• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 9 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Visitas guiadas a cinco bosques «terapéuticos» da provincia para conectar coa natureza

    Serán visitas guiadas a cinco parques forestais da provincia en Fornelos, Ponteareas, Bueu, A Guarda e Oia nas que as persoas poderán darse “baños de bosque” e coñecer os elementos patrimoniais destas paisaxes
    Redacción por Redacción
    05 de Jun, 2020
    en Galicia
    0
    Visitas guiadas a cinco bosques «terapéuticos» da provincia para conectar coa natureza

    Parque forestal Cabo Udra, en Bueu. / Foto: Deputación

    A Deputación de Pontevedra celebrou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente coa presentación dunha nova iniciativa que, como destacou a presidenta Carmela Silva, invitará ás persoas a “unha nova forma de relacionarnos intimamente coa natureza”. Deste xeito, “Bosques Terapéuticos” é un programa que nace para “conxugar natureza, exercicio, saúde, cultura e historia” e que promoverá durante este verán as visitas guiadas interpretativas a cinco parques forestais da provincia: Freaza (Fornelos), A Picaraña (Ponteareas), Cabo Udra (Bueu), Camposancos (A Guarda) e Costa de Oia e Serra da Groba (Oia). Os promotores da idea, que vai desenvolver a Deputación, son o recoñecido artista Sergio Portela, a experta Isabel Fernández e o enxeñeiro forestal Alfredo Agra, todos eles ligados na súa traxectoria aos valores de sustentabilidade,

    Carmela Silva puxo en valor aos promotores desta iniciativa subliñou nesta efeméride do 5 de xuño que “é a hora de que os valores medioambientais formen parte da acción política, de ser serios e tomar decisións de pasar da palabrería á acción” para facer fronte aos graves problemas como a perda da biodiversidade, os incendios ou o desmesurado consumo humano “que fai que sexa insostible o noso actual modelo”. “É a hora dos políticos e as políticas valentes e de que se poñan a liderar o cambio e defender outros modelos. Se moitos xa considerabamos que iso había que facelo, despois da Covid-19 ninguén pode poñer en dúbida que vai cambiar a especie humana. Porque este coronavirus como moitos outros veñen derivados da perda da biodiversidade entre outras cousas. Polo tanto hai que tomar decisións valentes. A política precisa de facer as cousas doutra forma, porque hai moitos retos e temos que estar moi preocupados pola acción da humanidade na natureza”.

    Nesta liña na que leva xa traballando cinco anos a Deputación se enmarca o programa “Bosques Terapéuticos”, un proxecto que conxugará as visitas guiadas aos cinco parques forestais coa interpretación dos elementos patrimoniais que albergan, como xacementos arqueolóxicos, construcións tradicionais ou áreas recreativas. “Imos ofrecer ás persoas que queiran participar a posibilidade de desfrutar cos sentidos de auténticos baños de bosque, un proxecto novidoso en Galicia e en España, aínda que teñen tradición nos países orientais como Xapón ou os do norte de Europa, nun programa que está tamén moi ligado ao territorio, a ese patrimonio extraordinario que está nos nosos parques forestais, con petróglifos, patrimonio arquitectónico, tradicional. Un patrimonio que herdamos pero que seguimos a construír”.

    É un proxecto que “nace para quedarse porque só se defende o que se ama”, e que neste verán, do 18 de xullo ao 27 de setembro, ofrecerá un total de trinta visitas aos parques, seis a cada uno, aptas para todos os públicos e cun total de 450 prazas (15 por ruta polas restricións derivadas da COVID-19). Carmela Silva explicou que a iniciativa tamén está ligada ao modelo da Deputación de turismo sostible. “Queremos dicirlle á xente que siga o seu instinto, que o instinto nos leva a relacionarnos directamente coa natureza e deixar que forme parte fundamental da nosa vida. Hoxe a xente quere vir a lugares que sexan respectuosos coa natureza ”.

    Cada unha das rutas terá un tema central, segundo as características e valores de cada espazo, e sobre o que xirará toda a actividade, que estará guiada pola Isabel Fernández, experta en proxectos relacionados coa difusión e interpretación do patrimonio e o turismo sostible. “En cada unha das rutas haberá polo tanto unha dinámica específica relacionada cos beneficios dos “Bosques Terapéuticos”, onde se vai fomentar o uso dos sentidos, a percepción de diversas texturas ou cheiros na natureza, sempre baixo a premisa da conservación e do absoluto respecto as medidas sanitarias actuais. Amais, na súa intervención a guía apoiarase en cada ruta con diversos recursos como fotografías antigas, e obxectos que van axudar a ter unha experiencia vital, individual y colectiva nestes bosques”.

    Os parques elixidos forman parte do programa de recuperación e posta en valor destes espazos que financiou a institución provincial nos últimos anos. A presidenta tamén incidiu en que “unha parte moi importante da nova economía vai estar ligada á natureza, que ten valores que podemos desenvolver sendo moi respectuosos coa contorna e traballando para melloralos e deixar unha pegada humana do século XXI”.

    Pola súa banda, Sergio Portela destacou na súa intervención destacou que “Bosques Terapéuticos” “é un proxecto que ten un vínculo intenso coa natureza e a cultura, porque nós podemos falar dunha paisaxe cultural en Galicia e queremos dar a coñecer que temos un patrimonio cultural bestial que ten que ir combinado con ese lecer na natureza”. Sinalou que son parques forestais “moi diversos e imos facer unha selección de contidos acorde con ela”.

    Na presentación telemática do proxecto estiveron presentes varios alcaldes dos concellos nos que están situados os parques forestais aos que a presidenta da Deputación agradeceu a súa colaboración e continuo compromiso no mantemento da súa contorna, “porque da gusto contar con cómplices para cambiar o mundo, e o mundo só se cambia desde o local”. Neste senso, o alcalde de Bueu, Félix Juncal, destacou que o proxecto “é o reflexo dunha Deputación que conta e escoita aos concellos e nos fai partícipes dos proxectos”. Ademais, asegurou que “coincidimos coa visión desta iniciativa, que conxuga a protección do medio ambiente co goce e desfrute dos espazos naturais, porque a conservación parte do coñecemento e recoñecemento por parte da cidadanía destes espazos”.

    Pola súa banda, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, tamén enxalzou a proposta que cualificou como “fantástica”. Para Lomba “nestes tempos de pandemia e nova normalidade, este proxecto vai ser aínda máis notorio porque vai permitir desfrutar do monte participando nunha actividade segura, familiar, relacionada co territorio”. En representación das comunidades de montes, ás que Carmela Silva tamén agradeceu a súa implicación, “porque fan ademais un traballo imprescindible a cambio de nada, son os que manteñen estes parques en condicións para que os poidamos desfrutar”, exerceu de voceira Susi Rodríguez, presidenta da de Ponteareas, quen amosou o seu “entusiasmo” ante “estas ideas que nos fan tanta falta, nas que se conxuga natureza e patrimonio cultural”.

    43

    Tags: Deputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros
    Actualidad

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros

    07 de Nov, 2025
    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida
    Local

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida

    02 de Nov, 2025
    Local

    Caballero exige «ya» más millones a Xunta y Diputación para el estadio de Balaídos

    30 de Oct, 2025
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    La Deputación de Pontevedra presenta un presupuesto récord para 2026
    Actualidad

    La Deputación de Pontevedra presenta un presupuesto récord para 2026

    28 de Oct, 2025
    Alarma en los hoteles de Vigo y resto de la provincia por ciberataques en sus reservas de Booking
    Actualidad

    La provincia de Pontevedra se vuelve un imán para los turistas de Estados Unidos y Europa

    23 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    por Redacción
    05 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A la espera de alguna erupción
    Más Vigo

    A la espera de alguna erupción

    Esta fotografía muestra los conocidos volcanes ubicados al final de la Avenida de Castelao, en la ciudad de Vigo. Se...

    por Julio Alonso
    07 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Luisa Sánchez, candidata del PP de Vigo: «Mi vocación es de permanencia. Vengo para quedarme»
    Opinión

    Estimada Luisa

    Estimada Luisa, me llamo Xoán y soy de Vigo, de toda la viga (perdón), de toda la vida. Vivo en...

    por Xoán López
    08 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR