• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 6 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo amosa a súa oposición á universidade privada de Abanca

    Os tres campus, co reitor á fronte, acolleron concentracións para defender unha universidade “pública e galega”
    Redacción por Redacción
    11 de Feb, 2020
    en Local
    0
    A UVigo amosa a súa oposición á universidade privada de Abanca

    A comunidade universitaria da UVigo uniuse este martes ás concentracións simultáneas celebradas nos sete campus galegos en defensa do sistema universitario público galego e contra a creación da primeira universidade privada en Galicia. A protesta foi convocada pola Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública conformada polas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT e das estudantís Erguer, Anega, Acción Universitaria e Sindicato de Estudantes. Tamén os tres reitores galegos manifestaron publicamente o apoio a estas demandas a través dun comunicado conxunto no que sosteñen que “non existe a necesidade  de novas universidades en Galicia” e demandan máis apoio para o Sistema Universitario Galego.

    No campus de Vigo estudantes, docentes e persoal de administración e servizos déronse cita ante a Reitoría xunto con representantes sindicais e políticos, como o deputado do BNG Luis Bará. Un grupo de alumnas e alumnos foros os encargados de ler un manifesto no que denuncian que “a decisión de mercantilizar un ben universal de repercusión social como é a educación é unha manifestación contra a igualdade de oportunidades, porque aceptar unha universidade privada é aceptar a venda de títulos universitarios atendendo á capacidade económica e non aos méritos e capacidades de cadaquén”.

    Tamén demandaron á Xunta de Galicia un financiamento “digno e razoábel” para as tres universidades públicas, “aspirando a taxas de inversión acordes con países desenvolvidos e que permitan ás universidades desenvolver a súa misión con mínimas garantías e sen precariedade”. Neste sentido, fixeron fincapé en que “unha administración autonómica non pode deixar de protexer o sistema público de educación, permitindo unha universidade privada que carece dun mínimo índice de calidade, o que vén significar un castigo a un sistema público que si acreditala posuílo”.

    Igualmente, os campus de Ourense e Pontevedra acolleron concentracións dos membros da comunidade universitaria con representación da clase política co obxectivo común manifestar ao seu rexeitamento á creación da primeira universidade privada en Galicia e de defender o ensino superior público.

    Os reitores das tres universidades públicas emitiron tamén este martes un comunicado conxunto en defensa do Sistema Universitario de Galicia. No texto, asinado por Manuel Reigosa, reitor de Vigo; Julio Abalde, reitor da Coruña e Antonio López, reitor de Santiago de Compostela, reafírmanse en que “non existe a necesidade de novas universidades en Galicia” e agradecen á Plataforma pola Defensa da Universidade Pública “o seu compromiso e apoio”. Explican no texto que non lles asusta «competir coa iniciativa privada”, pero si lles preocupa que a competencia sexa “desigual” e non se traballe coas mesmas condicións nin se establezan resultados comparables.

    Lembran que as prazas ofertadas polas tres institucións galegas “permiten á cidadanía estudar practicamente calquera titulación de grao que desexen” e o mapa de titulación atende ás demandas sociais de formación, axustando de continuo as titulacións de grao e de mestrado e mantendo ademais os prezos públicos máis baixos de España. Fronte á iniciativa privada, os reitores pensan “que os esforzos dos cidadáns, a través dos seus impostos, deben ir encamiñados a fortalecer o actual sistema universitario público. Pensamos que entre todos temos construído un sistema forte, competitivo e ben artellado, e aspiramos a melloralo aínda máis facendo que sexa eficiente, eficaz e sostible economicamente. Para iso precisamos urxentemente dun novo sistema de financiamento que proporcione autonomía, suficiencia e estabilidade financeira e que permita afrontar efectivamente os custos estruturais así como financiamento polos resultados obtidos polas nosas institucións”.

    Un sistema educativo inserido na realidade nacional
    A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública sostén que os sete campus galegos “ofrecen unha cobertura formativa a todo o territorio, adaptándose ás necesidades sociais e laborais que se precisan, ampliando a súa oferta educativa e reorganizando aqueles aspectos cando é necesario”. Neste sentido recalcan que a Xunta de Galicia, “en vez de posibilitar a oferta de novas titulacións nas universidades públicas, permítelle ofrecelas á privada, ou disfrazar con outro nome titulacións xa impartidas actualmente”. Consideran, polo tanto, que a creación desta universidade privada terá un impacto negativo nas institucións educativas públicas, “que xa teñen dificultades polo descenso de alumnado nos últimos anos” e tamén remarcan que na proposta da Universidad Intercontinental de la Empresa “o idioma galego non existe por ningures”, a pesares de que así co recolle o artigo 2 da Lei 6/2013, de 13 de Xuño, do Sistema universitario de Galicia.

    Por todo isto, o seu manifesto conclúe afirmando que “unha Universidade privada sería nefasta para os intereses públicos, para o Sistema Universitario Galego e, evidentemente, para a poboación, xa que os servizos públicos son o único garante do acceso universal á educación superior do alumnado galego”.

    43

    Tags: Abancauniversidad privadaUVigo

    RelacionadosArtículos

    La UVigo y la USC, entre las 400 universidades más sostenibles del mundo, según el QS Sustainability Ranking
    Local

    La UVigo renuncia a crear una facultad de Medicina

    06 de Nov, 2025
    El vehículo autónomo de la UVigo y el CTAG se expande a la ciberseguridad
    local

    A UVigo celebra o Día da Ciencia en Galego co lanzamento do concurso de monólogos Gargallada Científica

    05 de Nov, 2025
    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”
    Local

    Caballero anuncia un plan de 2,5 millones para rescatar viviendas en Vigo

    31 de Oct, 2025
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»
    Local

    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»

    22 de Oct, 2025
    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio
    Local

    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio

    21 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    Vigo arranca la Navidad en el planeta tras un homenaje a la tragedia de Valencia

    La Navidad 2025 de Vigo ya tiene fecha de encendido (en documento oficial y con opción de cambio)

    por Redacción
    01 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Tiempos modernos
    Más Vigo

    Tiempos modernos

    Los tradicionales castañeros hacen su aparición con el otoño y siguen teniendo el mismo éxito de toda la vida, compitiendo...

    por Julio Alonso
    06 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo
    Libros

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo

    El espacio cultural Évame Oroza se convertirá este miércoles en el epicentro de la poesía y la reflexión sobre la...

    por Redacción
    04 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR