• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 6 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo mantén a actividade docente e os exames ao non prosperar o chamamento á folga

    O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, sinala que o paro convocado “nin foi unha decisión maioritaria nin se comunicou con 15 días de antelación”
    Redacción por Redacción
    20 de Abr, 2020
    en Covid-19, Local
    0
    A UVigo mantén a actividade docente e os exames ao non prosperar o chamamento á folga

    Transcorridos cinco días desde o inicio da folga indefinida convocada pola organización de estudantes Anega, coa que demandan a finalización do curso coa superación automática das materias, a Universidade de Vigo mantén a actividade docente virtual e os exames convocados.

    Segundo explica o reitor, Manuel Reigosa, o chamamento de Anega non cumpre ningún dos dous requisitos que o artigo 64, no seu apartado n), dos Estatutos da Universidade de Vigo contempla para o recoñecemento do paro académico: que exista un aviso con 15 días de antelación (o comunicado de folga de Anega chegou o venres pasado) e unha decisión maioritaria do alumnado, adoptada, ben no centro, ou en toda a institución.

    “Os nosos estatutos son seguramente os máis avanzados do Estado no recoñecemento do paro académico. Cando nun centro ou en toda a Universidade, a maioría do alumnado decide secundar un paro académico suspéndese a actividade docente de xeito que non se pode impartir clase, nin facer probas ou exames”, sinala o reitor, que apunta que no caso da convocatoria de Anega ao non cumprirse estes dous requisitos, mantense a actividade docente, incluíndo todos os exames convocados.

    Sen poñer en cuestión o dereito a convocar unha folga que ten Anega ou calquera outra organización de estudantes, así como o dereito do alumnado a secundala, abandonando a actividade docente e non presentándose a exames, Reigosa incide en que “esta folga en concreto non se considera como paro académico tal e como está nos nosos Estatutos. Pero iso non debe facer dubidar en absoluto da legalidade do chamado feito por Anega”. 

    Aberto ao diálogo
    Fronte ás reivindicacións de que o curso remate xa, se dea aprobado xeral e non compute para a media, Reigosa reitera a proposta do equipo reitoral que desde o inicio da pandemia defendeu que o curso remate nas datas previstas e se avalíe con equidade e cos medios axeitados. “A resposta da comunidade universitaria é bastante coincidente con esta proposta, aínda que se estea a producir un incremento do traballo do persoal docente e do estudantado. En todo caso, eu estarei encantado de ter con Anega unha xuntanza, virtual, loxicamente”, avanza o reitor.

    Manuel Reigosa defende que cos novos Estatutos a Uvigo puxo en funcionamento un sistema “que é moi bo para que a representación do estudantando faga sentir a súa voz e ter unha canle para facer chegar propostas”, ao tempo que lembra e existencia do CEUVI, Consello de Estudantes da Universidade de Vigo, elixido democraticamente e co que mantiveron unha xuntanza de varias horas na que se acordaron algunhas medidas, como levar ao vindeiro Consello de Goberno  unha suspensión temporal de parte da normativa de permanencia, “o que non estaba aínda previsto. Mentres, no resto das medidas tivemos bastante debate pero tamén bastantes acordos”. Ademais de con CEUVI, o equipo de goberno mantivo nas últimas semanas xuntanzas con outras organizacións de estudantes e delegacións de alumnos dos tres campus, así como con grupos de estudantes con problemáticas específicas, non obstante recoñecen non recibir ningunha solicitude por parte de Anega.

    Un alumnado comprometido
    No transcurso das reunións mantidas estas semanas con diversos colectivos de estudantes, Reigosa asegura constatar una postura maioritaria do alumnado de absoluta responsabilidade. “En ningunha das dez ou doce xuntanzas que tivemos con distintos colectivos, plantexouse unha proposta de aprobado xeral. Síntome orgulloso de que o estudantado teña este compromiso coa calidade do proceso de ensino – aprendizaxe, e eles deben estar satisfeitos cos representantes que elixiron, porque están a negociar con firmeza os dereitos de todos, tentando que o final de curso sexa o máis acaído posible en termos do sobresforzo que o alumnado está a ter, e de obter unha avaliación xusta e correcta”, sinala o reitor.

    A adaptación para pasar da docencia e avaliación presencial á virtual recoñece Reigosa que é unha tarefa “certamente difícil, pero co esforzo de todos chegaremos a final de curso en prazos e cunha capacitación real do alumnado, que vai a obter as competencias necesarias, e cun proceso de avaliación que eu espero que sexa axeitado”. Por esta razón, o reitor agradece e traslada os seus parabéns ao profesorado polo sobresforzo e a flexibilidade que están a amosar para adaptarse a esta situación; ao alumnado por facer o mesmo e tamén ao PAS , “que pasou a facer traballo non presencial dun día para outro”.

    43

    Tags: Anegaestado de alarmafolga indefinidaUVigo

    RelacionadosArtículos

    Galicia logra avances favorables frente a los incendios: cuatro estabilizados
    Local

    La Universidade de Vigo participa en un proyecto pionero para la detección satelital de incendios

    02 de Oct, 2025
    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre  comunidades energéticas rurales
    Local

    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre comunidades energéticas rurales

    01 de Oct, 2025
    La catedrática Belén Rubio sucede a Reigosa y será la candidata a rectora de la UVigo
    Local

    La catedrática Belén Rubio sucede a Reigosa y será la candidata a rectora de la UVigo

    24 de Sep, 2025
    Local

    La UVigo espera que la ETEA se convierta en la «envidia» de los investigadores a nivel mundial

    23 de Sep, 2025
    As Celtas se presentan ante 500 aficionados y lo celebran con una victoria histórica
    Polideportivo

    Alianza entre UVigo y Diputación para «eliminar la brecha de investigación» sobre las lesiones deportivas femeninas

    22 de Sep, 2025
    Investigadores de la UVigo alertan de la invasión de acacias y consecuencias «críticas» en los bosques atlánticos
    Local

    Investigadores de la UVigo alertan de la invasión de acacias y consecuencias «críticas» en los bosques atlánticos

    17 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nueva superficie comercial de Vigo, a exposición pública: así será el ámbito de 14.000 m2 en Navia

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Pequeños detalles de Vigo
    Más Vigo

    Pequeños detalles de Vigo

    La ciudad de Vigo esconde, como otras, numerosos detalles que pasan inadvertidos para la mayoría de las personas que transitan...

    por Julio Alonso
    03 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en septiembre que no te puedes perder
    Libros

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en septiembre que no te puedes perder

    Ha llegado el otoño, pero aún quedan días de sol para salir a la calle, pasear por el campo y...

    por Gabriel Romero de Ávila
    04 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Enésimo retraso en el tren Vigo-Coruña: los pasajeros, al límite de la paciencia
    Opinión

    Los vigueses y la España vacía y vaciada

    En la prensa de mediados de junio de este año nuestro máximo mandatario vigués alardeaba de la supresión de paradas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR