• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 7 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Silva: “É hora de atender á xente, sobre todo á máis vulnerable, o demais xa virá logo”

    A Deputación pon en marcha medidas sociais extraordinarias por máis de 4 millóns de euros para os concellos de menos de 20.000 habitantes
    Redacción por Redacción
    17 de Mar, 2020
    en Covid-19, Local
    0
    Silva: “É hora de atender á xente, sobre todo á máis vulnerable, o demais xa virá logo”

    “É a hora de atender á xente, e sobre todo á xente máis vulnerable. Todo o demais xa virá logo”. Deste xeito, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, dirixiuse esta mañá ao Comité de Seguimento fronte ao Covid19, reunido no Pazo Provincial, ao que deu conta das medidas extraordinarias que a institución está a activar en materia de política social, para achegar recursos aos concellos máis pequenos da provincia e ás familias en situación máis vulnerable.

    Silva fixo un “recoñecemento enorme e emotivo” ás administracións locais “que cos gobernos municipais e tamén coa oposición de cada concello, están a crear redes de proximidade para ocuparse da xente que máis o necesita. E desde a Deputación teñen que saber que no están sos”. Neste sentido, o goberno provincial vai activar de xeito inminente medidas extraordinarias por valor de máis de 4 millóns de euros en materia de política social, dirixidas directamente aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. As primeiras medidas inclúen a aprobación inminente das novas bases do Servizo de Axuda no Fogar e dos Servizos sociais comunitarios, por valor de máis de dous millóns de euros, así como a modificación das bases de Axudas de Emerxencia para achegar o antes posible, eliminando toda a burocracia, o medio millón de euros que se contemplan para os municipios. Estas axudas estarán dirixidas de xeito prioritario a aliviar a situación das persoas maiores que viven soas, e ás máis vulnerables a fin de garantir a alimentación, a hixiene e a limpeza e a desinfección daquelas zonas específicas e asimiladas que non poden atender directamente os municipios. Ademais, o goberno provincial anunciou a activación do Fondo de Continxencia de Deputación para situacións de emerxencia, dotado cun millón de euros e, igualmente se estudan medidas para incrementar e reforzar a Teleasistencia Domiciliaria. Do mesmo xeito, esta mesma mañá remitiuse unha carta aos gobernos municipais para que coñezan a suspensión de todos os prazos dos plans provinciais de investimentos como o Plan Concellos, Reequilibrio e DepoRemse.

    “Queremos achegar os recursos en primeiro lugar, xa haberá tempo de xustificar”, asegurou a presidenta que, sobre o servizo de Teleasistencia Domiciliaria sinalou que “queremos prestarlle unha especialísima atención xa que se benefician 652 persoas de 46 concellos. Pódolles dicir que estamos en contacto diario coa empresa concesionaria e moi pendentes das 126 persoas que non contan con apoio familiar ou social”. Ao respecto, Silva adiantou que se están xa a estudar novas medidas dirixidas a esas persoas soas, como intensificar os seguimentos telefónicos de tal xeito que sexan ata diarios nalgúns casos. No caso do resto das persoas usuarias tamén se vai intensificar o seguimento, reducindo os prazos de quince días a unha semana.

    Por outra banda, xa está a disposición do Goberno de España o material técnico, sanitario e de protección da Finca Mouriscade, da Estación Fitopatolóxica de Areeiro e da Escola de Enfermería. Dende a EFA Areeiro o goberno provincial pon a disposición material técnico e de laboratorio, que utilízase para poder facer probas do coronavirus, (centrífugas, microcentrífugas e minicentrífugas, block heater, cubetas, Maxwell RSC Instrument, micropipetas automáticas, pipetas automáticas, secuenciadores, termobloques, termocicladores, transiluminadores e vórtex); así como material de protección (guantes de vinilo e látex, alcohol, mascarillas e balas de algodón), neste caso, tamén a disposición dende a Finca Mouriscade. No caso da Escola de Enfermería, trátase de material de protección (máscaras, batas e colectores de desinfectantes), pero tamén do propio persoal (4 enfermeiras, un médico e unha farmacéutica)

    Respecto á casuística especial de Príncipe Felipe, área prioritaria para o goberno nesta crise sanitaria, a presidenta sinalou que entendo tódalas inquedanzas pero pido comprensión”, ao tempo que anunciou que mañá mércores visitará o centro para manter unha reunión co seu director, e máximo responsable, e as distintas direccións de centros, co obxectivo de supervisar as medidas e actuacións que se están a dispor alí. “Estamos a reforzar os medios e o persoal na atención sanitaria, e duplicando a vixilancia, para manter toda a actividade e garantir a seguridade tanto das nenas e dos nenos coma do persoal do centro”, informou Silva. Sobre a “plena actividade” de Príncipe Felipe, “estamos a falar da infancia, de nenas e nenos que están en especiais situacións”. Pero tamén destacou que se extremaron todas as medidas de hixiene, se habilitaron espazos de illamento e, dende a pasada semana que se ten coñecemento do protocolo da Consellería, estanse a seguir todas os plans e pautas indicados por Política Social. Ademais, o director do centro ten a directriz de formular de xeito inmediato calquera necesidade que teñan de material ou incluso contratacións.

    Polo demais, a presidenta explicou que se pediu a todas as empresas concesionarias e as que fan obras ou prestan servizos á Deputación de Pontevedra, o plan de acción e de protección de persoal. “Estamos a facer un seguimento destas cuestións para ver que se cumpran e garantir así a seguridade e saúde das persoas”, destacou Silva. A presidenta provincial expresou a súa confianza na superación desta crise e manifestou o seu orgullo polo “marabilloso comportamento da cidadanía”. “Estou plenamente convencida que imos saír desta situación como unha sociedade mellor porque, amais, tomamos conta nesta crise do fundamental que é o servizo público e un estado de benestar como o que temos”.

    Silva tamén aproveitou a reunión do Comité de Seguimento, a primeira na que participa a oposición co seu portavoz Jorge Cubela, para transmitir o seu agradecemento a todos os axentes implicados, “que están tendo un comportamento de 10, síntome moi satisfeita”. Silva quixo agradecer o traballo “dende o meu equipo, ata as xefaturas de servizo, especialmente a Recursos Humanos, todo o persoal traballador, e os sindicatos, pola colaboración e esforzo para organizar todo en tan poucas horas. Quero tamén resaltar e poñer en valor o comportamento exquisito das deputadas e deputados do PP na Deputación de Pontevedra, que colaboraron e están a colaborar en todo o momento de forma implícita”. Neste eido, no que respecta ao funcionamento político da institución provincial, o Comité acordou pospoñer tanto as comisións informativas como o Pleno, e trasladar os acordos da Xunta de Goberno mediante Resolucións Presidenciais.

    43

    Tags: Carmela SilvaDeputación de Pontevedra

    RelacionadosArtículos

    A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do programa +Bosques
    Comarcas

    A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas rutas do programa +Bosques

    25 de Ago, 2025
    A Deputación leva este venres a Roi Casal á Guarda a través do programa +Música
    A Guarda

    A Deputación leva este venres a Roi Casal á Guarda a través do programa +Música

    22 de Ago, 2025
    ‘Son Verán’ llenará de música la provincia de Pontevedra
    Música

    ‘Son Verán’ llenará de música la provincia de Pontevedra

    02 de Ago, 2025
    Soutomaior acolle a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’
    Comarcas

    La Diputación lleva este martes a Mondariz-Balneario una jornada de cuentacuentos sobre las Cantareiras

    27 de Jul, 2025
    Soutomaior acolle a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’
    Comarcas

    Soutomaior acolle a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’

    26 de Jul, 2025
    Cuatro de cada diez personas que visitaron Pontevedra en junio eran extranjeras
    Comarcas

    Cuatro de cada diez personas que visitaron Pontevedra en junio eran extranjeras

    26 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    por Iago Castro
    25 de Ago, 2025
    0

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    por María Alonso
    03 de Sep, 2025
    0

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    por María Alonso
    04 de Sep, 2025
    0

    Una cita en A Gamboa de Vigo

    Una cita en A Gamboa de Vigo

    por Julio Alonso
    04 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Fuentes luminosas de Vigo
    Más Vigo

    Fuentes luminosas de Vigo

    La fotografía muestra la fuente luminosa de la Praza de Compostela (Alameda) de la ciudad de Vigo. El mérito del...

    por Julio Alonso
    06 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder
    Libros

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder

    Acaba el mes del calor y los parones veraniegos, y lo hace con unas cuantas novedades editoriales de lo más...

    por Gabriel Romero de Ávila
    30 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    Los niños criados en ambientes creativos, se convierten en adultos de éxito
    Opinión

    Los niños criados en ambientes creativos, se convierten en adultos de éxito

    Hoy, el reto de educar a los pequeños de forma consciente es toda una apuesta. La mayoría de los padres...

    por Cristina Lorenzo
    06 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR