• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 22 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Universidade de Vigo dará docencia presencial en 10 graos e 24 mestrados no vindeiro curso

    Outra vintena de títulos de grao serán parcialmente presenciais e o resto impartirán docencia mixta
    Redacción por Redacción
    01 de Jul, 2020
    en Local
    0
    A Universidade de Vigo dará docencia presencial en 10 graos e 24 mestrados no  vindeiro curso

    Imaxe xeral do paraninfo da Uvigo, practicamente baleiro, este mércores. / Foto: DUVI

    O curso 2020-21 arrancará na Universidade de Vigo marcado polas restricións derivadas da pandemia da Covid-19, que impoñen a docencia mixta, agás no caso daquelas titulacións que poden garantir as condicións para o desenvolvemento dunha actividade académica presencial, ben sexa total, ben parcial. Á espera de que nas próximas semanas novas titulacións se poidan sumar á relación, o Consello de goberno da UVigo aprobou por asentimento na súa sesión deste mércores, que unha decena de graos e 24 mestrados comezarán a impartirse o vindeiro curso en modalidade totalmente presencial, mentres que outros 20 graos serán parcialmente presenciais, adoptándose nos 23 restantes a modalidade mixta, que combina actividades docentes presenciais e non presenciais.

    “Debemos sentirnos orgullosos por esta oferta cun alto grao de presencialidade, se se compara con outras universidades”, dixo o reitor, que agradeceu o esforzo realizado polos centros para acondicionar as súas instalacións e a carga de traballo do seu persoal, “a favor do alumnado e da Universidade”, dixo Reigosa.

    Na sesión celebrada este 1 de xullo, as e os integrantes do órgano de goberno da UVigo tamén deron luz verde ao Regulamento do persoal investigador visitante, do que a institución académica carecía ata este momento e, que permitirá regular o acollemento do persoal nacional ou internacional procedente de calquera entidade de investigación pública ou privada que pretenda realizar unha estadía asociada a unha actividade investigadora na UVigo.

    A aprobación da conta de liquidación do orzamento do exercicio 2019 para o seu trámite ao Consello Social e a ampliación do acordo que contempla adiar as prácticas externas só para as titulacións que habilitan para profesión regulada (Educación, Avogacía, Fisioterapia, Enxeñarías,..) ata outubro, ou se era necesario ata decembro, a todas as titulacións, coa finalidade de facilitar a realización das prácticas para todo o alumnado, foron outra cuestións que se trataron na sesión, celebrada de xeito virtual e tamén coa presenza dalgúns membros do Consello no Paraninfo do campus de Vigo.

    Outro dos acordos adoptados foi o de trasladar aos centros dúas propostas de calendario para o curso que vén, para que opten pola que máis se axuste as súas necesidades. Ademais da proposta xa aprobada no Consello celebrado o pasado 13 de xuño e que fixa o inicio da actividade académica o 21 de setembro e a súa finalización o 11 de xuño de 2021, os centros poderán optar pola alternativa formulada pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, que contempla un primeiro cuadrimestre do 21 de setembro ao 5 de febreiro de 2021 e un segundo do 8 de febreiro ao 18 de xuño. Mentres o reitor defendeu a conveniencia de ter un único calendario para a toda a Universidade, buscando unha solución específica para a facultade, o seu decano, insistiu en que “cómpre cumprir co calendario con 36 semanas que marca o Real Decreto”.

    Seis graos presenciais en Vigo, tres en Pontevedra e un en Ourense
    O vicerreitor de Ordenación Docente e Profesorado, Manuel Ramos, comezou a súa exposición das solicitudes de presencialidade remitidas polos centros, expresando a súa satisfacción polo elevado número recibido e agradecendo o esforzo realizado polas escolas e facultades para implantar a docencia presencial no inicio do vindeiro curso. “Estamos moi contentos porque que hai un número de solicitudes bastante relevantes, posibles grazas ao esforzo do PDI que mesmo renunciou a horas de folgura para poder acadar a presencialidade”, sinalou Ramos, en referencia aos 10 graos e 24 mestrados que se impartirán de xeito 100% presencial na UVigo ao inicio do próximo curso.

    A Universidade de Vigo conxela as taxas dos graos e os mestrados habilitantes

    No campus de Vigo son seis os graos que apostan pola docencia integramente presencial: Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; Comercio; Enxeñaría en Tecnoloxías da Telecomunicación en castelán/galego e en inglés; Enxeñaría da Enerxía e Enxeñaría dos Recursos Mineiros. En Pontevedra os graos de Belas Artes, Enxeñaría Forestal e Dirección e Xestión Pública, serán os que comecen o vindeiro curso impartíndose se xeito presencial, mentres que no campus de Ourense, será Enxeñaría Agraria o único grao no que a docencia sexa totalmente presencial. Estes 10 graos que optan pola presencialidade supoñen o 19% da oferta formativa de grao da UVigo, que suma tamén para o inicio do vindeiro curso un total de 24 mestrados presenciais: dous en Ourense; cinco en Pontevedra e 17 en Vigo, que supoñen o 40% do total da oferta de mestrados da institución académica viguesa.

    Outros 20 graos comezarán a impartirse de forma parcialmente presencial, o que quere dicir que a presencialidade darase unicamente para algúns grupos dalgunhas materias, algúns cursos, obradoiros ou prácticas clínicas, manténdose a docencia mixta noutras partes das titulacións. Esta presencialidade parcial aplicarase nalgúns casos en titulacións das facultades de Ciencias, Historia, Ciencias Empresarias e Turismo e Ciencias da Educación e do Traballo e na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, no campus de Ourense; así como nas facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación, Fisioterapia e na Escola de Enfermaría en Pontevedra e nas facultades de Filoloxía e Tradución, Bioloxía, Química e na Escola de Enfermaría do Meixoeiro no campus vigués. Estes graos supoñen o 38% da oferta total da UVigo, que se completa con 23 títulos de grao máis nos que se implantará a docencia mixta. Polo que respecta á oferta de mestrados para o vindeiro curso, ademais dos presenciais, complétase con seis títulos sen cambio de modalidade, nos que xa combinaba a virtualidade e a presencialidade, e 30 nos que se implantará docencia mixta.

    Ademais de aprobar por asentimento esta reorganización da docencia para o vindeiro curso, as e os integrantes do Consello tamén deron luz verde á realización de actividades antes do inicio do período académico, concretamente entre os días 7 e 18 de setembro. Neste caso serán as facultades de Ciencias, Dereito, Ciencias da Educación e a ES de Enxeñaría Informática no campus de Ourense; a EE Forestal en Pontevedra e as facultades de Filoloxía e Tradución, Ciencias Xurídicas, Bioloxía, Ciencias do Mar, Química e as escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Minas e Enerxía e Enxeñaría Industrial as que nese período desenvolverán actividades docentes (agás para 1º curso), de acollida, de fin de carreira, ou prácticas.

    Un regulamento do persoal investigador visitante
    A UVigo dótase desde agora, e logo de 30 anos de existencia, dun Regulamento do persoal investigador visitante que ten a finalidade de regular o acollemento do persoal nacional ou internacional procedente de calquera entidade de investigación pública ou privada que pretenda realizar unha estadía asociada a unha actividade investigadora na UVigo. Son estadías temporais as de duración superior a sete día naturais e inferiores a 24 meses.

    A celebración presencial de 13 exames finais devolve ás aulas ao alumnado da Universidade de Vigo

    “Este regulamento é o resultado dun ano de traballo, no que participaron tanto as comisións dos grupos de traballo do selo HRS4R como persoal dos distintos servizos e neste tempo detectamos a falta e a necesidade dunha regulación destas figuras, estudamos as necesidades das mesmas e que servizos deberían ter accesibles durante a estadía”, explica Belén Rubio, vicerreitora de Investigación e Transferencia da UVigo, que incide na necesidade de dispoñer dun regulamento, pero mais aínda dun procedemento de como xestionar as visitas, os dereitos e deberes destes visitantes e, sobre todo, a integración, de pleno dereito, durante o seu período da estadía na comunidade da Universidade de Vigo.

    En relación cos obxectivos do regulamento aprobado hoxe polo Consello de goberno, Rubio destaca que permitirá dotar aos investigadores visitantes das condicións adecuadas para desenvolver o seu traballo durante unha estadía na UVigo e facela o máis produtiva posible. “Hai que ter en conta que cando regresen ás súas universidades ou centros de orixe, serán embaixadores da nosa institución e queremos que teñan un bo recordo e a teñan en alta consideración”, explica a vicerreitora, que tamén destaca que a nova regulamentación permitirá regular un proceso que tivo lugar na UVigo dende os seus inicios, no que participaron numerosos investigadores doutros centros e universidades, e que sempre funcionou persoa a persoa. “Ademais destes, na situación actual de risco de contaxio pola Covid-19, as normas de prevención de riscos laborais, obrigan á Universidade a ter constancia de todo o persoal que está a traballar nas súas instalacións. Finalmente, no ámbito de calidade e financiamento, a mobilidade e a acollida de investigadores estranxeiros é un indicador moi valorado, si ben na UVigo non foi debidamente contabilizado. En definitiva, sen dúbida era unha necesidade urxente da nosa Universidade”, asegura Rubio.

    Oposicións a través de Campus remoto e outros asuntos
    As e os integrantes do Consello de goberno aprobaron na sesión deste mércores unha modificación para que as oposicións poidan facerse a través do Campus remoto, caso de ser necesario. “A idea é facer as oposicións dos concursos de profesorado permanente que están en marcha en modalidade ‘mixta’: os membros dos tribunais que sexan da Uvigo, así como os candidatos acudirán ao lugar físico da Universidade no que se celebre a proba, e os membros dos tribunais que sexan de fora, poderán participar na oposición a través de vídeo conferencia por Campus remoto”, explica o vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Manuel Ramos, que sinala que esta modificación está motivada pola Covid-19 e as limitacións que o virus pode implicar nos desprazamentos dos membros dos tribunais por situacións como a escaseza de horarios para viaxar, problemas para desprazarse no caso das persoas vulnerables, etc.

    Así mesmo, na sesión deste mércores se aprobou ampliar o acordo que contempla que se poderían adiar as prácticas externas só para as titulacións que habilitan para profesión regulada (Educación, Avogacía, Fisioterapia, Enxeñarías,..) ata outubro, ou se era necesario ata decembro, a todas as titulacións, coa finalidade de facilitar a realización das prácticas para todos o alumnado. O Consello tamén deu luz verde á conta de liquidación do orzamento do exercicio 2019 da UVigo para o seu trámite ao Consello Social, así como varias solicitudes de incorporación con cargo ao remanente de libre disposición do exercicio 2019 e ás transferencias de crédito necesarias para cumprir cos obxectivos do convenio de accións estratéxicas de I+D+i asinado coa Xunta para os exercicios 2019-2020.

    Xa na quenda de intervencións os directores das escolas de enxeñaría de Telecomunicación e Industrial manifestaron a súa preocupación e malestar por algunhas  indicacións e pola falta de claridade dalgunhas directrices que afectan á reordenación dos espazos nos centros. Neste sentido Íñigo Cuiñas referiuse aos 5 metros cadrados por persoa que nos laboratorios contempla un documento do Servizo de Prevención de Riscos que nas últimas horas lles foi remitido ás direccións dos centros, logo que entregar estes as súas propostas para a reorganización da docencia o vindeiro curso. O reitor sinalou, en relación con este documento baseado no Código da Edificación e relacionado coa evacuación dos espazos, que “imos darlle uha volta porque levar isto ao extremo sería pechar todas as titulacións experimentais nos ámbitos científico e tecnolóxico e dalgún máis e isto non o imos facer”, dixo Reigosa.

    43

    Tags: Covid-19UVigo

    RelacionadosArtículos

    Vigo roza los 27ºC de madrugada tras vivir el día más caluroso del año
    Medio Ambiente

    Investigadores de UVigo, USC y CSIC prevén que las olas de calor en España serán «mucho más intensas» desde 2050

    19 de May, 2025
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Un científico de alto nivel de la UVigo, beneficiado con una ayuda de la Xunta para reforzar su contrato europeo

    12 de May, 2025
    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia
    Local

    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia

    05 de May, 2025
    Una doctora y una enfermera, testigos en la boda de un paciente oncológico en Povisa
    galicia

    Las universidades gallegas prevén incrementar en cuatro años las plazas de Enfermería

    30 de Abr, 2025
    La UVigo liderará tres proyectos transfronterizos con un presupuesto de 800.000 euros
    Local

    La UVigo retoma mañana las clases tras el apagón

    29 de Abr, 2025
    La ciencia toma las calles de Vigo
    Local

    La ciencia toma las calles de Vigo

    24 de Abr, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    por Redacción
    16 de May, 2025
    0

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    por Andrea Mariño
    19 de May, 2025
    0

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    por Redacción
    18 de May, 2025
    0

    Caballero celebra que, al no parar en Segovia o Medina, el tren entre Vigo y Madrid bajó de las 4 horas

    Caballero celebra que, al no parar en Segovia o Medina, el tren entre Vigo y Madrid bajó de las 4 horas

    por Redacción
    15 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    El esperado y controvertido PXOM de Vigo
    Más Vigo

    El esperado y controvertido PXOM de Vigo

    Hace años que la ciudad de Vigo necesita un PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal). Por diferentes motivos que escapan...

    por Julio Alonso
    22 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas
    Más Vigo

    O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas

    "Os obreiros vigueses celebran unha reunión no salón Curty, insuficiente para acoller a grande masa de manifestantes, calculados en máis...

    por Redacción
    18 de May, 2021

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo
    Más Vigo

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo

    Gastando pista o bajo la soberana palmera que presidía el local, miles de parejas viguesas se conocieron en un mítico...

    por Eduardo Rolland
    20 de Feb, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR