• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 28 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Enxeñeiros de Vigo converterán o plástico dos océanos en compoñentes para a industria marítima

    Mediante impresión 3D, a fabricación das novas pezas poderá facerse a bordo grazas ao proxecto CircularSeas
    Redacción por Redacción
    13 de Feb, 2020
    en Ciencia y Tecnología
    0
    Enxeñeiros de Vigo converterán o plástico dos océanos en compoñentes para a industria marítima

    Consuelo Pérez, Daniel Rey, Julio Garrido, Juan M. Cividanes e Alberto Jaraiz. / Foto: DUVI

    Empregar residuos plásticos oceánicos para a creación, mediante impresión 3D, de compoñentes  ecoinnovadores que poidan ser reutilizados pola propia industria marítima, podendo chegar a fabricalos en apenas uns minutos, tanto nas instalacións portuarias como a bordo dun barco. Esta é a filosofía coa que nace o proxecto europeo CircularSeas, un traballo financiado con preto de dous millóns de euros de fondos FEDER e no que participa como socio o grupo de investigación de Enxeñaría de Sistemas e Automática da Universidade de Vigo, dirixido polo profesor da Escola de Enxeñería Industrial Julio Garrido.

    A presentación do proxecto reuniu este xoves no edificio Miralles a unha boa representación de todas as partes implicadas, non só da comunidade universitaria, senón tamén do resto de organismos que, desde hai xa uns meses, están a colaborar nesta investigación e que inclúen a Autoridade Portuaria de Vigo, peza clave para o desenvolvemento deste traballo, e o Instituto Galego de Promoción Económica, Igape.

    De explicar os detalles do proxecto encargouse Garrido e, ao seu carón, participaron tamén nesta presentación a vicerreitora de Transferencia, Consuelo Pérez; o director do Centro de Investigación Mariña da UVigo e do Campus do Mar, Daniel Rey; o responsable de Medio Ambiente do Porto de Vigo, Alberto Jaraiz, e o director xeral do Igape, Juan Manuel Cividanes. Todos destacaron as grandes expectativas que CircularSeas esperta na industria naval e portuaria, non en van, de acadarse os resultados agardados, contribuiríase a mitigar un dos maiores problemas aos que se enfronta na actualidade a sociedade e que se refire a contaminación do mar polos microplásticos. “Se unha vez retirados estes microplásticos se lle pode dar un valor engadido e, incluso, axudan a solucionar sobre a marcha algún problema mecánico que poida xurdir nun barco isto ten, sen dúbida, un valor moi elevado”, recalcou a vicerreitora de Transferencia.

    CircularSeas ten como principal obxectivo promover a economía verde mediante a creación de produtos, pezas e compoñentes creados a partires dos residuos plásticos recollidos polos barcos nas súas campañas ou derivados das principais industrias marítimas: pesca, pesca auxiliar e acuicultura; estaleiros e xestión de portos, e tamén deportes náuticos. “Trátase de usar eses plásticos que xa non están a ser empregados, que son residuais, e darlles valor, estudando como preparalos para que, a partires de impresión3D, poidan reempregarse na mesma contorna marítima-portuaria”, explicou Garrido.

    Oito socios de cinco países
    Participan oito socios procedentes de cinco países: España, Francia, Portugal, Reino Unido e Irlanda, en total seis portos implicados. Lidera o centro de investigación vasco Leartiker, pertencente á Rede Vasca de Ciencia e Tecnoloxía, especializado en innovación en tecnoloxía de polímeros. “Desde alí contactaron con nós para que nos fixésemos cargo, sobre todo, da parte que ten que ver co desenvolvemento de novas máquinas, especialmente aquelas que requiren o control preciso de traxectorias e da optimización de procesos automatizados”, explicou Garrido, facendo así fincapé en que a parte viguesa do proxecto se centrará, sobre todo, no desenvolvemento de novos sistemas de maquinaria avanzada para a fabricación de compoñentes plásticos.

    A recollida de datos nos portos está xa a piques de rematar
    No proxecto hai dúas fases ben definidas. A primeira, na que xa están inmersos todos os socios, é común aos seis nodos participantes e consiste na realización do traballo de campo. Nesta fase, cada nodo está a contactar con empresas e institucións do ámbito marítimo/portuario, recollendo información a través de visitas e enquisas.

    Unha vez feita unha selección de casos de revalorización dos residuos, traballarán co resto dos nodos na adaptación de impresoras e no desenvolvemento de novos equipos que se adapten aos plásticos e ao proceso de impresión 3D requiridos, así coma na súa optimización.  “Cada nodo xa ten asignado desde o principio unha parte concreta de estudo. No noso caso é a fabricación a bordo, e dicir, a adaptación intelixente das traxectorias dunha máquina -cuxo traballo supoña a realización de movementos precisos- ás condicións de a bordo, tomando a impresión 3D como caso concreto de estudo”, recalcou o responsable en Vigo do proxecto.

    Vigo acollerá varios talleres temáticos e o congreso final
    Se ben o Grupo de Enxeñería de Sistemas e Automática é o único participante galego, o elevado interese deste traballo provocou que xa recibiran numerosos ofrecementos de colaboración, tanto doutros grupos de investigación da propia Universidade como de centros tecnolóxicos, incluído o CSIC e Centro Oceanográfico de Vigo.

    Neste sentido, Garrido explicou que ao longo dos vindeiros meses se van realizar diferentes talleres temáticos “nos que sen dúbida lles pediremos que participen como expertos en distintos ámbitos do proxecto: economía, sustentabilidade, materiais, etc. “, indicou Garrido durante a presentación, ao que tamén engadiu que o congreso de presentación final de resultados será tamén en Vigo en marzo de 2022.

    Múltiples exemplos comerciais demostran a viabilidade
    A creación de novos produtos a partir de residuos plásticos non é algo novo e noutros sectores hai xa múltiples experiencias neste sentido. Quizás o téxtil é un dos máis activos neste momento. “Existen xa marcas comerciais que fan as súas prendas con este tipos de residuos, e incluso con residuos plásticos exclusivamente do mar. No calzado tamén se poden encontrar exemplos”, explica o responsable en Vigo do proxecto, quen recalcou que a diferencia principal que achega CircularSeas é que se centra no proceso de impresión 3D. “Esta opción non é a mellor para a produción en masa, aínda que si é, sen dúbida, a que permite máxima adaptabilidade”, recalcou Garrido.

    43

    Tags: plásticosUVigo

    RelacionadosArtículos

    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones
    Local

    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones

    22 de Dic, 2025
    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio
    Local

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio

    19 de Dic, 2025
    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo
    Local

    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo

    18 de Dic, 2025
    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona
    Local

    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona

    12 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    por Redacción
    22 de Dic, 2025
    0

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    Galicia pasa la madrugada a 0 grados, con mínimas de hasta -6ºC y nieve a 600 metros

    por Europa Press
    21 de Dic, 2025
    0

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    por Redacción
    26 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La transformación del taxi
    Más Vigo

    La transformación del taxi

    Las nuevas compañías alternativas de taxis van abriéndose camino en todas las grandes poblaciones, que es donde tienen su negocio...

    por Julio Alonso
    28 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Manuel Álvarez e Hijos SA. Cómo salvar tu fortuna cuando todo parece perdido
    Más Vigo

    Manuel Álvarez e Hijos SA. Cómo salvar tu fortuna cuando todo parece perdido

    Esta es la historia de Manuel Alvarez e Hijos, S.A., cuya planta principal en Vigo era conocida como "La colmena...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR