• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 21 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Mestura de rap e reggae para o programa cultural da UVigo

    Soge Culebra, álter ego de Gabriel Gómez, abrirá o vindeiro mércores 19 de febreiro no teatro Vidal Bolaño do campus de Vigo a programación cultural do segundo cuadrimestre
    Redacción por Redacción
    17 de Feb, 2020
    en Música
    0
    Mestura de rap e reggae para o programa cultural da UVigo

    Soge Culebra, álter ego de Gabriel Gómez, abrirá o vindeiro mércores 19 de febreiro no teatro Vidal Bolaño do campus de Vigo a programación cultural do segundo cuadrimestre. Cun son a cabalo entre o rap e o reggae e con influencias do hip-hip nacional e internacional, o artista murciano de 19 anos achegará o público o seu particular xeito de entender a música, actividade na que comezou moi novo, acandando gran difusión a través dos vídeos que ía pendurando en Youtube, onde conta con preto de 541K subscritores, ao que se engaden as máis de 126 millóns de visualizacións na súa canle.

    Pola súa banda, a artista murciana Yana Zarifo e o grupo Presumido, conforman o cartel do Sonora´20, que se celebrará o 25 de marzo, mentres que o Ensaiamos Colleita, coas actuacións das bandas que este ano participan no programa Ensaiamos da Universidade de Vigo, pechará o 24 abril a programación musical deste segundo cuadrimestre. Á musica, sumaranse o teatro e o cine, coa celebración da vixésimo segunda edición da Miteu, no primeiro caso, e coa decimo segunda edición do ciclo Cine e Lingua, nesta ocasión con películas inglesas e italianas en versión orixinal e subtituladas en español, no segundo. Todas as actividades da programación cultural do segundo cuadrimestre que se desenvolverán no teatro Vidal Bolaño e no auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas, no caso do ciclo Cine e Lingua, son gratuítas.

    De Soge Culebra a Ensaiamos Colleita, pasando por Sonora’ 20

    A actuación de Soge Culebra comezará o vindeiro o mércores 19 de febreiro ás 18.30 horas e nela o artista murciano repasará os temas do seu primeiro traballo discográfico, editado por Warner en 2018, Mar de cristal, así como o seu, polo da agora, derradeiro single, ¿A dónde fuiste?. O artista a quen o portal de referencia da cultura urbana americana Team Back Pack cualificou como o Bob Marley español, daralle  a remuda sobre o escenario do Vidal Bolaño o 25 de marzo á artista nada en Ucraína e residente en Murcia Yana Zafiro e ao grupo Presumido.

    Yana e Presumido conforman o cartel do Sonora´20, que arrancará ás 17.30 horas coa actuación da música ucraína que non entende de fronteiras nin etiquetas. Así, mestura o castelán e o inglés, a electrónica e o pop de dormitorio, en temas con letras onde brillan a ironía e aliñeación postadolescente, e que Zafiro recompilará no seu primeiro traballo, que se publicará este ano 2020. Pola súa banda, Presumido achegará ao campus vigués o seu novo traballo Cuatro Estaciones, o segundo LP do grupo formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, que busca explorar novos territorios musicais do pop en español na súa vertente máis electrónica. Así mesmo, o grupo deixará mostra en Vigo da súa capacidade artesanal I+D+i, que lles leva a construír os seus propios instrumentos e luces para acadar o son e a escenografía desexada.

    A oferta musical do segundo cuadrimestre no campus vigués rematará o venres 24 de abril a partir das 17.30 horas coa celebración do festival Ensaiamos Colleita´20 no que o protagonismo será para as sete bandas que este curso participan no programa Ensaiamos que promove a Universidade de Vigo, dotando dun local de ensaio ás formacións musicais que a el concorren.

    22 anos de Miteu

    Á espera de pechar o programa internacional da Mostra Internacional de Teatro Universitario, a vixésimo segunda edición da mostra teatral arrancará o 4 de marzo coa obra da Aula de teatro da USC, En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic. As representacións continuarán o 18 de marzo con As bruxas de Salem a cargo do ESAD de Galicia, e o 1 de marzo será a quenda para a Aula de teatro universitaria de Ourense, Maricastaña, que porá en escena Imperator.

    Con textos e posta en escena de Roberto Salgueiro, e un reparto formado por Inma Fernández, Irene Penela, Marta Casais e Antía González, En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic, a cargo da Aula de Teatro da USC abrirá a programación da Miteu, que continuará o 18 de marzo con As bruxas de Salem, obra orixinal de Arthur Miller, adaptada por Olga Magaña e que será interpretada por un grupo de estudantes de 3ºB de Interpretación Textual e 3º de Escenografía da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD). Pola súa banda, o grupo Maricastaña da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, representará o 11 de abril Imperator, unha dramaturxia do seu director Fernando Acosta na que se adentra nun mundo de post-verdade no que os grandes señores mudaron argumentos por imbecilidades e no que a intelixencia e o pensamento crítico pasa a ser cousa de culturetas e as institucións democráticas convértense en palacios de emperadores.

    Cine e Lingua multilingüe inglés e italiano

    A programación do segundo cuadrimestre complétase co ciclo Cine e Lingua, no que o protagonismo será desta volta para producións inglesas e italianas en versión orixinal con subtítulos en español. No auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas as proxeccións comezarán o 3 de marzo con Bagdag Café de Percy Adlon e continuarán o 17 de marzo con Grand Budapest Hotel de Wes Anderson; o 24 de marzo con Maudie de Aisling Walsh e o 31 con Stefan Zweig: Farewell to Europe de Maria Schrader.

    O 21 de abril comezarán as películas italianas co Una gornata particolare de Ettore Scola e seguirán o 28 de abril con Se dio vuole de Edoardo Falcone, para rematar o 5 de maio con Il divo de Paolo Sorrentino.
     

    43

    Tags: Soge CulebraUVigo

    RelacionadosArtículos

    Vigo roza los 27ºC de madrugada tras vivir el día más caluroso del año
    Medio Ambiente

    Investigadores de UVigo, USC y CSIC prevén que las olas de calor en España serán «mucho más intensas» desde 2050

    19 de May, 2025
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Un científico de alto nivel de la UVigo, beneficiado con una ayuda de la Xunta para reforzar su contrato europeo

    12 de May, 2025
    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia
    Local

    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia

    05 de May, 2025
    Una doctora y una enfermera, testigos en la boda de un paciente oncológico en Povisa
    galicia

    Las universidades gallegas prevén incrementar en cuatro años las plazas de Enfermería

    30 de Abr, 2025
    La UVigo liderará tres proyectos transfronterizos con un presupuesto de 800.000 euros
    Local

    La UVigo retoma mañana las clases tras el apagón

    29 de Abr, 2025
    La ciencia toma las calles de Vigo
    Local

    La ciencia toma las calles de Vigo

    24 de Abr, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    por Redacción
    16 de May, 2025
    0

    ‘Dientes de dragón’, la “novedosa” señal en Vigo para aportar seguridad al CEIP Emilia Pardo Bazán

    Denuncian la expulsión de un niño de Infantil de un colegio de Vigo por no contar con un profesor de apoyo

    por Europa Press
    14 de May, 2025
    0

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    por Andrea Mariño
    19 de May, 2025
    0

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    por Redacción
    18 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Mesones de Vigo que cierran sus puertas
    Más Vigo

    Mesones de Vigo que cierran sus puertas

    En la ciudad de Vigo y sus alrededores existen numerosos mesones, algunos de ellos de gran popularidad y que llegaron...

    por Julio Alonso
    21 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    En una playa tranquila en Galicia
    Más Vigo

    En una playa tranquila en Galicia

    Entre esas músicas destacan, a veces, bandas sonoras de películas que se han ido convirtiendo en las bandas sonoras de...

    por Julio Alonso
    06 de May, 2018

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo
    Más Vigo

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo

    Gastando pista o bajo la soberana palmera que presidía el local, miles de parejas viguesas se conocieron en un mítico...

    por Eduardo Rolland
    20 de Feb, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR