisaxe costeira de peñascos, acantilados e mato, na que destaca o seu hábitat submarino. Este espazo, localizado no sur da ría de Pontevedra fronte a Illa de Ons, conserva restos dun castro e recomendables praias e calas.

    No que respecta ao bosque de Freaza, en Fornelos entorno á conca do río Barragán, o seu trazado discorre a diferentes alturas pero mantendo o río como eixo central, facendo deste sendeiro unha experiencia inesquecible. Antes de desembocar no embalse de Eiras, o curso do río caracterízase pola presencia dunha mata de bosque autóctono cheo de beleza natural, ademais dun gran patrimonio etnográfico como muíños, pontes ou levadas. Esta ruta terá unha distancia de 1.400 metros e unha dificultade media.

    No espazo natural de Camposancos, na Guarda, destaca a praia virxe do Muiño, de gran extensión, que se atopa na desembocadura no río Miño. Un areal resgardado por un bosque de piñeiros nos que terá lugar parte da actividade. Amais, resalta tamén a  presencia de salinas rupestres que se sitúan na idade de Bronce. Esta ruta terá unha lonxitude de case 1 quilómetro e unha dificultade baixa.

    En canto ao bosque Serra da Groba, en Oia, declarado como Espazo Privado de Interese Natural, trátase dunha das escasas masas de sobreiras que se coñecen en Galicia que amais conta con carballos e castiñeiros. A ruta tamén é dun quilómetro e conta cunha dificultade baixa.

    Por último, a ruta polo bosque da Picaraña en Ponteareas, con 600 metros de lonxitude e dificultade baixa, permitirá desfrutar dun bosque autóctono de carballos, abeleiras e piñeiros. Amais, no itinerario tamén se atopa unha gran diversidade de rocas de grandes dimensións, como o Penedo do Equilibrio e o Penedo do Castro.

    As visitas están destinadas ao público en xeral para poder desfrutar destes parques que forman parte do programa de recuperación e posta en valor que financiou a Deputación nestes últimos anos. Cada unha das rutas ten un tema central, segundo as características e valores de cada espazo, e sobre el xirará toda a actividade, dirixida por persoal experto en proxectos relacionados coa difusión e interpretación do patrimonio e o turismo sostible.

    43

    Tags: Bosques terapéuticosRutas

    RelacionadosArtículos

    A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do programa +Bosques
    Comarcas

    A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do programa +Bosques

    25 de Ago, 2025
    Ocho nuevas rutas para descubrir la riqueza de Tomiño a pie o en bici
    Tomiño

    Ocho nuevas rutas para descubrir la riqueza de Tomiño a pie o en bici

    24 de Jul, 2025
    Así se inauguró la nueva estación de autobuses de Vigo y estas son las opiniones de los usuarios
    Local

    Una iniciativa privada busca «dar voz» a Vigo para proponer nuevas rutas de bus

    22 de Jul, 2025
    Flamante fichaje estrella del aeropuerto de Oporto, que suma otra ruta transoceánica
    Actualidad

    Flamante fichaje estrella del aeropuerto de Oporto, que suma otra ruta transoceánica

    01 de Abr, 2025
    Varapalo de Ryanair a Peinador: la low cost castiga a Vigo con la pérdida de la única ruta sin subvenciones
    Local

    Varapalo de Ryanair a Peinador: la low cost castiga a Vigo con la pérdida de la única ruta sin subvenciones

    16 de Ene, 2025
    Vuelven las rutas de la Diputación que agotan sus plazas en cuestión de minutos: estas son las fechas
    Medio Ambiente

    Vuelven las rutas de la Diputación que agotan sus plazas en cuestión de minutos: estas son las fechas

    10 de Ene, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Beade se llena de música y tradición con el III Encuentro de Rondallas

    El concurso de rondallas de Vigo cambia de ubicación y ya espera a más de 300 personas

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Los bomberos sacan por el techo a tres pasajeros de un bus escolar que chocó con un turismo

    Los bomberos sacan por el techo a tres pasajeros de un bus escolar que chocó con un turismo

    por Redacción
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos
    Más Vigo

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos

    Hace años que el aeropuerto de Peinador se enfrenta a una variada y espinosa competencia: por una parte, los demás...

    por Julio Alonso
    10 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR